sábado, 30 de octubre de 2010

VERSUSSS

Xa había tempo que non incluía un desses versus parrafeiros...jajaja pero este xa hai que o tiña no maxín...coma sempre o intento é de facer un versus orixinal...A ver se vos gusta.
Nesta volta trátase de cancions ou bandas sonoras de series de anime....













Espero que vos gustase algunha, podedes ver a "animeación" dalgun personaxe real jaja inicialmente tamen incluín a do segundo grupo pero eliminei varios videos por non vos saturar.

martes, 26 de octubre de 2010

CRÁTERES....

Como imaxinaredes, a Terra, como planeta o sistema solar ten sufrido alguna que outra desventura polo impacto de meteoritos. Un cráter famoso é o de Manson, Iowa, era o que se dicía que acabara cos dinosaurios, anque investigación posteriores descartaron esta hipótese.
Fai 2,5 millons de anos que se produxo este cráter, polo que xa está demasiado erosionado, as chuvias e condicións climatolóxicas enchérono de barro. Pero tamén é certo que só nun día claro se pode ver o borde contrario do mesmo. Aló polos 80 a zona recibía grandes masas de turistas actualmente marchan decepcionados en canto se percatan de que non hai nada que ver.
Un famoso xeólogo, Eugenio Shoemaker, deuselle por estudar estes fenómenos. Foi visitar o cráter de Arizona, do que se pensaba que a sú formación se debía a unha explosión subterránea de vapor, de carácter volcánico. Chámase cráter de Barringuer en honor ó seu descubridor, que adicou parte da súa vida a buscar o que impactara pois creía que eran materiais preciosos que o ían volver rico.
Shoemaker comezou a apaixonarse polas explosións , e impactos tanto da Terra coma da Lúa, e xunto co seu amigo David Levy estudaron o sistema solar. Unha vez ó mes ían a un observatorio a buscar asteroides que atravesasen a nosa atmósfera… Quedaron abraiados . Ahí fóra pintaba algo máis perigoso do que se podía pensar…

“”Se dice que un objeto de cien metros, no podría detectarse con ningún telescopio con base en la Tierra hasta que estuviese a solo unos días de nosotros. Hay una fascinante analogía que dice que el número de personas buscando asteroides no pasa de lo que sería el número de empleados de un restaurante de McDonald.””

No canon dun monte italiano chamado Botaccione apareceu unha liña de arcilla rojiza, alá se foi un tal Walter Alvarez a investigalo. Resulta que se trata de pó estelar, coa axuda de seu pai , físico nuclear, determiraron que ese pó (sería a desintegración dos obxetos que nos impactan) contiña elementos “exóticos” coma o Iridio.( A Terra acumula cada ano 30000 esférulas cósmicas de pó estelar!!)
Nesa liña toparon alto niveles de Iridio, o que lles fixo supor que o que impactara debeu de ser enorme. Cando comunicaron os resultados desta investigación, mandáronos a rascar os peciños, ¿¡que era iso de investigar sen licencia?!...para probar as súas conclusións precisaban unha zona de impacto, e aquí é onde reapareceo cráter de Manson e Shoemaker…
Como imaxinaredes hai uns cantos impactos máis no noso planeta e polo menos 20 na lúa. As teorías destes científicos acadaron solidez cando en 1994 os asteroides bombardearon Xúpiter e puideron comprobar os efectos deses impactos...

sábado, 16 de octubre de 2010

VENUS

Conta a lenda que Cronos morría de envidia por seu pai ,Urano ,e o trono que este posuía, asique planeou atacalo. Así o fixo, digamos que lle mutilou os xenitais, e cando éstes caeron no mar naceu Venus, a deusa do amor e a beleza. Suélese representar acompañada de Cupido ou cun espello na man (símbolo de vanidade).
Para os aztecas, Venus representaba a Quetzalcóatl, a serpe emplumada. Os aztecas sabían que este planeta se alineaba coas Pléiades e celebraban numerosos ritos cando esto ocorría.

Para os mayas,sen embargo, Venus era Kukulcan: patrón da guerra. As chemineas das súas construcción estaban diseñadas para que non poideran entran por elas a lu z de Kukulcan e facerlles mal.
Hoxe sabemos que Venus é un planeta que orbita ó redor do sol ( o único de órbita circular e non elíptica), que ten unhas fases semellantes á lúa e que tamén se lle chama "o lucero da tarde" porque é o primeiro en sair ó porse o sol, e como brila máis ca unha estrela sábese diferenciar ben.Tamén é o último que se ve polas mañás, de feito os chinos crían que eran dous astros distintos, un o que se apreciaba pola mañá e outro o da tardiña, e dábanlle distintos nomes. o Curiosamente a media noite non se ve.
Venus é o planeta xemelgo da Terra (a pesares de que a superficie de Marte sexa a que mais se parece á nosa)

viernes, 15 de octubre de 2010

LERCHOS DO ROCK


Resulta comun que os rockeiros famosos e os non tan famosos abusen de certas substancias... Pois resulta que seika o guitarrista dos Guns and roses tamén se inclinou por estas prácticas debido a que lle axudaban a calmar as súas paranoias e adiccións... A principios dos noventa tivo unha crise que lle levou a pensar que era perseguido por Predator, sí, o bicho ese... Rompeu a mampara da ducha na que se atopaba e saiu espido correndo e berrando por todo o hotel no que se atopaba, mesmo pola rúa.... Este incidente conlevou o ingreso de Slash nunha clínica de rehabilitación...que non deu demasiados resaultados...


Tarja Turunen a cantante que eclipsou ós de Nigthwish foi agredida sexualmente durante un concerto en México...un tío abalanzouse sobre ela mentres estaba no escenario, magreándoa intensamente. Logrouno burlando non se sabe cómo ós 15 gardas de seguridade que había daquel lado do escenario...bueno igual foi porque estaban babexando cara a cantante e sacando fotos moi ocupados... A pobre acabou o show cantando e chorando á vez. O tío foi detido. Creo que circula o video por inernet pero non o topei para poñervolo. Desde logo , a veces o da fama non resulta nada envidiable...

O cantante de Muse Matthew Bellamy declarou nalgunha ocasion que se sentía un pouco acosador polos fans...En especial por un home que visitaba con frecuencia o seu domicilio e lle deixaba poemas e obxetos raros na porta...Ë ben sabido que as letras do grupo tratan ás veces de cousas sobrenaturais e ó admirador deixaballe textos coas súas propias teorías sobre o apocalipse...


Investigadores de este blog chegaron á conclusión de que podería haber sido un galego ese admirador...e tendo en conta os libros que lee e a súa afición as sociedades secretas e tal...non queremos apuntar a ninguén pero as características físicas coinciden co señor da xe...ahí queda a cousa...

lunes, 11 de octubre de 2010

ALGUNHA QUE OUTRA PESIMA VERSION

Sí, dáseme ultimamente polas aberracions musicais...¿vós que opinades? q vos parecen?

Ia poñer un directo de acdc co cantante de Aerosmith pero non aportaba demasiado e paso...é máis relleno no escenario que outra cousa...

O orixinal:





A versión:








sábado, 9 de octubre de 2010

UN POUCO DE LITERATURA

AO REVÉS (II PARTE)

Hai un país onde hai crises contínuas que só lles afectan ós pobres. Hai un país onde estudiar non é garantía de aprobar unas oposición. Hai un país onde partidos demócratas defenden postulados totalitarios. Hai un país onde as tres cuartas partes dos enquisados din ver documentais por televisión, mentres que os audímetros din que a telerealidade e o famoseo barato son a opción do noventa por cento das familias. O cal quere dicir que nos avergoñamos de ser tan imbéciles e manipulables pero no fondo non facemos nada por evitalo.
Hai un país onde defendela propia identidade, a historia, a cultura e o idioma é un perigo nacional, mentres que detruílos é un acto de patriotismo. Hai un país onde reclamar una débeda histórica está malvisto por parte dos posibles beneficiados. Hai un país onde as campañas electorais gastan máis en publicistas que en politólogos e os partidos renovan con máis frecuencia a sú imaxe que as súas ideas.

Hai un país onde nas festas patronais a virxe ou o santo de turno só entra na igrexa cos compases dun himno extranxeiro (como se á figura de cera e madeira lle importase en absoluto o que se lle toque). Hai un país onde os relixiosos van a misa tódolos domingos e de luns a sábado extorsionan ós seu smepregados. Hai un país onde as conciencias son tan fáciles de lavar coma os cartos. Hai un país onde ao avance cultural se lle obriga a camiñar o mais lento posible pa a que as empresas poidan mellorar as súas tecnoloxías antes de deslocalizarse.

FIN TEÓRICO
(A partires de aquí pode reiniciala súa mente e seguir sorrindo. Creo que dan un especial de Lola Flores en Antena 3. A que agarda?. Acenda a televisión dunha puta vez!)

AS LÍNEAS DE NAZCA

A 450 km de Lima atópase o deserto de Nazca ,supoño que se alguén oiu falar das líneas de Nazca (Patrimonio cultural da Unesco)no primeiro que pensa son nas imaxes de animais que aparecen nos libros, arañas formigas o cachalote…pero hai mais ca iso…
Estamos falando de debuxos lineales visibles dende o ceo ,algún cunha lonxitude superior a un km realizados nas ladeiras, na area, nos cumes das monrañas aplanados, a mais e 600 metros de altitude e nunha extensión de 500m cuadrados…Houbo quen as intentou reproducir sen éxito, pois semellantes líneas rectas nesa orografía hoxe en dia sería imposible realizals sen os aparatos tecnolóxicos dos que disfrutamos.
¿Para qué son?¿quen as fixo? A data é incerta a pesares de se descubrir no século XV..Moitos intentaron dar explicacións ás liñas…que eran camiños, rutas relixiosas…Hay pouco unha alemana publicou que se trataban dun mapa do ceo, ou un horóscopo… Non falta a teoría dos extraterrestres, xa que semellan ofrendas dos humanos dirixidas ós ollos divinos, e tratase de figuras antropomórficas con grandes ollos e raras proporcións, algúns en actitude amenazante…outros son cabezas con longos tentáculos, cabezas ovoides….os pelos ou antenas simbolizan a luz que irradiarían…
A explicación máis lóxica sería a das ofrendas.
Desta cultura tamén se conservan bastante cerámica e petroglifos. O máis sorprendente é que se tratan de debuxos de antigüidade remota a antes de Cristo, que perduran no tempo moi ben definidos, apesares que no século pasado a tormenta que o “Neno” trouxo consigo provocou grandes choivas torrenciais, que non borraron as líneas senon que destaparon outras máis antigas…

sábado, 2 de octubre de 2010

UN POUCO DE LITERATURA:

AO REVÉS

Por Iago Mouriño

Hai un país dado a volta, revirado coma o bimbio duha cesta. Hai un país onde os políticos van ós enterros e os familiares quedan fóra da igrexa. Hai un país onde os terroristas queren dialogar e os gobernantes non os escoitan. Hai un país onde os que apoian ás familias prohíben os matrimonios e os cregos opinan sobre relación sexuais. Un país onde sae máis cara a viaxe dun ministro que a de sesenta e catro militares dun exército que leva armas automáticas para misións humanitarias.

Hai un país con tantos cartos que está habitado por pobres. Hai un país onde ós mariñeiros se lles pagou por non pescar e ós inspectores das súas respectivas ramas (tributaria, sanitaria, educativa) reciben apoios salariales por non inspeccionar. Hai un país que nas enquisas está á cabeza do consumo de coca e no último posto en educación (non é Noruega é exactamente o contrario).

Hai un país onde os que fan as estradas esixen que se lles vote. Hai un país onde se subvenciona a fricción ociosa de testículos cos cartos que lle sacan ós traballadores. Hai un país onde se pide o “si” para constitucións contradictorias que a ninguén se lle explican ( e non vai só pola segunda). Hai un país onde os que defenden o dereito á vivenda digna (ou carísima ou diminuta) viven en mansións. Hai un país onde as novas xeracións son reaccionarias e as xuventudes intransixentes.

Hai un país onde a cultura é cara e a vanalidade está a disposición pública. Hai un país onde a burocracia deseña os sistemas de denuncia para ir contra o denunciante. Hai un país onde o ignorante more de fartura e o culto de fame. Hai un país onde a educación pública só está ao alcance dos ricos. Hai un país onde os que máis infraccións cometen son os que menos multas pagan e os que máis rouban e os que menos tempo pasan no cárcere.

VIDEO DO MES: Cómo estropear unha canción...

as versions están a veces moi ben...só hai que consultar os artigos do señor da Xe e do da Z para comprobalo e topar de todo...
Pero o caso que presento...non hai por onde collelo...o vídeo case que é o de menos...¡¡¡pobre canción!!! se non me engano creo que ten detractores no Facebook que esixen que se prohíba como mínimo....jajaja

Vídeo orixinal:



Video desastre:




(non o topei ca imaxe de ppitingo...sintoo polos fans...)