lunes, 8 de noviembre de 2010

GREGOS TEATREIROS!!!

Quedoume algo olvidado o das culturas e as profesións de antigos artigos. Asique nesta ocasión o tema é os gregos e o Teatro, non o titulo gregos actores porque non me pareceu de todo apropiado pois como recordaredes do instituto, nos teatros non só se representaban obras, senon tamen danzas, ritos e diversas manifestacións da cultura popular que evlucionaron resultando o que hoxe denminamos teatro propiamente.A cuna desta evolución foi Atenas pois era a acrópole mais destacada. Os famosos dramas gregos, as fábulas …son termos que a todos nos sonan. Conservanse obras ou fragmentos de textos incluso do ano 500 a.C. e poderíamos destacar a autores como Tucídires (con obras coma os persas ou o Prometeo encadenado) Sófocles co famoso Edipo Rei, Aristófanes,as fábulas de Esopo…

Os temas principais das obras eran a vida dos Deuses e semideuses e a súas relación cos mortais, as batallas… Eran moi dados ós festivais culturais sobre todo no “mes das flores” como o festival adicado a Dionisio… As “Leneas” festas celebradas no mes das bodas que co paso do tempo e a masiva afluencia incluso de extranxeiros fixo que se celebrasen no Teatro de Dionisio. Premiabanse obras coma a de Cratino “Os sátiros”

As Dionisias rurales eran festas que se celebraban en decembro, tratábanse de procesións ó redor dun falo para chamar á fertilidade. Eran máis de carácter agrario e diversas fontes indican que se celebraban varias ó longo do ano. Por outra banda taméne staban as Dionisias Cidadanas ou Grandes Dionisias adicadas a tal Deus, realizabase unha procesión na que a estatua viaxaba por diversas ciudades seguida por un desfile militar e tamén de antorchas. Tamén se realizaban representacións dramáticas con motivo desta celebración, ó certamen acudían 3 autores que presentaban 4 pezas distintas, tres traxedias e un drama sátiro que se representaban en días sucesivos de modo que esta festividade duraba seis días. Como imaxinaredes as festas na honra deste deus (da fertilidade e do viño) eran a caña e seica os ritos foron os que posteriormente deron lugar ás traxedias (igual era pola resaca ó día seguinte). Traxedia ó parecer ven de “tragos” cabra e “odé” cántico…

As comedias tamén se presentaban ou ben nas Leneas ou tamen nas Dionisias pero tan só se trataba dunha obra por cada un dos cinco autores concursantes anque este numero variou ás veces.

Para a escenificación empregábanse máscaras que ocultasen o rostro…que pouco a pouco foron evolucionando no que hoxe denominaríamos mais ben caretas. Zancos, coturnos que eran uns zapatos que lle engadían altura ós actores para que se viran mellor , e diversos traxes e túnicas.


Era frecuente a participación de coros nas representacións, vestían de negro e situábanse xunto a orquesta. A inclusión deste elemento musical constitúe unha das diferenzas entre a comedia antiga e a nova ou media, así como a temática que xa non é tan só satírica.

6 comentarios:

  1. ¿¿Está a dicir que as Grandes Dionisias foron as percusoras dos botellóns??
    ... estaban tolos estos gregos... xD

    Moi ben sita ArreDemo, moi interesante esta clase de historia... pero podería vostede facer un video representando Edipo Rei ou as Fábulas de Esopo e mostrarnolo eiqui... xD

    P.D.: 'El curioso caso de Benjamin Button' me parece unha pelicula moi chula e orixinal, asi como Brad Pitt un moi bo actor... ¿non sei como non a incluíu antes nas recomendacións? (xa sei que xa o puxeches pero é pa tocar un pouco a moral.. xD)

    'El Lector' teñoa por ahi (creo) para ver... xa lle darei unha opinión no meu blog... asi que non dubide en visitalo!!! xD

    ResponderEliminar
  2. aaaai o da xe pensando sempre no botellon....creo que se o montaban millor ca vós os sábados...jajajaja

    ResponderEliminar
  3. O que mais me impresiona eran os teatros e anfiteatros que montaban!! Menudos espazos, eu quero ir a Roma!!!!!!!

    Algunha vez oín (nalgunha clase de historia creo) que os "artistas" so eran homes, que os papeis femeninos eran representados por eles que se caracterizaban como mulleres..

    O circo romano tamen se pode considerar neste apartado, xa que era outra forma de diversión que tiñan!

    Os romanos creo que se montaban todo o grande, era todo moi inmenso e claro as festas non ian ser menos!!

    ResponderEliminar
  4. si que se aplicou maria!!!!!!!!1moito te tiveches que aburrir jajaja!

    ResponderEliminar
  5. Moi bo o artigo, moi completiño. A min as fábulas de Esopo gustábanme moito, hai moitas e de todas aprendes cousas, algo obvio por outra parte. Son moi sinxelas en apariencia pero á vez moi didácticas, de moi pequeniña eran os contos que máis me gustaban e sigo a ler algunha de cando en vez.

    A verdade que si, menudas festazas se montaban nesta época, estes si que sabían!! Jajaja, xa bo é que nos foi quedando algo co paso dos anos, pero nin comparación con eles! E despois a xente quéixase do que ocorre hoxe en día, tiñan que coñecer o que facían os gregos e calarían de contado!! xD

    ResponderEliminar
  6. Interesante, todo o que sexa historia antiga sempre resultará interesante, polo menos para min.

    A ver cando imos a roma e/ou a Grecia a ver as orixes. XD

    ResponderEliminar