sábado, 15 de enero de 2011

ESCORPIO

A constelación de escorpio ou escorpión representase unida á de Libra, a cal é recente en certa maneira pois foron os romanos quenes a imaxinaron.

Escorpio ten orixe na lenda de Orión (que ten varias versións por certo)...
Resulta que Orión o forte cazador con tabletiñas de chocolate por abdominales tivo un arrebato de celos, e debeu ser grave porque lle deu por arrancarse o ollos, e mentres vagaba ás apalpadas polo ceo pisou un escorpión que o picou e lle provocou a morte.

Os deuses elevaron a Orión e ó escorpión ós ceos, pero para prevenir colocáronos en extremos opostos na bóveda celeste, de forma que cando o escorpión sae polo horizonte Orión agóchase fuxindo do animal que o matou.


Outra versión di que Orión intentou abusar carnalmente de Artemis (a lúa) posto que andaba soliña polo monte a horas intempestuosas cando él ía de caza...e iso é moi tentador! no seu afán por defenderse Artemis ,vendo que tiña as de perder pideulle axuda a un escorpión,que andaba por alí ,quen picou ó fornido Orión e a salvou. En agradecemento a Lúa colocou ó escorpión nos ceos. ( Non sei porque me da que esta é a versión sudamericana...)

3 comentarios:

  1. E vostede nunca viu os Cabaleiros do Zodiaco??? porque vendo o visto destes artigos seguro lle ia a molar... jajajaja

    A lenda de Orión ten varias versións, logo polo tanto eu vou facer varias interpretacións:

    - Na 1º: vese que Orión é un tipo "mazas" con pouco siso aínda por encima, e para acabar de rematalo rematadamente torpe... xD

    - Na 2º: é o típico machito machista que se cree que pode coller o que lle veña en gana...

    Asi que eu kedome coa segunda, nunca ven mal un pouco de xustiza divina contra o maltratador... xD, polo que eu titularía este artigo: "Mitoloxía astrolóxica con moraleja", jajaja...

    P.D.: vaiame preparando un premio por ser sempre o primeiro en comentarlle os artigos... xD

    ResponderEliminar
  2. si non??? un pichifly ou?? jajaja asi me gusta que te impliques na historia!!

    si si si se non é por ti....jajaja

    ResponderEliminar
  3. Moi interesante o ceo, coma sempre, a verdade é que as lendas, coa gran cantidade que hai delas, resultan moi curiosas. Pero un feito que se repite de maneira bastante recurrente é que os seres de xénero masculino se intenten sobrepasar coas do feminino. Menos mal que ao final dunha maneira ou doutra reciben un castigo senón...

    ResponderEliminar