jueves, 2 de septiembre de 2010

UN POUCO DE LITERATURA

Co fin de diamizar esta sección, cambioa temporalmente de lugar neste blog para achegarvos nesta ocasión a un lalinense digno de mención. Destaca musicalmente, dá clases, concertos…e como non ,escribe dunha forma xenial. A proba , a continuación, anque non é o artigo periodístico concreto que eu buscaba ,¡vale a pena!.

A BELA SOBANTE por Iago Mouriño

“…Este é un deses contos que non hai por onde collelo. A cousa comeza p or unha velliña, para mais INRI bruxa de profesión, que se cabrea porque non a invitan ó bautizo da filla do rei inda sendo prima segunda da criatura por parte de pai. ¿Pero como non a ían invitar? É unha cuestión antiestética. Non vas meter unha señora vestida con farrapos, de nariz verrugoso nunca reunión monárquica, non cadra…
A señora como era de esperar agarra un cabreo bestial, e no canto de falar coa familia, ou demandar ós pais, ou incluso vendo o abolengo parental no que viven, de vendela exclusiva; o que se lle ocorre facer e ensañarse coa criatura. E en vez de ir ó facil e quitarlle o chupete, poño por caso, o que fai e armarlle unha maldición. Pero ¿faina fríxida? ¿elimínalle o sex appeal?. Tampouco. Condénaa a picarse (un momento,¿ quere que se convirta nunca ionqui?) co fuso dunha máquina tecedoira anos despois. Cando coincida. Que tampouco é que a obrigue.

Os anos pasan, iso quere decir que os relatos infantís non son biografías nin triloxías épicas. Ou pasa algo interesante ou salto temporal. Para que se fagan unha idea do salto temporal, diremos que agora a princesa ten idade legal para presentarse ó certame de Miss España, ten unha longa cabeleira rubia (¡que manía coas cabeleiras rubias! Para min que Perrault, Andersen, e toda a vaina eran vendedores de tinte), mide metro oitenta e pasease con gracilidade polos xardíns do seu pazo mentres os xornaleiros queiman o corpo ó sol e pasan por onde sabemos a gracilidade da súa maxestade. Abreviaremos dicindo que se converte nunca versión fantasiosa se Claudia Schiffer.

Por suposto, con tales condicións físicas é facil deducir que a princesa é imbécil. Porque, que alguén mo explique, se tan ben estaba no seu pazo,que redemo foi pintar á casiña da vella que a maldicira. Deixa que a velliña cosa en paz, coño. Deixa o fuso tranquilo. Non andes aí… Ademáis de imbécil terca como unha mula. Se no fondo non pinchou pola maldición, senón porque o tiña merecido.
A bela durminte caeu fulminada por un sono que durará cen anos. Vai quedar guapa a cama sen cambiarlle as sabas todos eses anos. A saber o que levaba o fuso da tecedoira para meterlle semellante colgue. Novo salto: pasan cen anos de golpe. Sacamos de conclusión que a evolución histórico-social importa un carallo nun conto infantil. Imaxinen que comeza a durmir a finais do século XVI. ¡Comeza a revolución francesa e ela durmindo!¡Abren a Bastilla e ela durmindo!¡Iníciase a Revolución Industrial! … Kant escribe "Crítica á razón pura"! ¡E ela durmindo!

Por fin, un príncipe desesperado (máis que nada porque hai que estar tremendamente mal para ter que espertar a unha tía que leva cen anos tumbada) decide tomala iniciativa. Fai unha reunión de príncipes azuis anónimos e falan para ver que medidas se poden levar a cabo. Un dos novos socios da organización toma a palabra. Parece ser que estudiou as reaccións de dous dos seus compañeiros, en concreto, do que espertou a Brancaneves e do que convertiu a unha ra en princesa; e despois de varias conclusión escribíu un libro titulado: "Os poderes terapeuticos do bico ou bicoterapia. Teoría e práctica" que se convertiu rápidamente nun best seller na sección de libros de autoaxuda. De modo que pode asegurar que cun bico espertará a princesa.

Ó príncipe non lle queda outra. Vai ata o pazo. Tal e como está aquello ten que desbrozar todo a golpe de espada. Por fin consigue entrar, e atopa o cuarto da rubia sobante. Tarda evidentemente un par de horas, se temos en conta que o pazo ten unhas 200 habitacións, cociña, salón ata onde chega a vista e corenta cuartos de baño. Que digo eu. ¿Qué pozo negro ten espacio para albergarlas descargas de tanto lavabo? Ou en todo caso ¿Por qué medraron tanto as plantas do xardín en cen anos?. Pensen o que queiran. Pero coincidirán conmigo en que por algún lado ten que albergar un desaugue.

Total, que o bo do príncipe entra no cuarto e pégalle un morreo á princesa. E dacordo que leva cen anos sen comerse un rosco e que o normal sería que agora caera rendida ante o seu príncipe.
Pero non. Manda ó príncipe a tomar polo carallo porque por árbore xenealóxica é o seu tataraneto. Sae do pazo. E cae ós brazos do seu amor verdadeiro.
Aquel que leva un século agradando. O cobrador do frac. ¡A ver se pagades dunha puta vez a factura do bautizo!

13 comentarios:

  1. este é un artigo adicado ó señor da xe....porue non creo que haxa ninguén mais que o lea...ajjajaj por extenso...

    ResponderEliminar
  2. Unha version un pouco estrambotica dun conto infantil, jajajajaja...

    Soe pasar que nos venden historias, incluso nas peliculas ou series, que se topan cousas que ao pensalas un pouco non cadran moito... do xeito de ke a saber como debian estar as sabas desa cama onde kedou durmida esa princesa paloia, esta o feito de (nalgunhas pelis ou series) trancar portas por fora que abren pa dentro, etc etc etc...

    P.D.: eu creo que o leran todos, + tarde ou + cedo (xa sabemos ken vai ser a ke + tarde, xD) pero ke o leran... Arredemo non atente contra os seus visitantes/lectores, incluso os retardados...

    ResponderEliminar
  3. pois si que parece que ten a este lalinense nun pedestal XD.

    Sacando a relucir os fallos de contos infantis. Canto dano lle esta a facer os nenos inocentes....

    Eu si que o lin, que o sepa. Que críticas son estas os lectores?? Ten o da xe nun pedestal ao igual que este lalinense?.

    PD: A historia fai referencia a un libro que teño que estudar recentemente Crítica a razón pura de Kant!!! Se estivera durmido como a senhora esta tamen mo perdería e non tería que estudialo. Desesperante, pero o que lle guste a filosofía que o lea. XD

    ResponderEliminar
  4. Su blog ha sido actualizado. A ver cando actualiza o meu.......

    ResponderEliminar
  5. q sorpresa! a verdade que non comentar no da Z era en sinal de folga pola súa vaguería. O tío este é un crack...todo o que poida dicir quédome curta. Acordo ler a versión da caperucita pero non a debín engadir á colección de recortes do peeriódico.O pedestal do da xe xa foi máis do que é...pasoume igual con segade jaja jaja

    ¿fíxosevos moi extenso?contestade con sinceridade

    ResponderEliminar
  6. E que che fixeron o da xe e segade para baixar do pedestal?..... A saber. jajajaja.
    Sen comentarios.

    O artigo é normal, nin moi curto nin moi longo.

    ResponderEliminar
  7. Metendose conmigo na miña ausencia, manda truco!! xD

    ResponderEliminar
  8. Para empezar decir que non se me fai longo en ningún momento; todo o contrario, é unha lectura moi amena e divertida, ten moitos detalles boísimos. A min o da Teoría e Práctica da bicoterapia fíxome moita gracia, en xeral todos, xa digo que se le nun intre, fai referencias moi simpáticas con respecto ao orixinal,

    Por min sinceramente siga con máis artigos deste tipo, e tamén que non se preocupe pola extensión, os hai que requiren de máis tempo para poder comentalos e non pasa nada. Se se comenta e se escribe é porque gusta, non se vai descartar un artigo pola cantidade de palabras das que estea composto. Ademáis neste caso sería unha grande mágoa porque realmente me parece que hai apreciacións ben interesantes! Jajaja

    P.D: Só faltaría que non lese o artigo pola extensión cando eu son a primeira en facer comentarios moi longos!!! Jajaja

    ResponderEliminar
  9. Sms a Natalia:

    Como nunca deixa de sorprenderme, gratamente, creo que debería pensar en participar nesto dos blogs...sempre nos queda facer unha coalición feminina ajaja. No, en serio creo q serían interesantes as súas aportacións...

    ResponderEliminar
  10. Agradezo que pense en que poida participar no dos blogs, sen embargo non o teño pensado. Sinceramente valoro moito o tempo que invertides pensando o artigo, recopilando información e creándoo. É por iso que os comento con moito gusto porque están moi ben feitos, da mesma maneira que eu non o faría tan ben... así que mellor deixalo para quen realmente sabe :)

    Non estaría de máis outro blog feminino pero o meu non vai ser, penso que é un pouco lío e non sei se nin sequera o sabería facer! Jajaja

    De todas maneiras grazas por pensar en min...

    ResponderEliminar
  11. todo é poñerse muller...e o de que non o farías ben dilo ti...sigo insistindo en que deberías intentalo,no fondo todos temos temas e gustos dispares, na variedade está o bo gusto!!

    ResponderEliminar
  12. Descoñecia a existencia deste lalinense, soname a sua cara pero xa non debia estar no Laxeiro cando eu fun..

    Gustame moito o conto, ten bo don de palabra para contar historias!! E para nada é extenso, é mais longo ke outros pero non todos van ser feitos a correr, traballade traballade...

    ResponderEliminar
  13. alegrome moito q vos gustara...proximamente mas...

    ResponderEliminar