viernes, 28 de enero de 2011

AS FORMAS NA TELEVISIÓN

Este artigo deriva dunha discusión-debate sobre as formas, e nunca mellor dito, que emregan os "comunicadores" en televisión... O tema foi a canle de Intereconomía, recente no menú televisivo con grandes debates sobre política e catolicismo... Anque eu creo que á marxe dos datos económicos e da seriedade que publicitan a "fama" veulles dada polos conflictos con outros programas,(e non só da Sexta), así como polas faltas de respeto proferidas polos colabores...
Como hai quen di que estou enganada, que tales espectáculos lamentables non puideron ser emitidos en tal canle adxunto algún dos espectáculos... Os poucos que puiden ver dende o meu televisor antes de que o meu sentido común me obrigara a cambiar non os puiden topar, pois a cadena foi obrigada a eliminar moitos destes videos pola linguaxe empregada...( http://www.intereconomia.com/blog/toda-hora/no-nos-dejan-insultar )



(disculpouse posteriormente o "tertuliano" e a cadena foi sancionada)



Poruque teñen algunha que outra muller nos programas senon isto leva a calquera a pensar que son misóxenos. Como muller sintome tremendamente indignada con escenas coma esta.



definición da RAE:
insultar. (Del lat. insultāre, saltar contra, ofender).
1. tr. Ofender a alguien provocándolo e irritándolo con palabras o acciones.
2. tr. desus. Dicho de una enfermedad: Atacar, acometer.

ofender. (Del lat. offendĕre).
1. tr. Humillar o herir el amor propio o la dignidad de alguien, o ponerlo en evidencia con palabras o con hechos.
2. tr. Ir en contra de lo que se tiene comúnmente por bueno, correcto o agradable. Ofender el olfato, el buen gusto, el sentido común.
3. tr. desus. Hacer daño a alguien físicamente, hiriéndolo o maltratándolo.
4. prnl. Sentirse humillado o herido en el amor propio o la dignidad.



Ah! e a transexualidade sí existe, e sí está recoñecida no noso ordenamento, desde a recomendación europea de 1989 os Estados membros tiveron que regular esta situación, nun principio admitíase a operación de cambio de sexo en determinados supostos obedecendo a razóns máis ben de saúde e médicas. Na actualidade para someterse a unha reasignación de sexo (cambiar o que aparece no DNI e no rexistro civil) é necesario someterse á operación de reasignación ( que xa é elección libre de cada un) e despois solicitalo xudicialmente.

Dise que a televisión é o reflexo da sociedade actual, está claro que a educación cada vez é máis pobre e a cultura cada vez nos interesa menos, interesan máis os segredos de alcoba dos famosos... Este artigo versa sobre Intereconomía pero en xeral poucas canles e emisoras se libran...Sí deberían obrigar ós medios a empregar un certo "protocolo" á hora de expresarse sen incentivar máis os galiñeiros nos que se falta o respeto por sistema.
Máis alá do alarde político dos medios o que se debería fomentar sería a cultura en xeral.

5 comentarios:

  1. Sinceramente, para aqueles que teñan só un par de dedos de frente creo que estes paisanos deste pésimo canal xa se deixan claramente en evidencia (e aínda o siguen a facer)...

    PD.: non é ke non teña gana nin sepa ke poñer, pero paso de lanzar palabras malsoantes contra estes impresentables... xD

    ResponderEliminar
  2. estaría ben que nos dixeras porque opinas iso... a min recomendáronme que vira os xoves a Mario Conde para poder opinar, que seica á moi bo orador...anque como agora á Abogado do Estado (carreira q sacou no cárcere) ten unha oratoria moi propia do gremio, e por agora non o vin insultando a ninguén...
    anque se bos son sincera o canal en sí teño relegado ós últimos números do tdt no medio dos da teletenda...

    ResponderEliminar
  3. ¿Non chega con que non sexan capaces de dar unha opinión sen insultar...?

    ¿Non chega que se dediquen a defender o indefendible, basándose en argumentos tan tristes como enfermedades ou trastornos psicolóxicos, porque son incapaces de ser un pouco máis abertos de miras...?

    Comezando pola ideoloxía que defenden como se lles fose a vida nelo (eu son diestro que non dereitista... xD) e rematando cos centos de persoas que virán e estarán dacordo con estos personaxes prefiro non opinar sobre tamaña mostra de estupidez humana... jajajaja

    ResponderEliminar
  4. mandeille este artigo por correo á persoa que o motivou...se me chega aresponder algo interesante igual o poño...Anque todo o oriente á política, cousa que non me interesa o máis mínimo...

    Moi ben Señor da xe, así me gusta, mollándose!

    ResponderEliminar
  5. A min o que me parece realmente penoso é que haxa xente que sexa capaz de escoitalos máis dun minuto seguido sen indignarse e pensar como algo así se pode emitir no país. Vai en contra de todos os dereitos, insultan gravemente a todos os que non pensen coma eles, humillan aos habitantes doutros países que non tiveron a "sorte" de nacer nun suposto primeiro mundo. E moitas veces penso vendo cousas así que eles co pouco que teñen e a pesares de que "non saiban ler" (indignoume moitísimo o do condón) son moito máis educados e respetuosos que estes (non sei como lle chamar) que saen na televisión e presumen dunha ensinanza en grandes e prestixiosos colexios. Se isto é o que se consideran ideas e pensamentos a seguir, non, grazas.

    ResponderEliminar