sábado, 19 de marzo de 2011

FENÓMENO LUNAR

Este sábado 19 (osease hoxe) poderemos ver unha inmensa lúa chea no ceo, a máis grande dos últimos 20 anos, xa se apreciaba nestes días pero será esta noite cando o noso satélite fique pretiño da Terra, sobre as 12 da noite estará a 356.000km de nós, e aproveitando que teremos unha noite despexada espero que a poidades contemplar. Como sabedes a órbita lunar é elíptica chamándose apoxeo e perixeo ós seus extremos máis lonxano e ó máis preto respectivamente, por iso se dá este fenómeno.

Ademáis tamén nos trae unhas mareas extraordinarias no Atlántico que se poderán apreciar sobre todo no sur da península, simplemente se desplazan uns 15 cm. máis, non traen desastres naturais nin nada semellante como circula pola rede... Anque sí se sostén que cando a Lúa e o Sol están aliñados hai unha maior actividade sísmica, volcánica, tectónica...polas tensións que xeran, non deixa de ser unha teoría.
Para aqueles máis inquedos se é que os hai, tamén poderemos ver de forma "clara" (seica, xa vos contarei) a Saturno e os seus aneis, pois acompañará á Lúa e é un do planetas mais grandes do noso sistema solar. E unha chea de cúmulos abertos dos que nacen contínuamente estreliñas diminutas, localizadas na nebulosa de Orión...

10 comentarios:

  1. a lua seguro que está inmensa e lle podo ver ata as pedriñas pero o meu telescopiño non creo que chegue a ver mais alá!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  2. non quixen profundizar nas teorías sobre os fenómenos que se producen na terra por estes aontecementos dos corpos celestes.....pero por internet hai moitos e xa podedes imaxinar que con todo o que pasou este mes no noso planeta...mais ainda

    ResponderEliminar
  3. De sempre a xente se lle dou por mirar e apuntar ao ceo cando pasaba algo na Terra, pobres incrédulos...

    Como oeu o outro día María a un home na oficina: a Terra seica é moi intelixente e cada certo tempo provoca algunha catástrofe para ir "limpando" un pouco a faz do planeta... véxase as guerras e demáis... e isto levame a unha pregunta... ¿que clientes hai nesa xestoría? xD

    Por certo, o artigo refírese á noite de hoxe para mañá.. ou a de onte pa hoxe... digoo porque onte hai lúa chea!!! jajaja

    ResponderEliminar
  4. pois lúa chea é hoxe, e a noite do 19 tamén é hoxe...asique hoxe.

    sore os clientes desa xestoría e o negocio en sí xa lle din parte a Iker jimenez para que se poña co asunto...

    E sí os fenomenos naturais en xeral teñen unha certa relación, sí creo que a lúa e o sol exercen certos efectos sobre a terra mais alá das mareas... e é posible que certas catastrofes naturais se vexan favorecidas pola influencia destes astros... Se se incrementan as mareas pola proximidade da lúa,o movemento tectónico, o nacemento de fillos... pois se se produce un tsunami, terremoto...tamén se incrementará a forza dos mesmos,(sea de forma mais ou menos relevante) por lóxica...outra cousa xa serían as profecías .....--creo eu---

    ResponderEliminar
  5. Ás 8 da tarde de onte xa a vin enorme, preciosa, aínda reflexando moito os raios do sol posto que non anoitecera por completo. Ás dez xa estaba moi brillante, non a vin tan grande ou iso me pareceu... saín de festa e fun todo o camiño de volta a casa media hipnotizada mirando para ela. Non tiven a oportunidade de mirar cun telescopio pero a experiencia tería que ser magnífica, xa nos contará para darnos un pouco de envexa xD O tempo acompañou e de que maneira, nin unha soa nube no ceo, así dá gusto...

    Está claro que si que inflúe, ou eu son da opinión de que si. En moitos ámbitos tan dispares como os nomeados aí arriba. É normal sentir curiosidade e ir coñecendo a influencia da Lúa no noso planeta, ou a min polo menos gústame sabelo.

    ResponderEliminar
  6. RECOMENDACIÓN DESTA SEMANA DO SEÑOR DA XE: xD

    Como non ten ningún chat nin nada semellante terei que comentar por aqui... en certa ocasión, recomendou un par de documentais (o do testamento de Judas aínda non o vin) pero eu tamén vin uns cantos de grandes enigmas da historia, voulle a recomendar o da Santa Inquisición e o que acabo de ver, Las profecías de Nostradamus...

    Teño pendientes o do susodito testamento e un do Santo Grial... xa lle contarei!!

    ResponderEliminar
  7. non, non teño chat, non estou á moda, pero así comentasme mais nas entradas e quedo ben igual. O das profecías de Nostradamus non sei se o terei pero é probable...mirareo. Grazas poal recomendación!!

    ResponderEliminar
  8. e sí gústame levar a contraria....pero tamén ter os meus propios criterios...non me suelo fiar da opinión da xente anque a teña en conta gústame ter a miña propia visión....non sei se pilla por onde vou señor da Xe, esto sería unha PD personal...jiji

    ResponderEliminar
  9. e q me dixeron que vostede vai dicindo por ahi que me gusta levar a contraria...jajaja...e pode ser pero tiña que precisalo!jaja

    ResponderEliminar