Tristán era un fornido cabaleiro, valente e tamén poeta que xamáis perdía unha batalla. De ahí a súa alianza co rei Marc de Cornualles para conquistar novas terras.Un dia unha andoriña deixa caer ós seus pés un mechón de pelo rubio, e él promete casarse coa propietaria cando acabe o seu pacto con Marc, namentres as batallas continúan e chega a Irlanda co fin de conquistala e que o seu patrón se case coa filla do rei...así ocorre, o que nun principio non sabía era que esa moza era a dona daquel mechón... Chamábase Iseo (Isolda ou Yesult) (a filla do sol), con esvelta figura, calidez no seu ollar e un cabelo tan loiro e radiante como os raios do mesmo astro rei.
A pesares do matrimonio co rei Marc, Iseo e Tristán namóranse convertíndose en amantes... cando o rei os descubre desterra a Tristán dos seus dominios e a pesares de casarse con outra muller segue tolo de amor por Iseo. Cando o guerreiro está a piques de morrer manda que lle traian a Iseo como un último desexo, dinlle que o barco que a foi buscar retornou con velas negras, o cal significa rexeitamento...entón falece. Pero non era certo, Iseo chega, e acaba morrendo de pena ó lado del.
Esta é unha lenda de orixe celta, dise que está basada nun personaxe real da historia celta. Aquí asimílase a Tristán á lúa, (nalgunha outra versión dise que morrería se non puidese ter relacións con Iseo) recordemos que o calendario celta era lunar,. E Iseo sería o sol.Na linguaxe celta lúa é masculino e o sol feminino.
Larga ausencia...
Hace 10 años
esta é a lenda que máis versións ten das que se inclúen neste blog...apuff fixen unha versión personal mezclando o que mellor me pareceu...
ResponderEliminarHai que recoñecer que é unha das historias de amor mais míticas (nunca mellor dito) se vos interesa recomendovos a peli (xa recomendada alguna vez) de Tristán e Isolda protagonizada por James Franco (cachiboy favorecido no filme) e Sophie Myles(prota de Moonlight)co físico perfecto para ese papel! a peli conta unha das versións tamén...está moi ben
Eso che ia dicir eu... que viras logo 'Tristán e Isolda' que che salía o teu adorado James Franco (creo que os teus 2 ou 3 último comentarios nestes blogs falas algo del e do seus atributos físicos aos que ti caes rendida, eu non...jajaja), aínda que a peli xa é dalgúns anos...
ResponderEliminarEn canto a lenda, ten un final un pouco previsible cun certo arrecendo a certa obra shakesperiana, non?? jajajaja... eso si, sen veleno de por medio... xD
será que estou nunha etapa moi...observadora fixeime nel desde mi nombre es harvey milk...
ResponderEliminarfinais alternativos mais abundantes:
1- Tristán volve a Cornualles e finxe estar demente para ver á súa amada..¿finxe? hai quen di que toleou de veras
2- o rei Marc nun arrebato de celos mata a Tristán pero no forcexeo mata a Iseo tamén. Os amantes son enterrados xuntos.
As lendas tan apaixoadas se non morren os protagonistas non se fan tan míticas, o de que un amante se suicide por ver á outra persoa morta ten bastante tirón popular xD
ResponderEliminarEu a peli non a vin... pero fareino, que a lenda está moi ben e é moi coñecida, a ver que tal a trasladaron ao mundo cinematográfico. Pero se se recomenda por aquí estará ben, fíome moito :) Aínda que no meu caso non necesariamente por James Franco xD