Peaxe
por María Lado
O último sol desaparecía dourado no retrovisor, entre o fume das chemineas minúsculas da cidade. se non lle tivesen roubado a radio cando menos álvaro podería poñer música para non escoitarse maldicindo ó cabrón do seu xefe. nin ese clinclin de obxectos amontoados no asento traseiro que o atormentaba. agora a álvaro gustaríalle ter un enxeño coma o dos coches que lle limpase as bágoas. pero mellor así. seguro que poñían cancións tristes que lle recordaban a helena. e parecería aínda máis imbécil. mellor iría pola autopista. porque ameazaba con chover e o ceo tan gris... e pararía na cabina catro da peaxe para pendurarse da mirada doce da rapaza dos martes. álvaro pensaba que o seu sorriso podería botar o mundo a andar se este se detivese. sen dúbida a calefacción estaba demasiado alta e álvaro suaba cando baixou o vidro. diríalle á rapaza doce dos martes que namorara do nome da cor dos seus ollos. que o día gris precisaba o seu sorriso coma un bálsamo. diríallo moi baixiño, para que sorrise, se ela non fora despedida aquela mesma tarde antes de rematar a súa quenda. sen dúbida a calefacción estaba demasiado alta e álvaro demasiado canso cando comezou a chover no km. 17 palidecera, si, pero o sorriso da rapaza do martes pegáraselle nos beizos.
Infoxove número 2, xuño de 2006
Moi ben... non sei ke komentar máis alá de que a tipa esta (rapaza ou señora, o ke sexa...) non escribe nada mal...
ResponderEliminarCorto (como este comentario), pero chulo o relato...
A María Lado parírona alá por 1979 nun coche da velvet underground nalgún lugar da nada que une a nada do Cee que figura oficialmente como lugar de nacemento e Santiago de Compostela, a gran nada no centro da nada.
ResponderEliminarPero ela non podía con ese baldeiro e medrou enchéndoo de pegadas. Ten publicados tres libros con textos deses que non chegan ao final da liña: A primeira visión (letras de cal, 1997), Casa atlántica casa cabaret (Xerais, 2002) e Berlín (Concello de Santiago-El Correo Gallego-AELG, 2005)...
ANÁLISE CINÉFILO DO SEÑOR DA XE: eu tamén vin 'Lope' e queria saber... que é eso dun Lope de Vega tan... tan... Victor???? ti e Natalia tedes un problema coas comparacións...
ResponderEliminarJames Franco<---->Segade
Alberto Ammann<---->Víctor
a min que me perdone dios, pero non o acabo de ver... xD
Ah! a peli non está mal!! xD
explicación da comparación:
ResponderEliminar1- a imaxe mental miña do señor Lope de Vega non encaixa de todo coa reflexada na peli.
2- pq na maior parte da peli ten un comportamento estilo Victor...
3- non que se pareza a Victor fisicamente, pq non é asi...lamentablemente para algun dos 2...
4- E ¿Cal é ese comportamento ó que me refiro?? seguro que Natalia sabe ó que me refiro (di que sí, non me deixes quedar mal****) ese dos sábados pola noite...
Pd: pensarei noutra forma de expresalo... mais claro... Teredes novidades en breve!!...
Ultimamente os artigos de literatura van moito de sentimentos, e despois era eu a romántica xDD
ResponderEliminarO pobre protagonista non tivo sorte pero polo menos unha ilusión, máis ou menos duradeira, algo é algo. Peor é non sentir nada...
En canto á peli non a vin, a ver se a semana que vén e pasarei por aquí outra vez. O malo é que non sei ata que punto poderei opinar xa que eu a Víctor coñézoo de vista e pouco máis...
Tamén aclarar que James Franco só se me pareceu a Segade en certos planos, non durante toda a peli nin moito menos. De feito foi a primeira vez que me recordou a el.
pois como era un relato curto pareceume interesante, igual últimamente estou sensible vai ti ver, pero é moi orixinal que dun simple traxecto en coche, ou da moza da peaxe se poidan escribir unhas liñas tan bonitas...
ResponderEliminarSI, tés toda a razón, de algo tan habitual, e incluso rutinario para moitas persoas, que alguén consiga crear un relato destas características é de moito mérito. Ao meu parecer é a temática máis difícil á hora de escribir, as cousas máis simples e habituais da vida fanse as máis complexas cando se trata de crear algo con calidade. E para min, neste caso, a autora logrouno.
ResponderEliminarComo o prometido é débeda, comentar que vin "Lope" esta semana, hai que ver que aplicada son xD E coincido con vós, para ser española non está mal... O da comparación non sei, xa dixen que só coñezo a Víctor de vista e iso non é suficiente.
ResponderEliminarEn canto á visión que me queda despois de ver a peli é dun Lope "mullereiro" (ou como se diga en galego) e non dunha persoa romántica como eu mo imaxinaba. Ben é certo que o meu coñecemento deste autor é moi escaso, do seu extensísimo bagaxe só lin partes dalgunhas comedias e as "Rimas", secadra por esta última lectura teño feita esa idea. Incluso na peli hai momentos nos que me dá a impresión de que non lle importan os sentimentos das súas conquistas, isto é moi subxectivo, está claro. Pero en xeral está ben, actuacións decentes, entretén.
E a outra que vin foi "Irreversible", aparecera nomeada nalgún comentario, non recordo ben onde. Decir que hai unha escea brutal, non recordo agora ningunha que me fixera sentir tanta rabia como esa, non sei como describilo pero paseino realmente mal. É moi longa e moi explícita, cruel, salvaxe, desgraciadamente aínda ocorre na realidade, non me podo imaxinar que ten que ser iso, do peor que che pode pasar, ata se me saltaron as bágoas, hei de confesalo... Deixoume un mal corpo tremendo, de feito ata me costou durmir. Xente capaz de facer algo así non merece respirar, así de claro.
Síntoo, sei que esta última peli non vén a conto pero xa que comentei "Lope" aproveito.
Irreversible deixoume a mesma sensación que a ti (xa te tuteo)...a verdade que creo que é a escena de violación mais longa do cine...
ResponderEliminarLOpe=mullereiro como ti dis=victor tal e como o describes jeje.
e falando de Lope creo que pola casa teño a Peli de El perro del hortelano que tamén é unha españolada que xa ten algúns anos, creo que non me disgustara de todo pero igual a vexo de novo para recordar realmente...