martes, 8 de marzo de 2011

ANTROPOLÓXICAMENTE DISTINTOS...

O dimorfismo sexual é un fenómeno que provoca que nunha mesma especie aparezan dúas anatomías distintas, unha para o macho e outra para a femia. No caso humano esta diferencia era máis notoria no Homo hábilis, rudolfensis… a femia tiña unha estructura ósea de inferiores dimensións. Esto tamén motivaba que as funcións destes suxeitos tamén fosen distintas desde os primeiros tempos. Anque segue habendo diferencias na actulidade, non só óseas, dedimensións…tamen en que os homes posúen un 10 % máis de hemoglobina no sangue e maior capacidade anaerobia que lles permite maior capacidade respiratoria e por exemplo correr máis…


“ Pois como os cuadrúpedos se xuntan

Moitos son da opinión que os esposos

Deben facelo, porque de este modo

Poden as partes recibir o seme

Reclinando o peito e levantando o lombo.

Non convén que fagan as esposas

Movementos lascivos, porque impiden

Quedar a muller embarazada

Cando cos seus meneos das nádegas

A venus do varón estorba inqueda

E dá ondadas co tenro peito”

(Lucrecio: De rerum natura. Libro iV. 99 a.C-55 a.C.poeta e filósofo))


O sexo tiña como fin primordial a reproducción que ligado á “selección natural” proporcionou respostas sociais e sexuais para manternos no planeta ou para sustituirnos cando non nos adaptamos… Pero tanto no ámbito primate coma no resto dos mamíferos existe unha gran variedade de conductas sexuais. Coa chegada da razón, é o noso cerebro o encargado de marcar as estratexias e os tempos das nosas relación sexuais… Seguindo coas diferencias, podemos dicir que os nenos e as nenas desde pequenos reciben os mesmos “estímulos sexuais” nos seus cerebros, cableados de forma diferente. As mulleres adoitamos lembrar máis detalles dos acontecementos emocionais. Unha zona da área preóptice do núcleo do hipotálamo é maior nos machos, mentres que o córtex frontal é maior nas mulleres polo que poden controlar mellor as emocións….
Estas diferenzas biolóxicas hai que entendelas como complementarias e non xustificacións das nosas relacións.!!!!

“O sexo é consustancial ó proceso evolutivo e ó desenvolvemento das interaccións naturais dos mamíferos. En tódolos mamíferos existe un cortexo previo á cópula.”

Como vivimos nunha sociedade globalizada cunha profunda informatización de productos e servizos surxe o tema do sexo virtual… Os antropólogos planteanse se imos cara a banalización ou estamos ante o sexo do futuro… Estase a levar a cabo unha nova dimensión das relacións humanas…o sexo virtual acabará por eliminar a psicoloxía da realidade?

(artigo sacado do último volume da Festa da Palabra Silenciada referente ó Libro de Carbonell e ás súas conclusións tras diversos achados en Atapuerca)

9 comentarios:

  1. PARECEUME un artigo curioso e digno de ler...

    ResponderEliminar
  2. Si que é un artigo curioso, pero cabe unha reflexión máis... que os homes e as mulleres somos antropolócixamente ou anatómicamente ou o -mente, distintos, esas diferenzas non deberían ser argumentos concluíntes para as desigualdades que seguen a existir...(xa sei que ao mellor non é o tema do artigo pero quedaba ben poñendoo, jajajaja)

    En canto ao do sexo virtual e iso, home non sei, supoño que asi será máis doado, sobre todo eu que son moi torpe para o que ven sendo o "cortexo", pero supoño que será coma todo... acabará por acadar unha dimensión moi grande, acabarase por colapsar e volverase á orixe... as relacións persoais (non só sexuais) non creo (e espero) que acaben por desaparecer, aínda que o tuenti e o facebook e esas kousas fagan o efecto contrario...

    Bue, kedoume un komentario un pouco rariño, ala... xD

    ResponderEliminar
  3. ... se na terceira fila do anterior comentario despois de: ou o -mente... se engade un "que prefira", ao mellor entendese algo máis o mismo... xD

    ResponderEliminar
  4. e que che pareceu o kamasutra de Lucrecio??

    ResponderEliminar
  5. Un pouco unha burrada, jajajaja...

    ResponderEliminar
  6. Moi interesante o artigo, e con moitos puntos a destacar:

    O do dimorfismo sexual serviu de "excusa" dende fai tempo para a suposta superioridade masculina. Ben é certo que para levar a cabo segundo que actividades físicas é (e sobre todo foi) necesaria a forza bruta. Pero de aí, a usar isto como un argumento que pouco a pouco foi desembocando no machismo, paréceme que hai un abismo. Creo que na actualidade a tod@s nos vai quedando claro que isto non é unha característica a ter en conta na superioridade (ou non) de ningún dos xéneros. Espero que se fale máis de "persoas" e non tanto do sexo do individuo en cuestión. Non sei se me expliquei... secadra quedou un pouco lioso...

    A min o de Lucrecio non me sorprende, se pensamos un pouco, algúns puntos do que di aínda se consideraron ata non fai moito á hora de practicar sexo. Non digo da nosa xeración pero non sei ata que punto os nosos avós e avoas "disfrutaban" del. Eu a veces escoito bromas con iso de que hai mulleres que non se ispen completamente (e non me refiro a un arrebato xD) como norma habitual. Paréceme moi triste que non se poida disfrutar diso como algo natural, non só para procrear. Despois de máis de dous milenios dende que Lucrecio escribiu isto, o de que a muller disfrute do sexo en segundo que culturas ou épocas (non tan lonxanas) aínda non é unha realidade, triste pero é así. A min o de "non convén que as esposas fagan movementos lascivos...", a que movementos se refire?? Que sería dos homes se as mulleres non nos movésemos!! xD Habíalle decir eu un par de cousas ao Lucrecio este xD, ademáis de facer que me rompese a cabeza coa tradución dalgún dos seus textos en Latín, nótaseme algo rencorosa con este individuo non? Jajaja.

    A min o último punto preocúpame tamén, como pode ser que o "sexo virtual" (non sei ata que punto se lle pode chamar sexo) substitúa ao contacto físico interpersoal??? Estamos tolos?? xD Agora en serio, moi mal estará o mundo cando isto suceda, agardo non toparme nel daquelas, será moi triste comprobar que as persoas prefiren algo tan "frío" (non sei moi ben como definilo) antes que o contacto directo.

    PD: Dubido que se me entenda todo tal cual o teño no pensamento pero neste artigo resultoume especialmente difícil transcribir as miñas ideas ao respecto.

    ResponderEliminar
  7. Xa volvo ás andadas xD menos mal que me resultou difícil, diredes. Pois si, aínda que non o pareza, jajaja.

    ResponderEliminar
  8. encantoume o teu comentario, moi completo e sincero, sí señor... A parte final non me gustaba moito anque formaba parte do artigo en sí non me parece un tema demasiado relevante, pois non creo que o sexo virtual chegue nunca a sustituír ó carnal...anque a pornografía se consuma cada vez máis...
    O curioso do Lucrecio e que fixera un kamasutra da época...chamoume a atención por iso, como pa ensinarlle ás mulleres como tiñan que facer...

    ;)
    grazas por este comentario!! Äs veces creo que deberíamos tomar un café, pareces unha persoa interesante!!

    ResponderEliminar
  9. Oh... Grazas polo cumplido :) E o café sen problema, a ver cando temos esa cita a cegas logo xD

    Pois si, non caera no da pornografía como ese tipo de sexo... pero alguén terá un problema cando prefira isto a unha relación con outra persoa. Ou polo menos eu non o termino de ver... Gustoume moito este artigo, de veras, dá bastante de si.

    ResponderEliminar