sábado, 26 de marzo de 2011

O TESOURO NAZI

Aló por 1945 cando os norteamericanos estaban dominando ós nazis escoitaron en Merkers (Berlín) falar dunhas minas de potasio nas que seica escondían un gran tesouro...asique puxeronse mans á obra e foron rexistrar aquelas instalacións... e oe, non estaban mal encamiñados pois toparon o depósito máis rico ata o momento, múltiples covas e túneles nos que agocharon entre outras cousas mil millons de marcos en máis de 500 bolsas, case 9000 lingotes de ouro, moedas de ouro de diversos países, e milleiros de diamantes e pezas dentais de ouro procedentes dos xudíos dos campos de concentración... pois Himmler tiña o sistema organizado cuns "controladores" nos campos de concentración que se adicaban a "recuperar" estes bens dos xudíos e tamén os inventariaban. E antes da exterminación propiamente dita nas cámaras de gas e outras variantes, as víctimas eran sometidas a un reconocemento médico onde lles colocaban unha marca na fronte se posuían pezas dentais valiosas.
Reciclaban todo!! mesmo os abrigos de pel e roupas valiosas eran valoradas económicamente e ennviadas a fábricas textiles.
"Nuestra agrupación (comentario dun prisioneiro dun campo) es solicitada a menudo por las SS para ayudarles en la ordenación y selección de los informes que frecuentemente hay que enviar al Reichsfülirer. En los primeros días de noviembre de 1944 se reúne en un informe global los inventarios de los tres primeros trimetres del año; las existencias en el almacén eran las siguientes: 65.000 relojes de bolsillo, 110.000 relojes de pulsera, 60.000 plumas estilográficas y lapiceros, 800 despertadores, millares de tijeras, instrumental quirúrgico requisado en casa de médicos pertenecientes a la resistencia o judíos, máquinas de afeitar eléctricas, etc.
De 1941 hasta finales de 1944, la lihrmacherkommando entregó diariamente al Cuartel General de Himmler unos 180 relojes ya reparados, es decir, alrededor de 60 000 relojes por año, que en cuatro años son 240.000. A finales de 1944, las reservas de la Inspección eran todavía de 150.000 relojes. Si se toma como base la apreciación de Winkels, según la cual sólo el veinte por ciento de los relojes tomados a los deportados son defectuosos, se calcula que el número de relojes en buen estado sería cuatro veces mayor."

2 comentarios:

  1. Creo que non teño moito máis que decir dos nazis que non sepades xa e de todo o que fixeron, e da miña opinión sobre eles, pero bueno... o artigo está ben!

    ResponderEliminar
  2. Este é outro dos moitos detalles que fan que toda a súa fama sexa merecida e despois aínda hai xente que nega tales feitos. Non hai nada peor ca que che quiten aos teus seres queridos e a túa vida pero visto o visto non se conformaban con iso. Non encontro calificativos para describilos, todos se me quedan curtos. Hai moitas probas de todo isto, canto máis se foi coñecendo máis noxo causan. Que foran humanos os que levaron a cabo todos estes feitos aterroriza á maioría que temos un pouco de sentido común.

    Pónseme a pel de galiña cada vez que vexo a aguia e especialmente a esvástica. E pensar que na actualidade aínda hai xente que defende esta ideoloxía... non me entra na cabeza.

    ResponderEliminar