O certo é que este é un tema debatido por científicos, sobre se hai ou non evidencias ó respeto, os “yamana-yagan” celebran a “Kina” , unha ceremonia para recordar a superioridade feminina, por ser éstas as que empezaron en remotos tempos con esta celebracións. Os “onas selk’nam” teñen outro acto desta índole chamado “Hain”, semellante á anterior, na que non se permite que entre ninguna muller á mesma, xa que as mulleres gobernaron mantendo ós seus homes na subordinación e o medo, ata que descubriron de onde proviña o seu poder e decidiron arrebatarllo…
OS MOSUO
A tribo dos Mosúo, situadas no Tibet oriental, goza dunha organización matriarcal dende hai 2000 anos. Como viven nunha zona aislada isto beneficiounos e protexeunos de guerras, loitas de poder, e de contaminarse de outro tipo de organización. Os sociólogos falan dun matrimonio ambulante onde era típico que os homes morreran na batalla, se meterán a monxes budistas con voto de castidade ou viviran nómadas… En estas condicións as mulleres vivían xuntas ocupándose das labores agrícolas e da descendencia. Viven dacordo cuns códigos onde non entra a violencia, de feito na súa lingua non hai euivalente para os termos guerra, violación, asasinato… A herencia transmítese de nai a filla, polo que na rexión non hai homes con casa propia. Os cales por certo traballan moito menos ca elas, pasan o tempo reunidos e apenas teñen responsabilidades anque si aprenden un oficio como pescadores ou ebanistas.
A matriarca organiza os bens do clan, dispón tarefas, ocupase dos asuntos da sociedade…Non é unha xinecocracia porque as mulleres non obstentan un poder político senon familiar, as labores políticas, neste caso orde social e portavoz da comunidade sí o delegan nos homes; nesta reciprocidade é onde está o equilibrio.
Cando se lles pregunta a eles o porqué da súa organización responden “ son moito mais capaces e moi boas administradoras!”.
Non existe o matrimonio como tal , e a familia consta da nai, as fillas e fillos e o único home relevante podería ser o irman da nai. Moitos dos membros da comunidade non saben quen é seu pai, pero tampouco lles importa. Asique os pais seguen na casa familiar coas súas respectivas proxenitoras axudando a criar os fillos das irmás. Pero que non vivan xuntos non significa que non haxa amor, senon que os homes desempeñan dous papeles: tío no clan propio ocupándose dos sobriños e non ten ningún papel na casa da súa amada, mais que entregarse á paixón .
cando menos curioso...envidiable,idílico,case perfecto.......
ResponderEliminarVIVAN AS MULLERES!!!
MULLERES Ó PODER!!!!
Moi interesante o artigo... e un comentario moi pouco obxectivo srta. Arredemo, jajajaja, pero bueno é normal...
ResponderEliminarEu considerome unha persoa máis feminista que outra cousa, máis que nada polo que toda a vida e en toda a historia sempre sempre sempre os homes eran (e son) o primeiro e o principal, a pesares de todo iso, e a pesares de que as cousas algo parecen ke cambiaron (algo si, ou???) eu opino que se debe fuxir dos extremos nin sociedades matriarcais nin patriarcais, nin machistas nin sociedades feministas... o ideal sería unha onde a igualdade fose a máxima na vida cotián, pero bueno, eu ke son un soñador, jajajaja...
Tamen é certo que vendo ke os homes levan tanto tempo facendoo tan sumamente mal, si que lle pode soar envidiable e case perfecto para vostede Arredemo, pero repito, prefiro mil veces unha sociedade igualitaria!!
Asi que...
VIVAN AS MULLERES E OS HOMES!!!
ALGUEN COHERENTE E CAPACITADO AO PODER!!! xD
o de igualitario posiblemente sea tan utópico coma o das mulleres....peeero...
ResponderEliminarpara todos os/as que sosteñen que sempre houbo sociedades patriarcais pois mira, siquiera sobrevive unha tribo que o desmente...
Para min o máis curioso é que baixo esa organización todo funcione tan ben, e descoñezan esas expresións e actos de violencia que tanto enchen as noticias na nosa sociedade...
anque me guste o sistema que levan e desp do comentario do da xe...non dou evitado crer en que o poder tende a corrupción...tanto de homes coma de mulleres...lamentablemente
Si... seino... voume repetir... pero vou decir o que penso: encántame este artigo!!! xD Para que vou disimular... eu xa non pido tanto como unha sociedade feminista (aínda que a nivel sociolóxico non estaría mal, así poderíase facer unha comparativa, pero tampouco sería exacta xa que interveñen diversos factores...) pero si igualitaria. E eu si creo que chegará un día no que isto suceda, deséxoo profundamente, non sei canto haberá que agardar ou se eu o verei tan sequera, pero gústame pensar que si. Que os máis retrógrados e rancios se decatarán algún día de que todas e todos somos iguais, e non só polo sexo, senón por nacionalidade e todo iso que inflúe aínda que sexa politicamente incorrecto afirmalo.
ResponderEliminarO máis triste é que coñezo a persoas de 20 e tantos anos que son machistas, non me cabe na cabeza, está claro que é pola educación recibida. Coñezo algúns dos consellos que se lles dan hoxe en día aos proxenitores para educaren as súas fillas e fillos dende que nacen; que non caigan nos típicos erros de xoguetes, colores, expresións e demais. Sen dúbida é o máis importante, unha educación na igualdade e a ver se conseguimos unha sociedade acorde con estes valores.
SInto envexa de que non existan esas palabras, non deberían saber pronunciarse en ningunha lingua. Sen embargo son o noso pan de cada día, unha tristeza absoluta. Eu non sei se no "noso mundo" funcionaría unha sociedade destas características pero espero que o papel da muller, cando menos, se iguale ao dun home en todos os ámbitos.