Trátase do ballet máis coñecido estrenado en Moscú no 1877 coa musica de Tchaikovsky... o argumento é unha historia chea de amor e maxia na que se mestura a eterna loita entre o ben e o mal...
No primeiro acto, celébrase o vixésimo cumpreanos do príncipe Sigfrido e a raíña obrígarao a escoller esposa no baile real, o pobre agobiado pola presión sae a tomalo aire e queda engaiolado pola fermosa estampa de cisnes salvaxes sobrevoando o lago do xardín. Alguén suxire que o príncipe se desestrese indo de caza... E así o fai.
Aquí comeza o segundo acto: o principe segue ós cisnes ata a o lago e ó apuntalos coa súa ballesta... pero nese momento de entre as árbores surxe a muller mái fermosa que xamais viu, de nívea e resplandecente pel, cun vestido de plumas...a muller comeza a tremer e medio case se desmaia co medo... Él promete non dispararlle se lle di o seu nome. Odette. A raíña dos cisnes. A cal lle conta que o lago está feito das bágoas que derramou a súa nai cando o bruxo a convertiu en cisne. E seguirá sendo cisne a non ser que entre a medianoite e o amencer (momento no que os cisnes se convertenen mulleres) un home a ame e se case con ela...
Sigfrido apoia as mans no seu corazón, dille que a ama, que sempre lle será fiel... para casarse ela deberá ir ó baile onde él ten que escoller esposa. Pero ela non pode ir pois se o bruxo a descubre acabará con ela...
Terceiro acto: o baile comeza, Sigfrido melancólico, non deixa de pensar no claro da orilla do lago e en Odette...Debido as presións de súa nai ten que bailar cas mozas presentes. Un tétrico home maila sua filla Odele irrumpen disfrazados na cerimonia coa idea de seducir ó príncipe e que éste rompa a promesa feita a Odette o príncipe pensa que se trata da súa namorada e deixase seducir...
Acto cuarto: Cando se da conta do engano ó ver a Odette ó lexos é demasiado tarde, acude á beira do lago e pídelle perdón ,anque xa está, non hai volta atrás... o malvado bruxo aparece e Sigfrido mátao como vinganza...xa que o feitizo era irrevocable os namorados adéntranse nas augas do lago onde permanecerán xuntos por sempre...
(anque o final ten varias versións...e a película non relata esta historia podédela ver igual...)
Pois eu tiña gana de vela peli, máis que nada porque estan a dicir a bombo e platillo que é unha peliculaza, aínda que a min non me chama moito o tema, pero haberá que vela lo...
ResponderEliminarComo será de supoñer non tiña nin idea da historia deste famoso ballet pero algo podía supoñer... ¿Disney non copieou a idea para facer algunha das súas empalagosas pelis? ¿que tomou a idea de quen? jajajaja
supoño que os de Disney...mais que nada polas datas anque imaxino que lle cambiarían o final pos nenos tamén.
ResponderEliminarEu tiña ganas de ver a peli porque me pintaba ben,é curta e anque esperaba moito máis(pois é previsible) supoño que ós oscar que está nominada serán pola actriz pois sobre ela recae o peso todo da peli realmente. Como é unha actriz que teño visto en innumerables papeis distintos podo dicir que o fai moi ben... Unha peli escura e orixinal con pouco argumento e moita interpretación...
ca publicidade xa se pasan
Eu da publicidade que falades só vin algúns carteis na rúa, non sei noutros medios. De feito, o exceso desta, en min crea efecto rebote. Menos mal que neste caso non me decatei dela... Pero na miña opinón a mellor publicidade para unha película ou un libro é o boca a boca. Convénceme máis unha recomendación de alguén coñecido que un anuncio. E dito isto, totalmente aconsellable vela, a min enganchoume case dende o principio.
ResponderEliminarNa miña maneira de ver, este tipo de películas nas que case todo o peso recae practicamente nunha soa persoa, conleva moito risco, pode saír unha actuación magnífica ou ser un fiasco. Neste caso é a primeira opción: Natalie Portman está simplemente xenial, non quero poñer "spoilers" pero borda o papel. A banda sonora é perfecta, aínda que nesta temática non podía ser doutra maneira. E pouco máis que dicir, das candidatas ao Oscar que vin (das 10 candidatas só me faltan 2), esta máis "Inception" son as que máis me gustaron con diferencia.
En canto á peza de ballet, parte da historia si a coñecía, o que non sabía é que hai máis dun final... curioso dato. A min a parte musical gústame moito, en especial a intensidade do final.