lunes, 1 de noviembre de 2010

UN POUCO DE LITERATURA



HANSEL E GRETEL ás Finas Herbas

Por Iago Mouriño

Se houbese unha asociación de país de nenos de contos infantís,vistos os historiais, seguramente se trataría dunha panda de energúmenos insensibles tomando decisións equivocadas coas mellores intencións. Para si mesmos, sobreenténdese. Máis ou menos como hoxe en día. Porque precisamente así comeza a historia; o imbécil do pai, a falta de pensión alimenticia (au a saber en que a gasta), no canto de buscarse un curro decente, sellar tódolos meses a tarxeta do paro ou facer cursiños do Inem, prefire abandonalos fillos. Moi hábil. E para rematala faena non os deixa na porta dalgún grasento ricachón de rutinarias tradicións dominicais, senón en pleno bosque, á intemperie, á sorte de animais ou seres criptozoolóxicos (¡coño! Dous hobbits a cabalo dun Ent e o axente Smith en plan elfo vestido de nenaza!).

Pero os dous críos (Hansel Aví e Gretel Garbo) son espabilados de carallo. Cando se dan conta do percal arrean camino para adiante. Iso si, a casa non a buscan nin de coña.

Finalmente dan cunha casa de chocolate (do sólido, do que se come), vainilla e gominolas. Que, francamente un humilde servidor pregúntase como redemo aguanta iso en pé durante o verán. O chalé está mercado en multipropiedade con un dos cabróns históricos da publicidade: o décimo especialista en odontoloxía. Ese insensato fillo de puta malnacido que ten a cara de recomendar non lavalos dentes e mascar chicle con azucre tendo a nove compañeiros de profesión en contra.

Total, que se poñen a papexar na casa e sae a vella, a bruxa (prima segunda de Sarumán, por parte de pai) co cabreo encima. Méteos para dentro coa excusa de que aínda ten máis golosinas (como se lles quixera provocar diabetes) e os dous cativos caen na trampa. A bruxa encérraos e cébaos para guisalos. Iso chámase canibalismo.

Final alternativo un: entra Gandalf en escea, líase coa bruxa e vanse os dous apapiolados a un motel. Hansel e Gretel morren por inanición encerrados na gaiola.

Final alternativo dous: cando a bruxa vai preparar a Hansel, Gretel empúrraa na caldeira. Hannibal Lecter nota o arrecendo mentres da un paseo polas pradeiras para ler o Financial Times e entra na casa para comerlle o fígado con champán francés. Despois mata e descuartiza a Hansel e Gretel para metelos no conxelador.

Final alternativo tres: Hansel e Gretel toman por erro entre as golosinas unha pastilla vermella e saen de Matrix. A bruxa comeza a clonarse sobre todos os habitantes da Terra (Multi) Media. O Oráculo líase con Gandalf, que non é outro que o Arquitecto con melena e Aragorn, fillo de Arathorn, primo de Zaragozarn e Teruelrn e … Mellor deixémolo.

5 comentarios:

  1. sinto o da letra..e q este meu ordenador esta coma unha chota...e adquire vida propia...mais vale asi q enana de mais...

    ResponderEliminar
  2. Está moi ben a volta ke lle dá o home este ao contos infantís... pero bueno, despois chameme friki a min!!! ... Aragorn, fillo de Arathorn, primo de Zaragorarn e Teruelm... pois bueno, xa me dirá, xD

    P.D.: ¿que tipo de trauma ten este home con Gandalf? se o home ten pinta de ser un vello entrañable... ¿ou é atracción sexual? extraña a súa fijación con Gandalf... xD

    Se ten máis publique publique, pois son moi entretidos!!!

    ResponderEliminar
  3. Únome á petición!! O tío este faino xenial!!! Gústame como dun conto antigo e máis que coñecido, consegue darlle voltas ata relacionalo con feitos que poden acontecer perfectamente na realidade e na sociedade actual!! Moi enxeñoso, si. Encántanme estes artigos de literatura, e este ata me soubo a pouco.

    Non hai que escoller, pero se tivera que facelo, decantaríame polo primeiro final, jajaja. Máis que nada pola simpleza! É que o terceiro con tantos nomes sería moi complicado seguir o fío!!! xD

    ResponderEliminar
  4. Dios que medo da esto!! jeje eu non sei con que final me quedo, non hai un cuarto?????

    Joba que ingenioso é este tipo!! Si podes poñer mais que son moi amenos..

    ResponderEliminar
  5. sempre podes propoñer tí un...jajajaja

    ResponderEliminar