sábado, 2 de octubre de 2010

UN POUCO DE LITERATURA:

AO REVÉS

Por Iago Mouriño

Hai un país dado a volta, revirado coma o bimbio duha cesta. Hai un país onde os políticos van ós enterros e os familiares quedan fóra da igrexa. Hai un país onde os terroristas queren dialogar e os gobernantes non os escoitan. Hai un país onde os que apoian ás familias prohíben os matrimonios e os cregos opinan sobre relación sexuais. Un país onde sae máis cara a viaxe dun ministro que a de sesenta e catro militares dun exército que leva armas automáticas para misións humanitarias.

Hai un país con tantos cartos que está habitado por pobres. Hai un país onde ós mariñeiros se lles pagou por non pescar e ós inspectores das súas respectivas ramas (tributaria, sanitaria, educativa) reciben apoios salariales por non inspeccionar. Hai un país que nas enquisas está á cabeza do consumo de coca e no último posto en educación (non é Noruega é exactamente o contrario).

Hai un país onde os que fan as estradas esixen que se lles vote. Hai un país onde se subvenciona a fricción ociosa de testículos cos cartos que lle sacan ós traballadores. Hai un país onde se pide o “si” para constitucións contradictorias que a ninguén se lle explican ( e non vai só pola segunda). Hai un país onde os que defenden o dereito á vivenda digna (ou carísima ou diminuta) viven en mansións. Hai un país onde as novas xeracións son reaccionarias e as xuventudes intransixentes.

Hai un país onde a cultura é cara e a vanalidade está a disposición pública. Hai un país onde a burocracia deseña os sistemas de denuncia para ir contra o denunciante. Hai un país onde o ignorante more de fartura e o culto de fame. Hai un país onde a educación pública só está ao alcance dos ricos. Hai un país onde os que máis infraccións cometen son os que menos multas pagan e os que máis rouban e os que menos tempo pasan no cárcere.

8 comentarios:

  1. ESSTA É SÓ A PRIMEIRA PARTE DO TEXTO PQ M PARECEU EXTENSO...

    Quero que deades a vosa opinion cando colgue a segunda parte...

    Nesta RÉTOVOS a que engadades algo ó texto na mesma linea...pode ser unha frase ou varias según a vosa inspiración...

    ResponderEliminar
  2. Hai un país onde se fai folga para reivindicar melloras laborales cando en realidade sirve de excusa mais bn para cometer actos delictivos q para reivindicar nada...

    ResponderEliminar
  3. Hai un país onde se anima a estudar ás mozas e mozos e despois non hai axudas nin plazas de traballo suficientes.

    ResponderEliminar
  4. Hai un país onde existe a palabra democracia pero so como palabra de diccionario e que no sentido práctico ningúen coñece.

    Hai un país que establece uns dereitos básicos pero que na realidade por un cacho de pan o fin do día ninguén recorda.

    Hai un país onde se tira ca comida en sinal de protesta mentras millons de persoas pasan fame.

    Hai un país onde xente sen estudios cobra feixes de cartos por falar da sua vida sin importar se é verdade ou non e, mentres obreiros mileuristas traballan hasta a vellez para chegar a xubilación e non ter saúde pa disfrutala.

    ResponderEliminar
  5. Hai un país onde é menos delito pegarlle a unha persoa que descargarse unha canción.

    Hai un país onde o profesor teme ao alumno.

    ResponderEliminar
  6. hai un pais onde ninguen fai nada por melloralo (so palabras que as leva o vento)....

    Hai un pais onde todos (en con isto abarco a maior parte de mundo e me inclúo) somos hipócritas e facemos o contrario o que pedimos ou simplemente non facemos nada.

    ResponderEliminar
  7. Comentoche via movil...non teño outro medio mediante o que facelo..xD

    -Hai un pais onde o sufrimento é negocio...

    -Hai un pais tolerante,pero só cós da mesma cultura,raza ou relixion...

    -Hai un pais onde os heroes marcan goles ou se insultan en programas de television...

    -Hai un pais onde a palabra liberdade perde o seu significado incluso antes de chegares a ser tan sequera pronunciada...

    -Hai un pais onde todos somos iguais, pero só ante a morte...

    -Hai un pais que utiliza o progreso para autodestruirse...

    -Hai un pais onde facer trampas é de espabilados,e demostrar intelixencia,de insolentes...

    -Hai un pais que loita para que lle afrouxen as cadeas,mais non pa que llas kiten...

    Perdon pola tardanza...xD

    ResponderEliminar
  8. Hai un país no que os seus dirixentes toman as decisións cando xa é demasiado tarde.

    Hai un país onde a igualdade está tan asumida pola sociedade que aínda seguen a morrer mulleres vítimas da violencia machista.

    Hai un país onde o respeto aos maiores en lugar de ser iso, convértese en ignoracia, desprezo e olvido.

    ResponderEliminar