jueves, 3 de febrero de 2011

TODO QUEDA NA CASA

O outro día vin un documental sobre a endogamia, e pareceume interesante. Incluía a historia de varias persoas e parexas… Esto está estreitamente relacionado coas adopcións pois todos os emparentados que contraían unha relación medraran separados, en familias distinstas e por unha razón ou por outra os seus camiños cruzáranse e namoráranse. De ahí a necesidade de saber de que familia procedes e se es adoptado ou non pois pódense evitar certas complicacións.

Non lembro a porcentaxe pero ó parecer hai un gran número de parexas en estas situación, teñen asociacions de apoio, foros…

Un dos casos que aparecía era o dunha parexa medianamente xoven, que vivira un apaixonado amor e ó descubrir que estaban emparentados romperan, pero xa era tarde porque ela estaba embarazada, tivo o neno e seguen mantendo contacto con certa frecuencia, anque estén separados e non conseguirán refacer a súa vida, recoñecían que ainda seguían namorados a pesar de todo, e qu nunca ían ter unha relación tan plena con ninguén.

Falaban da Atracción xenética como aquel fenómeno no que persoas con xenes en común se ven sexualmente atraídos,esto foi obxeto de estudio tamén cunha porcentaxe eleveda de que isto se cumple en moitos casos. Xustificándoo en que persoas con gustos, carácter e aficións comúns que medraron en familias distintas unha vez que se atopan sen saber do seu vínculo, se sinten identificados un co outro…o cal me pareceu un argumento algo pobre en comparación co resto das afirmacións aportadas…

Outra das parexas prefiríu seguir coa relación eran irmáns e estaban pensando en adoptar pois tiñan claro que non ían ter fillos propios e arriscarse a que non nacesen sans.

O caso que máis abraiada me deixou foi o de un pai mais a filla, ela sabía dende o principio que él era seu pai anque non tivera moito trato con él e non o vise como tal, ambos recoñecían que a atracción fora mútua dende o primeiro momento. Tiñan 3 ou 4 fillos de distintas idades, todos aparentemente sans. Pero as familias de ambos opúñanse á relación e denunciáronos ás autoridades, detivéronos e sacáronlles os fillos acusándoos de incesto. Finalmente todo quedou en nada, e ós poucos días a familia reuníuse de novo no seu fogar, xa que non os podían acusar máis que de endogamia e isto non se tipifica como delito. O cal é certo, non se tipifica como delito, pero por exemplo no noso país sí se recollen normas aisladas que prohíben en certa maneira as relacións matrimoniais entre parentes coma no código civil, que tanto se limita ós parentes consanguíneos coma ós afíns ata o 3º grado.

8 comentarios:

  1. Eeeeh, pois a verdad é que non che sei ke komentar, non é ke non me gustara o artigo, pero acabeino de ler e kedeime sen saber ke poñer, non sei ke komentar ao respecto... je

    Tamen pode ser porke acabo de sair dun exame de 2 horas e media... xD

    P.D.: xa sei que o seu é un blog con temas moi variados pero este provocoume unha gran indiferencia e unha falta total de opinión... xD

    ResponderEliminar
  2. Como non tiña nada ke komentar, tamen puden non habelo feito, pero algo escriboche ke é a única maneira de que esto vaia adiante, tendo en conta a pouca xente ke comentamos nos 3 blogs... je

    ResponderEliminar
  3. pois a miña opinión é que xa ahi que ter mala sorte para enamorarse de alguén con quen estás estreitamente relacionado xenéticamente,pero debido a adopción sí pasa...outra cousa é o tema dos que sabendoo pos lles da igual
    o tema é se creedes ou que vos parece a famosa atracción sexual xenética...
    Os protas do documental maiormente planteaban o seu romance como algo fóra do normal...como de película..."o amor verdadeiro"o máis intenso das súas vidas...

    Tamén omitín certas fotos de fetos sobre o tema pq me parecía de moi mal gusto incluílas e demasiado fuertes...

    ResponderEliminar
  4. A miña idea é que cada un pode facer o que queira da sua vida con quen queira, jajajaja...

    O da atracción sexual xenética non sei, eu penso que sería atracción sexual a secas, eu se tivera unha irmá cachonda ao mellor atraiame sexualmente falando, pero dahí ao seguinte, non sei, non sei... neste caso estou falto de opinión xa que son heterosexual e teño dous irmáns, a cada cal + feo, jajajajaja....

    ResponderEliminar
  5. gustoume que subxetivizaras co teu propio caso...jajaja
    non entendinmoi ben ode que o mellor che atraería a tua irmá..¿sexualmente falando?...qué clase de atracción é esa?? unha na que se conxugan os orgasmos??jajaja

    ResponderEliminar
  6. Coño, pois sexualmente, non terá un campo magnetico coma un imán... o que digo é que ao mellor, no caso de ter unha irmá de bo ver, me poderia parecer atractica pero dahí a namorarme dela, non sei, é miña irmá... imonos entendendo?? xD

    ResponderEliminar
  7. si si... Agora que penso na miña familia creo que hai un tio casado ca sobriña (oíno un día por casualidade)eu descoñecía tal parentesco. Son os típicos velliños-velliños (pois pasan dos 90)pero que ainda os ves cariñosiños o un co outro...

    ResponderEliminar
  8. No primeiro caso foi mala sorte, se souberan iso dende un principio posiblemente nin se namorarían (chamádeme tola pero eu non concibo namorarme dun familiar). É normal que a historia lles marque de por vida tendo en conta que ata tiveron descendencia, pero non polo feito de que sexan familia senón porque tiveron un fillo. A ver se me explico: eu creo que se te tes que separar de alquén que queres co que ademais compartes fillos nunca chegarás a superalo (repito, sendo familiar ou non), outra cousa é que sexa voluntario, é moi diferente. E se non o superas, na miña opinión é difícil que se volva ter unha relación "normal" con outras persoas posto que sempre se quedará eso gardado.

    A min eso da atración sexual xenética... Por ter gustos e intereses similares non tes porque ser familia!! Solo faltaba!! Moitos parentescos habería no mundo! Incluso sendo familia os gustos non teñen por que parecerse. De feito eu teño máis coincidencias nese sentido con amig@s que co meu irmán, eu creo que non se pode relacionar unha cousa coa outra. Esa xente atráese pero sexualmente e punto, non creo na intervención da xenética.

    ResponderEliminar