lunes, 20 de septiembre de 2010

UN POUCO DE LITERATURA


XARDIÑEIRO DE VENUS
GONZÁLEZ BEARISA

Perdido nos encantados apousentos do teu corpo procuro as sensacións que me percorren desde a túa ribeira. Bebo nese misterioso encanto de intensa comunicación que nos achega ó breve paraíso do sono mol, onde se recrean as formas dos meus soños. Nese inmenso e variado xardín de Venus que permite o milagre das mil flores,debe estar a esperanza da salvación humana, onde todo o mal se esfache contra a nada ,onde poidamos presumir de ideoloxía empapada en zume infernal.
Quero ser xardiñeiro de Venus para perderme nos milenios sen que se note a miña presencia e poder compartir contigo ese vicio que sempre tivemos.

Procurarei o silencio das miradas para poder camiñar sen descanso pola nosa senda de roseiras que fan illas na túa planicie,que fan berces, e montículos, e bosque de desexo revertendo ata os meus sentidos, para seguir camiñando en línea desafiante que nos permita fenderlle o medo ós gorilas e poder conversar por milleiros de horas para sentirnos verdadeiros deuses fuxidos do mundo cara a maxia e o encantamento dese noso xardín de Venus.

11 comentarios:

  1. Como lle comento a toda presa e polo movil, simplememte comentar que está moi ben estes artigos...

    Eu apenas leo nada en galego, ademáis de que descoñezo famosos autores desta lingua actuais... pero, ¿pa que te teño a ti? xD

    Creo que é a lectora máis ávida que coñezo e a única que toca a literatura nos nosos blogs... por iso siganos a mostrar máis cousas do tema...

    ResponderEliminar
  2. Na próxima entrega volvo con Iago MOuriño...aviso de que será un pouco extenso pero será un texto de "denuncia social" que seguro vos gustará...

    ResponderEliminar
  3. Eu nin en galego nin en castelán pero gustanme moito estes artigos..

    Desta a foto quedouche un pouco cutre, je, con pezado verso e esa imaxe tan puritana e tan biblica!!

    ResponderEliminar
  4. Que cantidade de metáforas!!!! Pero moi ben empregadas se non o texto sería aínda máis subido de tono. Gústame o que expresa sen usar palabras "malsoantes" ou termos coloquiais, pero que nós podemos recrear na nosa mente perfectamente, dependerá da imaxinación de cada un xD

    Destacaría dúas expresións que me gustaron moito: "ideoloxía empapada en zume infernal" e "sentirnos verdadeiros deuses fuxidos do mundo cara a maxia e o encantamento dese noso Xardín de Venus".

    Eu tampouco leo nada en galego... así que grazas por este apartado de literatura tan interesante.

    ResponderEliminar
  5. mmmm...me parece que Natalia é un pouquiño romántica....jajaja ...descubreuselle o pastel señoritA! non fai falta que o disimule mais!

    ResponderEliminar
  6. Romántica??? Eu??? Dío polas frases que destaquei do texto??

    ResponderEliminar
  7. ijual mo pareceu namais.........pola forma de expresarse...acaso m enganei???nn nos deixe agora coa dubida!!

    ResponderEliminar
  8. Pois non especialmente, o que si que me adapto ben ao estilo que leo. Se é coloquial gústame expresarme no mesmo rexistro e se é formal ocorre o mesmo. Pero si digo que me gustou a maneira de escribir algo que podería chegar a ser aínda máis sexual do que é. O que para nada penso que sería malo, nin moito menos (só outro estilo) pero na miña opinión é máis difícil facer isto que escribir de maneira máis explícita.

    ResponderEliminar
  9. ...moi interesante a súa opinión...anque sigo sen entender pq non se anima á febre (algo decaída anque vai por veces) dos Bloggueiros...insisto...

    ResponderEliminar
  10. Xa digo que eu véxoo complicado... non sei... non teño a seguridade de que o faría igual de ben ca vós, e pa ter que eliminalo ao pouco de crealo... pa iso quédome quietiña!! Jajaja. Pero de verdade moitas grazas polos ánimos dados, en serio.

    ResponderEliminar
  11. nin q nó so fixeramos tan ben...trátase de compartir anécdotas,cousas interesantes, opinar...un popurrí de todo...pois a min gustaríame q se animase...se nós somos capaces non é tan complicao!!!jajaja. ö q se canse quítao e punto.

    ResponderEliminar