martes, 30 de noviembre de 2010

O XUIZO DE NÜREMBERG...¿XUSTIZA?

Nos últimos días da guerra, Hitler designou como novo presidente a Karl Dönitz que visto o panorama non lle quedou outra que negociala rendición. O xuízo de Nüremberg foi o primeiro xuizo internacional celebrado para axustizar a importantes membros do goberno nazi (21 concretamente). Celebrados en 1945-1946 con mais de 400 sesións que se prolongaron durante dez meses e dez días.

Stalin inclinábase por unha xustiza o máis expeditiva posible e esa sería a idea mantida finalmente por Churchill cando nos últimos meses da guerra manifestaba desexar fusilar ós xefes nazis en menos de 6 horas, os americanos rexeitaron esta opción (curiosamente) e o presidente Truman opinou que sería mellor constituír un tribunal militar Internacinal, (que sentou as bases do actual Tribunal penal da Haya).Estados Unidos, Gran Bretaña, Francia e a Unión Soviética finalmente celebraron un acordo para xulgar ós principais dirixentes e non caer nos erros da primeira guerra mundial permitindo que os propios alemáns os xulgaran e que puideran escapar...

O proceso levouse a cabo no Palacio de Xustiza da cidade de Nüremberg, un edificio amplo que se salvou da guerra e no que se aprobaran as leis racistas do Terceiro Reich. O estatuto firmado no acordo tipificaba catro cargos: crimes contra a humanidade (exterminio),crimes de guerra en países ocupados, crimes contra a paz (iniciar e librar unha guerra ofensiva) e conspiración. (*aínda non estaba tipificado o xenocidio como tal) . Pretendíase aplicar unha xustiza basada no dereito natural (basándose en percepcións morais) pero o primeiro problema co que se toparon era que o ordenamento xurídico nazi (admitido polos demais países antes da guerra) amparaba case tódalas actuacións levadas a cabo…(lei para protexer a honra e sangue alemá, lei de reorganización da burocracia, de unificación,e un longo etc…) e o ordenamento debía obedecerse por lei (esta foi a gran baza da defensa). Hai que ter en conta que estas actuacións se xestaron baixo un réxime autoritario, que estaba lexitimado por ferramentas democráticas, mediante as cales os cidadáns escolleron apoiar a causa de Hitler (alomenos ó principio).

Durante as sesión reconstruíronse sucesos como o incendio do Reichstag, a noite dos cristais rotos, diversas “anexións” de países, a operación Barba roja, técnicas de despoboación, execucións masivas, prácticas médicas… As imaxes da sala do Palacio de xustiza tiña pilas inmensas de documentos que presentaban as partes (mais de 4000); 240 testigos; 300000 declaracións xuradas…


CONTRADICCIÓNS:

-Que os encargados do enxuiciamento foran tan só os países gañadores… e que usaran un tribunal militar internacional ¿militar era o máis axeitado?

-Non se lles acusou segundo o dereito nacional alemá vixente durante a guerra, se non por delitos definidos para a ocasión. Como oiríades alguna vez, non pode haber pena sen unha lei que defina tal conducta como delictiva, a defensa alegaba que planificar ou desarroiar unha guerra non era delito, e que tal condena iría en contra do principio que prohíbe que as normas penais se apliquen con retroactividade.
  • ¿por qué non se xulgou tamén o bombardeo dos aliados se se pretendía unha xustiza igualitaria? ¿Por qué non se xulgou a todos os criminais que participaron nos actos delictivos do Terceiro Reich?
  • ¿Que hai das persecucións xudías antes da guerra?
Anque para tratar este suceso nos debemos colocar dende unha perspectiva “da época” as condenas non teñen perda, podemos dicir que hai un pouco de todo , incluso absolucións (teño ganas de saber que foi deses que absolveron)… Os que foron condenados á horca foron executados ó dia seguinte á sentencia, a Corte escolleu este “medio” e rexeitou a petición de ser fusilados por un pelotón, porque ó parecer “este castigo supuña unha degradación dos seus cargos e da súa imaxe de oficiais”.

9 comentarios:

  1. Esto xa parte dunha idea pre-concebida equivocada: como pretenden otorgar xustiza xentes (países) que estiveron guerreando??? a xustiza deberiana expoñer os miles de habitantes, civís claro, de ambos bandos que estiveron soportando durante anos os "xogos" de aqueles que fan chamarse seus defensores (que os defenden facendo o que tentan de evitar que lle fagan a eles, co cal caemos na hipocresía...)...

    Seguro que ten coñecementos delo, asi propoñolle un proximo artigo sobre o "Pasillo Vaticano" (seguro que ten constancia desta operación e dalgunhas parecidas...) para deixar suficientemente claro toda esta pantomima (vamos a xulgar a algúns membros importantes nazis, que aos outros imos axudarlle a escapar e a agocharse...)

    Nunha guerra nunca hai vencedores... é ahí por que son tan desdeñables...

    ResponderEliminar
  2. Ao mellor explikeime mal... as guerras non son desdeñables porque non haxa vencedores, ainda que os houbera seguerian a selo... a última frase é unha idea xeral, non unha continuación da anterior... xD

    ResponderEliminar
  3. Eu teño claro que se non é pola via "forzosa" a Hitler non lle paran os pés, e no fondo falloulle un pouquiño o plan pero creo que non lle faltou moito para conseguir os seus obxetivos. Creo que deberias velo documental vaiche gustar, e eo que omitín a gran frase do mesmo:
    -chupadme el culo!
    a idea de xulgalos non estaba mal oh, pero apresuráronse moito por iso hai quen di que deberon ser xulgados segun o ordenamento alemán e non mediante o apaño legal que fixeron, coas condenas sí que non estou de acordo...Nos xuízo inda se ven tranquiliños, eu creo que inda contaban haber librado das consecuencias dos seus actos...

    ResponderEliminar
  4. Estiven baixando os dous documentais que puxo aqui, e bueno... o resto todo de grandes enigmas que topei... xD, pero haber cando lles boto un ollo... xa che contarei (máis sejuro que o poña no meu blog, asi que xa o verá.. xD)

    Respondendolle ao seu comentario, direille bo é que lle pararon os pés, porque senon máis seguro que a día de hoxe o mundo sería ben distinto do que coñecemos...

    ResponderEliminar
  5. Nunha guerra nunca hai vencedores, so vencidos (o pobo).

    Dito isto, cando nunha guerra ganha un determinado bando, sempre se imporá a visión deste último bando. É inevitable que isto pase. Sempre pasou, pasa e pasará.

    O único que se pode dicir é PAZ, que total so vivimos uns cuantos anos para andar guerreando.
    Fai o amor e non a guerra.

    ResponderEliminar
  6. que lle destes ó da z ultimamente?? jaja semella que fumou algo jajaja
    pero o comentario está moi ben. benvido de novo anque sexa aportuguesado jajaja

    ResponderEliminar
  7. Por qué semella que fumei algo??
    Non che gustou o comentario ou te pareceu surrealista??

    Non me deron nada, precisamente fáltame inspiración últimamente. A min non me deron inspiración as musas ou a musa.XD

    Terei que sutituir a minha musa que non me da beneficios. jajajaja

    ResponderEliminar
  8. Ke kabron, houberas avisado e fumabamos algo os dous!!! jajajaja...

    ResponderEliminar
  9. Comezo dicindo que a min o comentario do Señor da Z me gustou moito!! E suscribo todas e cada unha das súas palabras.

    O tema é bastante complexo, moitas veces nin a xustiza é xusta, e menos baixo o punto de vista dos diferentes bandos implicados. É evidente que nunha disputa debería mediar alguén impacial, con coñecemento dos feitos... pero nunha guerra isto non é posible. O que gaña, non só "gaña" no campo de batalla, se non que con iso, asume o privilexio de xulgar, condear e castigar aos do bando contrario. Ademais de que a historia sempre é máis benévola con eles, e é polo dito noutro comentario: polo simple feito de que son os propios "vencedores" a que a escriben.

    Basta con botar un vistazo superficial á destrucción que provoca unha guerra, danos persoais e materiais. Aínda así o home a utiliza como "medio" para unha suposta paz ou mellora da situación. Canto máis o penso, máis me convenzo de que os que nos gobernan son estúpidos.

    ResponderEliminar