lunes, 14 de febrero de 2011

ACTUALIDADE?!

O tema da semana é a Gala dos Goya, tres pedazo horas de numerosos premios, categorías habidas e por haber e discursos... e no fondo ten máis notoriedade a indumentaria dos asistentes e se Bardem di o nome do fillo que a propia cerimonia de celebración do cine español… Anque non a vin enteira,( nin sequera Buenafuente puido facela digna de ver) sí deixei a tele posta mentres vía un capítulo de algo máis interesante por internet… e é que o máis interesante do acto foi o debate : cine vs internet…que para uns é a morte do cine e para outros internet é o futuro… ¿vos que credes?


Acabarán desaparecendo os cines por mor da pequena pantalla informática?complementaranse? Coexistirán ambos?....

3 comentarios:

  1. O que parece ser é que internet fai desaparecer aos cines, pero claro é o normal vendo a carestía das entradas... pero o máis seguro é que fagan algo para prohibir ver cine en internet (de feito xa o estan facendo), porque se soe levar máis o ir en contra do que toda a xente parece ser ke kere...

    Na musica teñoo máis claro, ti baixaste música de internet como unha forma de ver como é tal ou cual grupo, e se che gusta despois velos en concerto (que é onde os artistas máis recaudan de feito), enton poderían coexistir tranquilamente, só que claro, os artistas queren máis e máis (normalmente os dalgúns estilos concretos, os de outros pasan do tema e colganche o disco gratuíto ou á vontade na rede)

    Respecto ao cine non sei, deberían buscar novas maneiras de recuperar esas salas de cine... vale, poñen pelis en 3-D, ahi acertan; pero é demasiado caro, e ahi xa a volven cagar...

    ResponderEliminar
  2. o ex-presi da academia di que internet é o futuro..no cal posiblemente teña toda a razón, e que se deberían complementar dalgunha forma.Sempre poden poñer salas de cine virtuais a un prezo simbólico ou algunha idea así...
    Decía un dos premiados que bueno, non hai nada coma ir a unha sala escura cun bol de palmitas , ben acompañado e ante unha pantalla de cine xigante e compartir unha boa peli cuns cantos descoñecidos... (eu creo q este home que o dixo moito ó cine non foi, ou non lle tocou na fila duns tocapelotas reventa películas...ou mesmo un filme cutre como acordo no Eroski pero a peli cobrárona coma se se vise ben)

    ResponderEliminar
  3. Para min habería que saber complementalos. A min si me gusta o feito de ir a unha sala con palomitas, ben acompañada e ver unha boa película. Si me tocou nalgunhas ocasións algúns que outros moscóns de turno, pero deses hai moitos, así que ao cine tamén irán mal que nos pese. Eu non me podo permitir ir ao cine todas as semanas, ou máis ben non todas as semanas hai pelis polas que pagaría para ilas ver. Hainas que perden dende unha pantalla dun ordenador, outras que mellor velas en pequeniño e sen pagar un céntimo posto que con perder o tempo nelas é suficiente... Pero de aí a que desaparezan as salas...

    Comentando o tema con xente, a maioría decimos que se baixaran as entradas iríamos moito máis, e é certo. A min gústame o "ritual" e sería unha lástima que formara só parte do pasado. Pero tampouco quero que se nos prohíba a utilización da rede para a cultura, e menos cando somos unha gran maioría os que estamos en contra. Por iso o da busca dunha compatibilidade, complicado, si, aínda que espero que sexa posible.

    ResponderEliminar