jueves, 16 de diciembre de 2010

DEBATE: CHERNOBYL DESTINO TURÍSTICO


Esta semana saíu nas noticias que o próximo ano se abrirán as portas de Chernóbyl ó turismo, 24 anos despois da traxedia nuclear máis grave do noso planeta. Aínda están traballando sobre as rutas que se creárán. Recordemos que a zona de exclusión, a 48 km á redor do reactor estaba acordonada e evacuada a pesares de que certos habitantes da zona regresaran ós seus fogares na zona por propia decisión, facendo vida normal. Actualmente 2500 traballadores velan por minimizar os restos de radiación.

Como certas empresas ofrecían viaxes á zona de forma ilegal, xa que estaba prohibido, decidiuse regular a situación coa apertura ó público e de paso recaudar para rehabilitar e reconstruír a zona.

Parece que están de moda os destinos turísticos perigosos... campos de concentración nazis, as favelas brasileiras, cárceres relevantes...



¿Qué opinades sobre o tema?

5 comentarios:

  1. De sempre a todo dios lle atrae o morbo, o pensar a de "burradas" que tiveron ke acontecer neses lugares ou imaxinar que o paraxe que os teus pés están a pisar antes o "adornaban" centos de cadáveres...

    Como xa dixera un inglés algo pillado "Homo homini lupus", o home é un lobo para o home... parece ser que nos "entreten" a morte e o sufrimento alleo...

    P.D.: todo esto en un tono medio en broma medio en serio... xD

    P.D.2: sinceramente, coa curiosidade que me carateriza, eu iría (se non soupera o perigoso ke é, klaro...)

    ResponderEliminar
  2. En algun capitulo medianamente reciente os de Cuarto milenio visitaron a zona para ver como estaba na actualidade...parece que a vexetación en relativamente poucos anos o devora todo...Tamén resaltaban que alguns cazadores furtivos se inmiscuían na zona (que esta prohibida) pois hai moita caza... ós reporteiros limitáanlles o tempo de permanencia na zona e na reportaxe vese que se teñen que largar cun foguete no cu pq empeza a chover e baixa toda a porquería (radiación) da atmósfera...de feito achegan o aparatiño que mide a radiación a un charco reciente e volvese tolo...

    Que o nucleo da central inda está moi activo e non hai mais ca fisuras...eu non sei non sei a curiosidade está ben... señor da xe empece vostede polas minas da Brea que as ten cerquiña e tamen son perigosas de carai!! jajaja...
    Ós campos de concentracion, instalacions nazis e tal si me apunntaría...

    ResponderEliminar
  3. Bueno, medianamente recente... hai ben tempo del!! ke por certo vino e está moi ben!! descubrin con él ke non sabía nin a metade do ke pensaba sobre a catástrofe...

    ResponderEliminar
  4. está o que eu che pasei, do que sí fai tempo e o último que fixeron de como está na actualidade emitirono o domingo das festas de lalin concretamente...jajaja sacaban a escola cos libros dos nenos enriba da mesa e agora que me acordo ó reportero invitárano a xantar alí uns paisaniños que volveran pa sua casa, comera ensalada da horta de Prypiat cos sus tomatiños e tal mais unha tortilla ou un ovo ou algo así pq seika son moi sociables os cidadáns de por alí e lles parece mal que non aceptes a invitación... (esto igual foi un pouco de relleno do programa que o tio quedou falando un bo rato do bos que estaban os tomates)

    ResponderEliminar
  5. Persoalmente, neste caso en concreto pensaríamo moi moito en ir, sen embargo a outros lugares como Auschwitz por exemplo, non, iría, e espero ir. Pero igual ca estes sitios nos que aconteceron feitos históricos horribles, tamén iría a lugares que se caracterizan pola súa fermosura e non pola dor ou sufrimento.

    Para min non son tanto destinos morbosos coma interesantes a nivel histórico, neste caso Chernobyl. Aínda que xa digo, a ese lugar na actualidade non creo que fora, risco si, pero tanto...

    ResponderEliminar