domingo, 12 de septiembre de 2010

¿DE COMPRAS?

Nesta ocasión vou realizar unha reflexión sobre ese coñazo chamado “teletenda”. Sí, refírome a eses absurdos anuncios que non só aparecen nas canles adicadas a tal fin, se non que dependendo da franxa horaria invaden calquera.
Empezar polos que venden aparatos de fitnes ou ximnásticos; que a pesar de todos son os máis útiles ó meu parecer de tódolos productos, porque polo menos serven para facer ejercicio, dunha maneira ou doutra, anque che vendan un tio cachas que con 5minutos de vibración nos abdominais obtén o mesmo resultado que se fixese 400 abdominais por minuto (esta é unha frase textual).
Outra clase de productos son os cosméticos, antiarrugas, anticelulíticos, hidratantes, reafirmantes…Hai de todo, pero parece que hai unha certa competición por a ver quen saca unha crema feita do mais raro. Por todos é coñecido que as cremas son feitas de grasas animais, humanas…pois se iso non fora suficiente tamén de baba de caracol….oe, que os pobres caracois están hidratadísimos, por esa regra de tres a muller que a use ¡tamén debería estalo! Hainas de mel, aceite de oliva, algas,aloe vera, químicos de nome impronunciable, ácidos e vitaminas varias…e….¡¡¡de veleno de cobra!!!uf, non sei que atractivo pode ter, pero como se poñan de moda non van dar feito a muxir cobras…

Por último falar dos productos que máis me gustan, os absurdos. Por poñer un exemplo que sae moito na sexta o audífono MSA 9000, “un audífono discreto que amplía os sons ata 9000 veces,¡Basta xa de vivir en silencio!”; e sae un señor de mediana idade escoitando os cotilleos dunhas mulleres a uns metros, indo a un restaurante no que escoita perfectamente o menú do día… “é tan discreto que ninguén saberá que é un audífono porque semella un aparato de mans libres”…¡señores pero quen vai comprar semellante cacharro colgado nunha orella! Non sei se os publicitas o saben, pero os audífonos suelen ser os que van dentro da orella ou por detrás da mesma e de cor disimulada, non unha enorme protuberancia que case cruza a cara, de cor negro e tan groso que podería aniñar unha andoriña nel!
E sen embargo é o anuncio que máis sae… Ou o PEST REJECT o aparato eléctrico que acaba cos bichos da tua casa, “como incorpora a tecnoloxía dos ultrasons acaba tamén coas moscas e mosquitos sen productos químicos” e sae entre outras secuencias unha mulller fumigando con cara de asco e un flis matamoscas uns pasteles enriba da mesa. Neste caso sen embargo está claro que a esa muller sí lle fai falta o aparatiño, se non o compra que llo regalen porque ten unha tendencia a envelenar á familia como siga así…e de paso que lle regalen un tuperware para meter os pasteles se pode ser…

Supoño que este tipo de publicidade ía inicialmente dirixida ás mulleres, con potas, coitelos… e cada vez proliferan máis os dirixidos ós homes, pesas, material de gimnasio, de pesca…o certo é que xa se anuncia de todo, desde faixas ata seguros. Calquera día o xitano da feira modernízase e sae tamén: -señora señora 2 bragas 3 euros barato barato… y se las envío a casa por 20 euros! enga payo comprame algoo…

10 comentarios:

  1. A min este tipo de publicidade me parece unha estafa, pero ao mesmo tempo os publicistas dos mesmo ou.... son moi suertudos ou teñen un gran coñecemento da lei da publicidade, porque a min dame a impresión que roza moi moito a lei que vai en contra da publicidade enganosa...

    En canto aos productos anunciados a opinión é a mesma, todos (incluidos os ximnásticos) me parecen totalmente inútiles... aínda que polo menos tentan mellorar algo, non coma o do super-sonotone ese que vostede conta, que é ainda + inutil posto que non ten ningunha utilidade (weno si, quizais vexamos dentro duns anos a todalas maruxas en bata, cos rulos, a escoba e MSA 9.000 nas orellas, escoitando o que fan e desfan os veciños á hora de xantar)

    Non son un gran forofo da publicidade, incluso son moi escéptico en canto aos métodos seguidos de marketing (a pesares de ser casi licenciado no tema) polo que non mos creo... unha perda de tempo, ou simplemente para encher tempo na tv...

    P.D.: hai estudos ke demostran ke o feito de por musica "movida" nas tendas de roupa (sintoo rapazas), sobre todo nas femeninas, fai que as compradoras sexan máis impulsivas e tomen menos tempo na súa decisión de compra... Pero eu non mo creo!!! jajajaja... ou polo menos conmigo non funciona, jajajaja.... Esto estudieino, xD!!!

    ResponderEliminar
  2. Por certo, a peli esa de El Jardinero Fiel vina hai moito tempo, pero xa levaba un tempo coa idea e en canto poida vou voltar a vela, posto que non a recordo e seica está moi moi ben!!!

    Xa lle comentarei... Abur!!!

    ResponderEliminar
  3. gustoume o seu comentario señor da xe!

    ResponderEliminar
  4. Totalmente de acordo,aínda que eu non penso que sexa só para encher o tempo na televisión, senón máis ben para que se enchan os petos uns poucos. O seu prezo (calquera que fose me parecería excesivo para o resultado que supoño que terán) pero a veces son moi descarados. Da mesma maneira que te intentan convencer con 2x1 ou gastos de envío de balde, é unha mágoa que haxa persoas que "piquen" e dean os seus cartos a esta xente.

    Fai pouco vin en SLQH unha proba que lle fixeron a Rober, era un aparato que producía descargas. Tíñalo que poñer na zona que se queira reducir durante 45'/día, 15 días consecutivos. Evidentemente co antes e co despois non hai ningunha diferencia, a ver se a xente con esto vai aprendendo. E no mesmo programa fixeron un sketch á inversa: un señor fisicamente coidado, "wapo", cunha boa mata de pelo... quería ser máis normaliño e para iso crearon unha crema. Supostamente desaparecéronlle os abdominais, o pelo... e o tío é máis feliz coa súa nova apariencia; e todo isto por un módico prezo que vale o tratamento, coma na teletenda xD

    Dunha maneira máis xeral, os anuncios das franxas horarias onde o consumo de televisión é superior tamén me parecen publicidade enganosa. De feito creo que lin por algún lado que van obligar ás marcas a demostrar todo o que se afirma en tales anuncios, non estou segura. É que ver un producto de limpeza, onde a casa máis ben semella unha pocilga, cos baños cheos de polvo que parece que non os limparon en anos... e despois claro, a persoa cando lle pasa o pano nótase. Coa suciedade que teñen, con darlle cun pouco de auga xa se apreciaría moita diferencia. Por eso a min a publicidade non me gusta nada, haberá anuncios ben feitos, orixinais e todo eso, pero eu son das que en canto aparecen cambio de canal.

    P.D: Eso xa o escoitara, de feito hai en tendas que se pasan moito co volume e o estilo da música, será para meter apuro para comprar, aínda que a min tampouco me afecta. Cando vou é con tempo, se non xa non vou. Ao meu ritmo e a maioría das veces soa, prefíroo. Coa miña música, o mp4 e ala, así que se eso é verdade... comigo sáelles mal.

    ResponderEliminar
  5. A min esa peli gustoume moito, aínda que o final é previsible, o importante é a denuncia que se nos transmite. Déixase patente a desigualdade que hai no fantástico mundo no que vivimos, as inxustizas ás que moitos se tapan os ollos para non velas e a falta de escrúpulos de determinadas persoas.

    ResponderEliminar
  6. así mem gusta! opinions completas!! o caso do aparato das descargas ten as úa razón de ser, que conste, á marxe do que pretendan vender an cada caso....claro.
    O das descargas serve para fortalecer os músculos moi empregado para as rehabilitacions medicas!! e si, realmente os músculos moveos con descargas...de ahí a que sirva para adelgazar hai un mundo!

    ResponderEliminar
  7. Jejeje como me partín co artigo, moi bo!! O de "tan groso que podería aniñar unha andoriña nel" e a referencia o gitano son de monologo humorístico non de artigo, ainda me sigo rindo dende logo creo ke é o mais animado ke lin dos vosos blogs..

    Si totalmente dacordo son todo cousas inutiles, pero bueno é preferible eses anuncios antes ke os de concursos estafadores!!
    Faltouche comentar o articulo ke sae tamen a venta que consiste nun aparello pa alargar penes!!! jeje

    ResponderEliminar
  8. por suposto q descoñezo eses artigos dos q me fala....coñezo os dee facer medrar as tetas pero o de penes fora da peli de austin powers....
    Ilustranos!!!!!!!!!!!!ou o da xe q é home igual nos pode explicar en q cousa absurda consiste

    ResponderEliminar
  9. Uyyyy ke pouco vas polo Alfonselle ou mellor dito xa fai ke non cerras o Alfonselle jeje..

    Non sei exactamente como funciona pero eime informar e xa che contarei!!! jeje

    ResponderEliminar
  10. a ti non che fai falta muller....que o tamaño non importa...jajajaja
    a ver se se vai ofender alguén con esa frase túa de buscar informacion...jajaja

    ResponderEliminar