lunes, 29 de agosto de 2011

AS MINAS DA BREA

Preto das nosas casas contamos cunhas instalacions mineiras coñecidas como Fontao ou Minas da Brea. Os restos apenas son visibles pois a vexetacion está devorando todo, anque o poblado sí é visitable, de feito están a restauralo, as vivendas son de protección oficial, xa está restaurada a Igrexa cunha estructura moi innovadora, o que foi a escola, e están co cine que ó parecer será un local destinado a eventos culturais.
Pero vamos por partes, resulta que en 1886 Henry W.Burbury, inglés asentado en Noia solicita as concesións das minas de San Finx mais das de “Sidón “ e o “Tiro”( á dereita do río Deza,término municipal de Carbia) que formarían as de Fontao. Centrábanse na explotación de estaño principalmente, que se enviaba a Inglaterra dende o porto de Vilagarcía,e dende as minas ata alí os materiais ían en carros tirados por bois e antes de exportalos separábanse na fábrica de Carril. No 1889 exportouse 500kg de estaño e 190 de volframio, éste enviábase a Alemaña. Mais tarde “The San finx Tin Mines Ltd.” Tamén se fai coa mina “Angelita” na marxe esquerda do rio (termino municipal de Silleda) e modernízanse as labores de explotación , mediante galerías e pozos que seguen o filón. As galerías teñen 25m de separación de unas a outras, con metro e medio de ancho e 1,70 de alto e ventilación natural.Os ingleses construíron encima dun risco vivendas para os mineiros coñecidas como o Gurugú, inda se poden ver os restos mirando dende calquera carretera próxima hacia o río, están moi derruidos xa que entre o paso do tempo e os ladróns de ferro e outros materiais deixaron xa pouco que ver, tan só se intúen mais de unha ducia de “habitacions” que contaban con algún tipo de cociña ou alomenos  chemineas,posiblemente o edificio estivo pintado con certas cores patrióticas. Pero no 1918 agotouse o filón desa beira, o que levou a explotar as só o Tiro e Sidón.
Coa Gran Guerra 1914-1919 os extranxeiros teñen dificultades para a explotación, e unha vez que acaba a guerra os prezos dos minerais desplómanse , suspendendose a actividade un par de anos, nas que se fai con elas a “Societé des etains de Silleda” con sede en Francia. Quintuplicaron a producción en 1928 e contaban con máis de 200 operarios, manténdose a explotación ata o ano 1931 cesando como causa da Gran Depresión. Retomase no 1934 cunha gran demanda pola Guerra civil e a Guerra mundial a cal produxo un importante incremento nos prezos( 57,5 pesetas por libra) caendo os mesmos 10 anos despois, mantendose moi á baixa ata a Guerra de Corea. O poder dos franceses irase debilitando sobretodo cando no 1934 o alicantino Fernando Cort Botí enxeñeiro de minas se fai coa xerencia das mesmas e xunto co seu irmán conseguen a propiedade no 1940 ata os nosos; días fundando “ Wolfram Hispania” que en 1945 pasa a chamarse “Fomento Hispania SA”. Nos anos de maior explotación (40-44) seica había máis de tres mil traballadores, dos cales bastante eran presos asturianos do réxime franquista, que abarataba a man de obra. Producindo no a no 1942 77toneladas de estaño e 130 de volframio. Instaláronse nas minas as máis modernas máquinas, realizando todo o proceso nas propias instalación evitando transportes a outras instalacions.  Construíuse un poblado a todo luxo, xa que non había máis que barracóns por todos lados,entre 1955-58 polo arquitecto César Cort Gómez-Tortosa e Joaquín Basilio Bas, case 80 vivendas,  cine con aforo de 350  persoas, con camerinos e aseos por doquier,nas casas xa tiñan cociña de ferro mentres que no resto ainda había lareiras, mercado todos os días, tabernas por todos lados, case non había casa dos pobos cercanos que non tivera taberna. Casa de xogos, 28 burdeles con mulleres “de paso” que seica viñan de todas partes de España. A escola era xa asistían nenos e nenas. A parte contaba con edificios como: Hospitalillo, cuartel, carcere, talleres, vestuarios, central eléctrica, casa do director(casa grande),a do xerente,vigilante, do facultativo, do enxeñeiro,etc…hostal,laboratorio onde se realizaban experimentos, moitos dos traballadores non tiñan coñecemento da existencia deste edificio sequera. Dise que o poblado era autosuficiente a tódolos niveis.
O peche producese o nove de maio de 1963 manténdose as labores mineiras ata 1974 xa que os prezos eran tan baixos que non era rentable nin tan sequera o lavado de aluvións.
No ano 2000 a Xunta consegue q os Cort vendan o poblado por case un millón de euros,despois de moitos anos de negociacions, dise que as minas non as queren vender anque a Xunta pretendía compralas tamén e restauralas coma as de San Finx,pero dada a época na que vivimos creo que vai ser nada.O chan da zona está “minado” ata o monasterio de Carboeiro,e varios metros baixo o nivel do río, o cal impresiona ver o rio pequeño dende a cima onda o poblado e pensar cantas galerías haberá,gran parte delas están inundadas dende os anos 60 por falta de achique,hai que ter en conta que debe haber de todo dentro das mesmas,xa se utilizaban como “basureiro”de todo tipo de restos de aquelas,e nos anos posteriores máis, os meus vecinos tiraban as vacas mortas polos respiradeiros abertos e dicían que non se oían tocar fondo.
Anque cada vez que van quedando menos persoas das que traballaron alí, mitos non entran en demasiado detalles pois todo eran excesos, “ prendíamos os puros con billetes de mil pesetas e pensábamos que aquello nunca se ía acabar”. Había moitos ladróns, os propios traballadores eran sometidos a un control intensivo antiroubo. E xa que falamos de ladróns é impresionante ver que apenas queda nada de ningún edificio, as casas arredor do poblado e incluso edificios da mina están coas ventas tapiadas con ladrillos,os cacos roubaron todo.Do proxector do cine (ossa 60)levaron ata os tornillos que lle deron sacado.