...
Contan os vellos que, Agenor (rei de Phoenicia) tiña unha filla moi fermosa chamada Europa. Para protexer a pureza da rapariga, foi apartada onde ningún varónde mente sucia puidera poñela en perigo. Un dia soleado estaba Europa na compaña das súas doncelas polos verdes prados de seu pai cando víu un vigoroso touro branco. Que ademais era manso! asi que a princesa decidíu montar no seu lombo... (esto dío a lenda non o engadín eu)...
Resultou que o touro era o mesmo Zeus disfrazado, e con Europa ó lombo dirixiuse ó mar, cruzando a nado o Mediterráneo levou á princesa a Creta e alí desveloulle a súa identidade.
Ahí Minos construíu o gran palacio de Knossos, onde se celebrou por primeira vez a tauromaquia.
Volvendo ás estrelas, a constelación representa a cabeza do touro e as patas de diante, pois o resto do corpo suponse que está sumerxido no mar... pero no ceo non leva a europa ó lombo senon ás pleiádes, que xa vos deberían de sonar.. e aquí entra outra lenda!!...
As pleiades eran 7 irmás e máis súa nai, eran hostigadas cada día por Orión (cousa que se ve todalas noites, en canto aparecen as pleiádes polo Horizonte por detrás sae Orión incansable toa a noite detrás delas). As pleiádes suplicaron ó sdeuses e apareceu Zeus na súa forma de touro, elas subiron ás costas do animal, o cal cos seus enormes cornos enfrentou a Orión, o cal retrocedeu... pero non se deu por vencido...
Sobre Zeus e a forma de touro hai innumerables lendas...case todas teñen que ver coas infidelidades deste deus que se convertía neste animal para perseguir algún amorío sen que o visen...
Asi me gusta, temática infalible: mitoloxía!!! xD
ResponderEliminarO feito de que en todalas lendas Zeus adopte a forma dun touro para conquistar a raparigas inocentes é moi recurrente... o que me leva a unha das miñas disparatadas e innecesarias interpretacións: suponse que é mitoloxia, e entón suponse que non son reais, pero... e sen ter en conta a idade das numerosas conquistas amorosas de Zeus (digo porke as rapaciñas soelles molar o + chulandron no lugar)... a figura do touro, non sei, eu se fose muller non me poñería moito, de feito sería zoofilia... unha vez que adopta forma humana e confesa ser Zeus, pois bueno, ainda que non sea moi guapo, seguro que é o que ten o coche máis grande do Panteón, por ser o xefe máis que nada, jajajaja...
Non se me enfade ArreDemo, nin as mulleres ke se pasen por aqui... era pa non poñerlle a típica liña de comentario: Moi interesante, está moi ben, sigue asi... e cambiar algo, xD
Si... a verdade que sempre adoitamos poñer o mesmo, pero é que é certo, a min gústanme moito e resúltanme moi curiosos e entretidos. Tamén pode ser que sexa aburrido ler sempre o mesmo tipo de comentarios, si, non me decatara diso, de feito non me parara a pensalo.
ResponderEliminarO que tamén é recurrente é que sexa na maior parte dos casos o "home" o que teña a iniciativa e elas limítanse a deixarse conquistar, co "modernos" que eran para algunhas cousas pero para outras... Ademais o tema sexual fomenta a maioría destas lendas e nós as lemos e comentamos, isto non é un pouco de cotilleo?? xD
supoño que touro é sinónimo de forte e vigoroso enton por eso a metáfora...digo eu...os vosos comentarios están ben non vos preocupedes...que se non é por vós...jajaja
ResponderEliminaragora que acabei os exames variarei mais ...e que a mitoloxia era o que menos tempo me levaba