viernes, 15 de octubre de 2010

LERCHOS DO ROCK


Resulta comun que os rockeiros famosos e os non tan famosos abusen de certas substancias... Pois resulta que seika o guitarrista dos Guns and roses tamén se inclinou por estas prácticas debido a que lle axudaban a calmar as súas paranoias e adiccións... A principios dos noventa tivo unha crise que lle levou a pensar que era perseguido por Predator, sí, o bicho ese... Rompeu a mampara da ducha na que se atopaba e saiu espido correndo e berrando por todo o hotel no que se atopaba, mesmo pola rúa.... Este incidente conlevou o ingreso de Slash nunha clínica de rehabilitación...que non deu demasiados resaultados...


Tarja Turunen a cantante que eclipsou ós de Nigthwish foi agredida sexualmente durante un concerto en México...un tío abalanzouse sobre ela mentres estaba no escenario, magreándoa intensamente. Logrouno burlando non se sabe cómo ós 15 gardas de seguridade que había daquel lado do escenario...bueno igual foi porque estaban babexando cara a cantante e sacando fotos moi ocupados... A pobre acabou o show cantando e chorando á vez. O tío foi detido. Creo que circula o video por inernet pero non o topei para poñervolo. Desde logo , a veces o da fama non resulta nada envidiable...

O cantante de Muse Matthew Bellamy declarou nalgunha ocasion que se sentía un pouco acosador polos fans...En especial por un home que visitaba con frecuencia o seu domicilio e lle deixaba poemas e obxetos raros na porta...Ë ben sabido que as letras do grupo tratan ás veces de cousas sobrenaturais e ó admirador deixaballe textos coas súas propias teorías sobre o apocalipse...


Investigadores de este blog chegaron á conclusión de que podería haber sido un galego ese admirador...e tendo en conta os libros que lee e a súa afición as sociedades secretas e tal...non queremos apuntar a ninguén pero as características físicas coinciden co señor da xe...ahí queda a cousa...

3 comentarios:

  1. Mira que non habera anecdotas do mundo do Rock!!! jajajaja...

    A de Slash non a coñecia, e tampouco me imaxinaba ke se lle poidera ir tanto a pinza a nadie, jajajaja... pareceriame mais normal en Axl Rose...

    A de Tarja tampouco tiña constancia dela, pero bueno lin a historia completa, ao tipo detiverono e incluso ela despois pediu ke o liberaran...

    A de Bellamy tampouco sabia nada dela (a verdade e que non coñecia ningunha, pudeno haber posto antes, xD) pero e a mais normal de todas, ou polo menos a que normalmente acontece con mais asiduidade... por exemplo, non olvidar o caso de John Lennon, sempre houbo fans pirados da cabeza...

    Non sei se apuntarme a estas anecdotas, jajajaja, que creo que topei o blog de onde as sacou e mira ke hai ben delas ke non coñecia... jajaja

    P.D.: non vin ninguna das pelis... a da Cuarta Fase dixeronme ke akojonaba, pero teñoa por ahi pa vela...

    ResponderEliminar
  2. Eu non coñecía ningunha das anécdotas que conta pero bueno, o tema das drogas dá para moito. Eso de tomarse algo para paliar os efectos que che está a producir o que consumiches con anterioridade... en fin... Creo que se coñece o efecto rebote que causa.

    Aínda que nestas anécdotas diferéncianse claramente tres tipos: o que cada un decide para si mesmo (o caso de Slash) e do alleo totalmente á persoa (Tarja) e o subxectivo (Bellamy pode considerar acoso o que outro no seu lugar estaría encantado ou cando menos non lle importaría). Pero o que si é certo é que non é tan perigoso coma o dela.

    Interesantes anécdotas... fixo que hai moitas máis!!

    ResponderEliminar
  3. Si xa sabemos o que fan as drogas e tamén son de sobra coñecidos os famosos que se meten nese mundillo..
    Non puxeches ningunha de Keith Richards que despois de saberse que fumou as cenizas de seu pai mezcladas con cocaína a saber que lle provocou!!! jeje

    As agresións sobre famosos como a de Tarja ocuparía un artigo enteiro, porque desde logo hai casos de todo tipo sobre xente que se volve loca perdida e atenta sobre a persoa da que son fanáticos, chegando incluso a matalos..

    ResponderEliminar