Mía Zapata era unha rapaza que como tantas outras sentíuse tremendamente influenciada pola Xeración X, e se temos en conta que se mudou para buscar a fama a Seattle, cuna do grunge e punk, que era coetánea os Nirvana e que era a vocalista dun emerxente grupo chamado The Gits temos tódolos datos importantes desta historia.
Resulta que Mía, con 27 a nos, estaba a colleitar grandes éxitos co seu grupo, era unha vocalista xenial cunha voz rasgada que se comparaba nas críticas coa de Janis Jopplin, ademáis de dalo todo no escenario con esas letras inconformistas.

No 1992 publican o primeiro disco “Frenching the Bully” e as xiras e o éxito non tardaron en sucederse, incluso por países europeos.
O 7 de Xullo de 1993 cando volvía dun concerto foi atacada, violada e asesinada. A morte foi consecuencia do estrangulamento ó que a someteron, pero os forenses recoñeceron que houbera falecido igual dada a magnitude das lesións. O caso archivouse, as probas non eran esclarecedoras, os medios de investigación non estaban tan desarroiados coma na actualidade e o feito de ser unha cantante de incipiente éxito non facilitaba as investigacións. Unha década máis tarde (2002) cando xa existían as bases de datos de ADN e grazas a que se gardaron as mostras atopadas no corpo de Mía, o ordenador identificou cmo asasino a un pescador de Miami, reincidente por múltiples delitos, que residira por aquelas datas en Seattle. Xesús Mezquia foi condenado no 2004 a 37 anos de cárcere.
Ë curioso, a súa vida rematou coa violencia que denunciaba nas suas letras,a opresión machista, a emancipación da muller… de ahí que se a relacione cos movementos das riot grrrl, punk e feminista, anque non estivera relacionada directamente con eles. Pero todo servíu para algo, a baterista da banda 7 Years Bitch creou “Home Alive” unha organización adicada a ensinar ás mulleres defensa persoal. (dise que the Gits foron a mayor influencia de 7Years bitch ou The Distillers).

No 1996 publicouse un disco titulado “Home alive- The art of self Defense” para xuntar fondos e avivalo recordo, incluíronse cancións de Pearl Jam, Nirvana, Soundgarden,Foo Fighters, Presidents Of The USA, 7 Year Bitch, The Gits, Supersuckers, Los Hornets, The Posies, Joan Jett, Lydia Lunch, Jello Biafra, entre outros. Todos grupos de Seattle. No 2005 realizouse unha película sobre a vida de Mía, que haberá que ver. Os demais mmbors do grupo publicaron algún album conmemorativo con temas inéditos de estudio.