jueves, 27 de enero de 2011

UN POUCO DE LITERATURA...

Séchu Sende:
Ten publicado o libro de poesía Odiseas, 1998, Letras de Cal e a
novela Orixe, 2004, Galaxia.
Como profesor de lingua e literatura ten rodado cos seus alumnos e alumnas varios filmes, entre os que destacan A ghaliña de raza loba (Carral, 2002) e Papamoscas (Vila de Cruces, 2006).
Socio da Cooperativa Tagen Ata, Lingua e Comunicación, como sociolingüista está a preparar un "Método de autohipnose para falar galego", así
como un "Estudo Sociolingüístico da Mocidade baixo os efectos das drogas".
Se vedes pintadas nos caixeiros automáticos ou unhas camisolas coa lenda "Eu nunca serei yo", que saibades que é un verso seu.
A súa última obra, Made in Galiza (Galaxia, 2007), libro de relatos rebeldes, mineralizantes e supervitaminantes.

Test de afectividade: a literatura e ti

1. Recordas onde coñeciches o último libro do que te namoraches?
a. Claro.
b. E ten que ser o último?
c. Puff...

2. Se o teu mozo ou moza che pide que lle leas un poema...
a. Que guai.
b. Prefires outro tipo de vicios...
c. Cambias de mozo ou moza.

3. É certo que os varóns que len habitualmente teñen mais espermatozoides
per capita?
a. Si.
b. Non.
c. Ns. / nc.

4. Que palabra elixirías para rimar nun soneto con poeta?
a. Peta.
b. Caldeireta.
c. Ornitorrinco.

5. Podes facer cola durante unha hora antes de que empecen as rebaixas...
a. Diante dunha libraría.
b. Diante dunha tenda de roupa.
c. Nunca.

6. As mulleres len máis que os homes...
a. Como moitas outras cousas.
b. Así lles vai (aos homes)
c. Pero saben menos de fútbol.

7. Que significa en éuscaro “Kulturan sakonago orduan eta askeago”?
a. Sé cult@ para ser libre.
b. Quérote, meu amor.
c. Un pincho de tortilla, por favor.

8. Na túa mesiña de noite non pode faltar...
a. Un libro.
b. Condóns.
c. Unha postal da virxe María.

9. Canto tempo les ao día...
a. Menos do que gustaría.
b. Máis do que gustaría.
c. Máis ou menos.

9. Tiveches algunha experiencia sexual con algún libro na mao?
a. Si.
b. Non.
c. Eink?

RESULTADO:
1. Maioría de a: Parabéns!, os libros e ti sodes a parella perfecta! Por moitos
anos!

2. Maioría de b: En fin, podía ser mellor... Os libros e ti tédesvos cariño
aínda que, seguramente a raíz dalgunha mala experiencia, existen pequenos
problemas entre vós que tal vez deberiades solucionar.

3. Maioría de c: Existen moitas desavinzas entre a literatura e mais ti,
tedes que dialogar e descubrir os vosos problemas. Deberías pór mais da
túa parte se non queres ser un desgraciado lector, ou lectora, o resto da
túa vida. Non esquezas que sempre hai un libro agardando por ti.

Infoxove número 4, agosto de 2006

6 comentarios:

  1. facede o test deste autor e aer que vos sae...no case do da xe creo q o podemos deducir...

    ResponderEliminar
  2. Pois deduce deduce e despois dijoche se acertaches... xD

    ResponderEliminar
  3. maior de A...anque nalgunhas seguro q non escolliches á, coma a da experiencia sexual co libro ou a de que tes á virxe maría na mesita...seguro!jajajaja

    ResponderEliminar
  4. Bueno acertaches en todo, menos no da virxe maría... xD

    As miñas respostas son...

    1. A
    2. B
    3. C
    4. A
    5. C
    6. A
    7. A
    8. A
    9. A
    10. B
    (10 non 9 como tes posto ti... xD)

    ResponderEliminar
  5. sacando defectos....aaai...jajaja acertei sí...e que parece q a enquisa foi feita pa tí...jajaja

    ResponderEliminar
  6. Comezando co meu propósito de comentarios concisos en... 3, 2, 1... xD

    Eu creo que ás e aos que lemos e comentamos o blog nos vai saír maioría de "a", pero é que neste caso en concreto non é nada complicado vendo as outras opcións.

    ResponderEliminar