jueves, 16 de septiembre de 2010

O ASASINATO DE MÍA

Mía Zapata era unha rapaza que como tantas outras sentíuse tremendamente influenciada pola Xeración X, e se temos en conta que se mudou para buscar a fama a Seattle, cuna do grunge e punk, que era coetánea os Nirvana e que era a vocalista dun emerxente grupo chamado The Gits temos tódolos datos importantes desta historia.
Resulta que Mía, con 27 a nos, estaba a colleitar grandes éxitos co seu grupo, era unha vocalista xenial cunha voz rasgada que se comparaba nas críticas coa de Janis Jopplin, ademáis de dalo todo no escenario con esas letras inconformistas.
No 1992 publican o primeiro disco “Frenching the Bully” e as xiras e o éxito non tardaron en sucederse, incluso por países europeos.
O 7 de Xullo de 1993 cando volvía dun concerto foi atacada, violada e asesinada. A morte foi consecuencia do estrangulamento ó que a someteron, pero os forenses recoñeceron que houbera falecido igual dada a magnitude das lesións. O caso archivouse, as probas non eran esclarecedoras, os medios de investigación non estaban tan desarroiados coma na actualidade e o feito de ser unha cantante de incipiente éxito non facilitaba as investigacións. Unha década máis tarde (2002) cando xa existían as bases de datos de ADN e grazas a que se gardaron as mostras atopadas no corpo de Mía, o ordenador identificou cmo asasino a un pescador de Miami, reincidente por múltiples delitos, que residira por aquelas datas en Seattle. Xesús Mezquia foi condenado no 2004 a 37 anos de cárcere.

Ë curioso, a súa vida rematou coa violencia que denunciaba nas suas letras,a opresión machista, a emancipación da muller… de ahí que se a relacione cos movementos das riot grrrl, punk e feminista, anque non estivera relacionada directamente con eles. Pero todo servíu para algo, a baterista da banda 7 Years Bitch creou “Home Alive” unha organización adicada a ensinar ás mulleres defensa persoal. (dise que the Gits foron a mayor influencia de 7Years bitch ou The Distillers).No 1996 publicouse un disco titulado “Home alive- The art of self Defense” para xuntar fondos e avivalo recordo, incluíronse cancións de Pearl Jam, Nirvana, Soundgarden,Foo Fighters, Presidents Of The USA, 7 Year Bitch, The Gits, Supersuckers, Los Hornets, The Posies, Joan Jett, Lydia Lunch, Jello Biafra, entre outros. Todos grupos de Seattle. No 2005 realizouse unha película sobre a vida de Mía, que haberá que ver. Os demais mmbors do grupo publicaron algún album conmemorativo con temas inéditos de estudio.

6 comentarios:

  1. Que traballadora estas ultimamente..

    Gustame o artigo, cando dixeches que o proximo ia ser de un asesinato xa pensei que sería un deses frikismos teus je, pero sorprendeume gratamente e noraboa polo traballo de investigación.. Nada morboso e centrandose na historia da persoa e o legado que deixeixou..

    Descoñecía totalmente o tema pero moito se aprende no seu blog!!

    Dios quedoume o comentario totalmente pelota pero xa esta, ahora non o borro jeje..

    ResponderEliminar
  2. Ah, unha aclaración.. Non te estou chamando friki nin morbosa!!! jejejej e que os asesinatos estas historias oscuras son moi tuas e pensei que ia ser outro tipo de artigo..

    ResponderEliminar
  3. Moi ben, moi ben!!! asi me gusta que nos mostre retazos da historia do grunge. Eu declaronme completo ignorante deste xénero (quitando grandes exemplos claro está) e pouco sei da súa historia, asi que me parece ben que vostede guste de relatarnola de xeito tan xeneroso e gratuíto...

    O nome da muller me soa, pero para nada a súa historia... sei que houbera un asasinato no grunge pero non sabia tanto en profundidade sobre o tema, asi que dende aqui reciba os meus agradecementos e os meus parabens...

    Pode facer máis artigos biográficos deste tipo, sobre a historia de grupos femeninos (que están moi esquecidos): The Runaways (que a parva esta de Crepusculo fixo unha peli na que fai de Joan Jett, xa ves...), Girlschool (estas chegaron a facer tours conxuntos, e incluso un disco, con Motorhead, nas que o cantante Lemmy bromeaba incluso con algun dos seus compañeiros que lles dicia que as tipas estas ainda tocaban mellor ca eles...xD), Vixen, máis vellos e máis raros Heart...

    Eu polo menos quero saber máis... eso!!xa ti vas vendo!! xD

    ResponderEliminar
  4. P.D.: nin me soa nin vin esa peli, "Horas de luz"... bueno, e polo que conta tampouco me chama moito a atención... xD

    ResponderEliminar
  5. aquí houbera quedado ben un video ou cancion do grupo...pero xa pasou a vez!

    ResponderEliminar
  6. Moi interesante pero á vez moi desalentador, o feito de que existan seres capaces de matar e ensañarse desta maneira... está claro que non fai falla ir a EE.UU. para ter noticia de semellantes barbaridades pero bueno...

    A historia está moi ben narrada e, como ben destaca, todo o que pasou serviu para algo. Aínda que o dano xa estea feito, polo menos séguese a recordar e manter viva a imaxe dunha rapaza que foi cruelmente asasinada.

    Eu tampouco coñecía esta historia pero agradézolle que a comparta con nós, é moi interesante. Tamén ver que se está a axudar a mulleres recaudando fondos é moi positivo, e polos seus ideais, de seguro que sería o que a ela lle gustaría.

    ResponderEliminar