sábado, 9 de octubre de 2010

UN POUCO DE LITERATURA

AO REVÉS (II PARTE)

Hai un país onde hai crises contínuas que só lles afectan ós pobres. Hai un país onde estudiar non é garantía de aprobar unas oposición. Hai un país onde partidos demócratas defenden postulados totalitarios. Hai un país onde as tres cuartas partes dos enquisados din ver documentais por televisión, mentres que os audímetros din que a telerealidade e o famoseo barato son a opción do noventa por cento das familias. O cal quere dicir que nos avergoñamos de ser tan imbéciles e manipulables pero no fondo non facemos nada por evitalo.
Hai un país onde defendela propia identidade, a historia, a cultura e o idioma é un perigo nacional, mentres que detruílos é un acto de patriotismo. Hai un país onde reclamar una débeda histórica está malvisto por parte dos posibles beneficiados. Hai un país onde as campañas electorais gastan máis en publicistas que en politólogos e os partidos renovan con máis frecuencia a sú imaxe que as súas ideas.

Hai un país onde nas festas patronais a virxe ou o santo de turno só entra na igrexa cos compases dun himno extranxeiro (como se á figura de cera e madeira lle importase en absoluto o que se lle toque). Hai un país onde os relixiosos van a misa tódolos domingos e de luns a sábado extorsionan ós seu smepregados. Hai un país onde as conciencias son tan fáciles de lavar coma os cartos. Hai un país onde ao avance cultural se lle obriga a camiñar o mais lento posible pa a que as empresas poidan mellorar as súas tecnoloxías antes de deslocalizarse.

FIN TEÓRICO
(A partires de aquí pode reiniciala súa mente e seguir sorrindo. Creo que dan un especial de Lola Flores en Antena 3. A que agarda?. Acenda a televisión dunha puta vez!)

4 comentarios:

  1. Apurei a publicala segunda parte, xa que parece que a primeira vos gustou...Agora sí podedes dara vosa opinion do texto enteiro, seguir engandindo cousas...

    Que conste que este artigo xornalistico (non lle gardei a data) pero xa ten que ter un tempiño, uns 5anos polo menos...a case vale perfectamente para a actualidade pois toca todos os puntos decadentes da actualidade.Asique se pode dicir que non cambian co apso dos anos, excepto para agravarse coma o paro e a inmigración...e como non a crise económica.

    ResponderEliminar
  2. Gustame o sarcasmo do tipo este... e encantame o final teorico!!! xD

    Cando se me ocurra algunha pasome outra vez...

    ResponderEliminar
  3. Resúltame moi curioso o de que o artigo ten tantos anos, pensei sinceramente que era actual!! Xa que como ben di podería aplicarse na actualidade política e social na que vivimos. A verdade que o fai moi ben e ten razón en todo o que escribe, sobra decilo. A min gustoume moitísimo o artigo, e tamén que nos fixera participar tan activamente! Jajaja

    ResponderEliminar
  4. Hai un país demasiado arraigado aos seus costumes...

    Hai país onde se creen aos políticos...

    Hai un país no que a xente se esforza por melloralo, pero sempre dende a casa...

    Hai un país onde o mellor alegato é unha ostia nas ventas...

    Hai un país que se rompe (pa os do PP)... xD

    ResponderEliminar