lunes, 31 de enero de 2011

UNHA DE PUBLI !

Só adxunto algúns pois hai centos...A ver cales vos gustan máis:









Top 11 español:





Eu creo que este é dos máis míticos por excelencia, xa ían sendo horas de anuncios "para o xénero feminino"...:

viernes, 28 de enero de 2011

AS FORMAS NA TELEVISIÓN

Este artigo deriva dunha discusión-debate sobre as formas, e nunca mellor dito, que emregan os "comunicadores" en televisión... O tema foi a canle de Intereconomía, recente no menú televisivo con grandes debates sobre política e catolicismo... Anque eu creo que á marxe dos datos económicos e da seriedade que publicitan a "fama" veulles dada polos conflictos con outros programas,(e non só da Sexta), así como polas faltas de respeto proferidas polos colabores...
Como hai quen di que estou enganada, que tales espectáculos lamentables non puideron ser emitidos en tal canle adxunto algún dos espectáculos... Os poucos que puiden ver dende o meu televisor antes de que o meu sentido común me obrigara a cambiar non os puiden topar, pois a cadena foi obrigada a eliminar moitos destes videos pola linguaxe empregada...( http://www.intereconomia.com/blog/toda-hora/no-nos-dejan-insultar )



(disculpouse posteriormente o "tertuliano" e a cadena foi sancionada)



Poruque teñen algunha que outra muller nos programas senon isto leva a calquera a pensar que son misóxenos. Como muller sintome tremendamente indignada con escenas coma esta.



definición da RAE:
insultar. (Del lat. insultāre, saltar contra, ofender).
1. tr. Ofender a alguien provocándolo e irritándolo con palabras o acciones.
2. tr. desus. Dicho de una enfermedad: Atacar, acometer.

ofender. (Del lat. offendĕre).
1. tr. Humillar o herir el amor propio o la dignidad de alguien, o ponerlo en evidencia con palabras o con hechos.
2. tr. Ir en contra de lo que se tiene comúnmente por bueno, correcto o agradable. Ofender el olfato, el buen gusto, el sentido común.
3. tr. desus. Hacer daño a alguien físicamente, hiriéndolo o maltratándolo.
4. prnl. Sentirse humillado o herido en el amor propio o la dignidad.



Ah! e a transexualidade sí existe, e sí está recoñecida no noso ordenamento, desde a recomendación europea de 1989 os Estados membros tiveron que regular esta situación, nun principio admitíase a operación de cambio de sexo en determinados supostos obedecendo a razóns máis ben de saúde e médicas. Na actualidade para someterse a unha reasignación de sexo (cambiar o que aparece no DNI e no rexistro civil) é necesario someterse á operación de reasignación ( que xa é elección libre de cada un) e despois solicitalo xudicialmente.

Dise que a televisión é o reflexo da sociedade actual, está claro que a educación cada vez é máis pobre e a cultura cada vez nos interesa menos, interesan máis os segredos de alcoba dos famosos... Este artigo versa sobre Intereconomía pero en xeral poucas canles e emisoras se libran...Sí deberían obrigar ós medios a empregar un certo "protocolo" á hora de expresarse sen incentivar máis os galiñeiros nos que se falta o respeto por sistema.
Máis alá do alarde político dos medios o que se debería fomentar sería a cultura en xeral.

jueves, 27 de enero de 2011

UN POUCO DE LITERATURA...

Séchu Sende:
Ten publicado o libro de poesía Odiseas, 1998, Letras de Cal e a
novela Orixe, 2004, Galaxia.
Como profesor de lingua e literatura ten rodado cos seus alumnos e alumnas varios filmes, entre os que destacan A ghaliña de raza loba (Carral, 2002) e Papamoscas (Vila de Cruces, 2006).
Socio da Cooperativa Tagen Ata, Lingua e Comunicación, como sociolingüista está a preparar un "Método de autohipnose para falar galego", así
como un "Estudo Sociolingüístico da Mocidade baixo os efectos das drogas".
Se vedes pintadas nos caixeiros automáticos ou unhas camisolas coa lenda "Eu nunca serei yo", que saibades que é un verso seu.
A súa última obra, Made in Galiza (Galaxia, 2007), libro de relatos rebeldes, mineralizantes e supervitaminantes.

Test de afectividade: a literatura e ti

1. Recordas onde coñeciches o último libro do que te namoraches?
a. Claro.
b. E ten que ser o último?
c. Puff...

2. Se o teu mozo ou moza che pide que lle leas un poema...
a. Que guai.
b. Prefires outro tipo de vicios...
c. Cambias de mozo ou moza.

3. É certo que os varóns que len habitualmente teñen mais espermatozoides
per capita?
a. Si.
b. Non.
c. Ns. / nc.

4. Que palabra elixirías para rimar nun soneto con poeta?
a. Peta.
b. Caldeireta.
c. Ornitorrinco.

5. Podes facer cola durante unha hora antes de que empecen as rebaixas...
a. Diante dunha libraría.
b. Diante dunha tenda de roupa.
c. Nunca.

6. As mulleres len máis que os homes...
a. Como moitas outras cousas.
b. Así lles vai (aos homes)
c. Pero saben menos de fútbol.

7. Que significa en éuscaro “Kulturan sakonago orduan eta askeago”?
a. Sé cult@ para ser libre.
b. Quérote, meu amor.
c. Un pincho de tortilla, por favor.

8. Na túa mesiña de noite non pode faltar...
a. Un libro.
b. Condóns.
c. Unha postal da virxe María.

9. Canto tempo les ao día...
a. Menos do que gustaría.
b. Máis do que gustaría.
c. Máis ou menos.

9. Tiveches algunha experiencia sexual con algún libro na mao?
a. Si.
b. Non.
c. Eink?

RESULTADO:
1. Maioría de a: Parabéns!, os libros e ti sodes a parella perfecta! Por moitos
anos!

2. Maioría de b: En fin, podía ser mellor... Os libros e ti tédesvos cariño
aínda que, seguramente a raíz dalgunha mala experiencia, existen pequenos
problemas entre vós que tal vez deberiades solucionar.

3. Maioría de c: Existen moitas desavinzas entre a literatura e mais ti,
tedes que dialogar e descubrir os vosos problemas. Deberías pór mais da
túa parte se non queres ser un desgraciado lector, ou lectora, o resto da
túa vida. Non esquezas que sempre hai un libro agardando por ti.

Infoxove número 4, agosto de 2006

sábado, 22 de enero de 2011

TAURUSSS

Unha constelación moi visible neste mes de Xaneiro é a de Tauro, unha das mais antigas e témola sorte de que se atopa no Hemisferio norte da bóveda celeste, anque se sitúa sobre o mar...Pero centrándonos nas lendas novelescas que tanto semellan gustarlle ó da Xe.....
...
Contan os vellos que, Agenor (rei de Phoenicia) tiña unha filla moi fermosa chamada Europa. Para protexer a pureza da rapariga, foi apartada onde ningún varónde mente sucia puidera poñela en perigo. Un dia soleado estaba Europa na compaña das súas doncelas polos verdes prados de seu pai cando víu un vigoroso touro branco. Que ademais era manso! asi que a princesa decidíu montar no seu lombo... (esto dío a lenda non o engadín eu)...

Resultou que o touro era o mesmo Zeus disfrazado, e con Europa ó lombo dirixiuse ó mar, cruzando a nado o Mediterráneo levou á princesa a Creta e alí desveloulle a súa identidade.

Ahí Minos construíu o gran palacio de Knossos, onde se celebrou por primeira vez a tauromaquia.

Volvendo ás estrelas, a constelación representa a cabeza do touro e as patas de diante, pois o resto do corpo suponse que está sumerxido no mar... pero no ceo non leva a europa ó lombo senon ás pleiádes, que xa vos deberían de sonar.. e aquí entra outra lenda!!...

As pleiades eran 7 irmás e máis súa nai, eran hostigadas cada día por Orión (cousa que se ve todalas noites, en canto aparecen as pleiádes polo Horizonte por detrás sae Orión incansable toa a noite detrás delas). As pleiádes suplicaron ó sdeuses e apareceu Zeus na súa forma de touro, elas subiron ás costas do animal, o cal cos seus enormes cornos enfrentou a Orión, o cal retrocedeu... pero non se deu por vencido...

Sobre Zeus e a forma de touro hai innumerables lendas...case todas teñen que ver coas infidelidades deste deus que se convertía neste animal para perseguir algún amorío sen que o visen...

sábado, 15 de enero de 2011

ESCORPIO

A constelación de escorpio ou escorpión representase unida á de Libra, a cal é recente en certa maneira pois foron os romanos quenes a imaxinaron.

Escorpio ten orixe na lenda de Orión (que ten varias versións por certo)...
Resulta que Orión o forte cazador con tabletiñas de chocolate por abdominales tivo un arrebato de celos, e debeu ser grave porque lle deu por arrancarse o ollos, e mentres vagaba ás apalpadas polo ceo pisou un escorpión que o picou e lle provocou a morte.

Os deuses elevaron a Orión e ó escorpión ós ceos, pero para prevenir colocáronos en extremos opostos na bóveda celeste, de forma que cando o escorpión sae polo horizonte Orión agóchase fuxindo do animal que o matou.


Outra versión di que Orión intentou abusar carnalmente de Artemis (a lúa) posto que andaba soliña polo monte a horas intempestuosas cando él ía de caza...e iso é moi tentador! no seu afán por defenderse Artemis ,vendo que tiña as de perder pideulle axuda a un escorpión,que andaba por alí ,quen picou ó fornido Orión e a salvou. En agradecemento a Lúa colocou ó escorpión nos ceos. ( Non sei porque me da que esta é a versión sudamericana...)

miércoles, 5 de enero de 2011

UN POUCO DE LITERATURA...

Que despois non vaian dicindo...

Por Iago Mouriño
Fagamos un experimento. Entra nun centro comercial. Faino mentalmente, se non queres que os gardas de seguridade acaben por coñecerte como o friqui que vén ao hipermercado lendo un boletín literario. E non só iso.
O acto de ler case sempre é recomendábel, agás cando camiñas por unha zona pública e te arriscas a meterte un soberano ananazo –piñazo en versión normativa– co primeiro ou primeira que pase. Se se dá o caso, invita a involuntaria vítima a un café. Quen sabe. Pode ser o comezo de algo
máis que unha fermosa amizade. De ser así, envía un correo electrónico á dirección deste boletín pregando que, por favor e con urxencia, contacten comigo para comunicarme que a táctica funciona.
Vai ata a sección de libros. Se tés sorte verás que está organizada dun modo curioso á par que práctico. Maticemos algo sobre a súa situación.
Hai un hipermercado en Lugo no que os libros están ao lado da panadería. Ao principio era incapaz de comprender a que raio se debía iso, ata que pouco despois me devolveron con manchas de chourizo algúns libros emprestados. Ler un bo libro e papar un graxento bocata no
mesmo sofá é pracenteiro. E incómodo. Fíxate agora na clasificación. O habitual é que estean colocados por guetos, de modo que cada afeccionado pode marxinar aqueles que non lle interesan. Exemplo: literatura galega, literatura española, terror, suspense, romántica, cómic, infantil.
Vexo dúas implicacións negativas.
A primeira, en contra do que algún pureta poida estar pensando, é supor que todo o que non sexa escrito na comunidade ou no país non é literatura. Aquí é onde mesturo a miña condición de músico coa de lector e, do mesmo modo que entendo que todo aquilo que teña unha intención
rítmica e melódica, á marxe da súa complexidade ou ausencia da mesma, é música, quero tamén pensar que todo aquilo que responda ás estruturas convencionais do que se considera literatura (formar parte dalgún dos xéneros, ou de varios, e ao mesmo tempo ter en conta as normas
deses xéneros para respectalas ou rompelas, nos mesmos parámetros de simplismo ou complexidade) é literatura. Vamos, que son un sacrílego.
E como tiro de graza declaro publicamente que me gustan Dan Brown e Stephen King. Deixa de ler durante un intre. Estás escoitando barullo de ambulancias. Tranquilo. A cincuenta e dous profesores de literatura e a corenta e sete críticos acaba de darlles un infarto múltiple.
Podes continuar.
A segunda implicación é o erro de dar por sentado que na literatura da casa non hai posíbel clasificación por temática. Falso. Fole é á literatura galega o que Poe á americana. Reigosa non lle ten nada que envexar a Chandler. Suso de Toro e as súas Trece Badaladas seguen os mesmos
derroteiros que O Código da Vinci. Xurxo Borrazás é o xemelgo de Easton Ellis; Alvite, de Bukowsky; Camilo Gonsar, de Paul Auster; ao tempo que Risco e Woody Allen só se diferencian na idiosincrasia. Paco Martín ofrécenos en Historias para ler á noite unha serie de relatos de
terror dentro do cotián (como Stephen King. Sacrilexio! Á fogueira!).
Cabana e Cunqueiro comparten o cargo de ser os nosos Tolkien. E o lalinense Gonzalo Navaza, (toca barrer cara a casa), dispón en Erros e tátanos unha serie de contos con tan mala uva como Roald Dahl na antoloxía Muá, Muá (en galego en Ed. Ir Indo). A Esmorga de Blanco Amor deixa o mesmo gusto malsán que unha novela de Hunter S. Thompson, e os Soños Eléctricos de Caride Ogando demostran que temos un William Gibson de noso. Estes e outros símiles son un claro exemplo de que os nosos escritores son quen de estar presentes coa mesma dignidade na literatura e no mercado. A cultura non pode ser unha burbulla pechada de erudición intelectualoide. Se a literatura se fai accesíbel ao público, o público tamén se fará accesíbel á literatura.


Infoxove número 6, outubro de 2006

martes, 4 de enero de 2011

AS CUADRÁNTIDAS!!

De novo unha chuvia de estrelas!!! de alta actividade e que se pode ver en todo o mundo, os días de máis actividade son do 1 ó 5 deste mes. Levan ese nome debido a unha consteación xa extinta e emanan dunha chamada Boyero.












Dise que é a mellor chuvia do ano.
Dónde se orixinan os meteoritos??

As partículas provenñn dos cometas e os asteroides. O impacto sobre un asteroide ou o paso dun cometa cerca do Sol, libera moitas partículas, y éstas continúan desplazándose na órbita do seu proxenitor. Se nalgún punto da sua traxectoria o cometa, ou o asteroide, cruzan á órbita da Terra, seguramente as suás partículas se precipitarán á atmósfera producindo unha chuvia de estrellas.


¿Que é un cometa?
Os cometas son pequenos corpos de xeo e pó que orbitan ó redor do sol; reciben pouca luz do sol polo que están conxelados e cada vex que se aproximan ó astro rei erosionanse e o materil dispérsase ó longo da órbita do cometa deixando ese "rabiño" á vista.