sábado, 20 de febrero de 2010

ultima de vampiros ...e rematei!!!

...Para poñer fin a miña saga vampírica particular (xa non vos torturo máis, pero o certo é que nin eu me esperaba topar tanta información interesante), citar un par de personaxe máis que me pareceron interesantes…Así como invitar ó señor da Xe a que nos faga unha reseña do libro “La historiadora” de Elizabeth Koslova… (se tan solicitado señor gusta, invitado queda)…

MUSICA PARA AMENIZAR A LECTURA:
non é moi axeitado ó tema, pero encántame....



GUILLES DE RAIS
Este aristócrata francés do séculoXV, loitou nos anos finales da Guerra dos Cen anos xunto con Juana de Arco. Buscaba no sangue o segredo da pedra filosofal, para o que precisou tortura e matar a uns 300 nenos durante 8anos ata que foi capturado, procesado e ejecutado no 1440.

VLAD TYPES


O que máis nos sona, é o que inspirou a Drácula. Vlad Dracul (“fillo do dragón”) Principe de Valaquia no s.XV tamén é coñecido como o empalador…pero empecemos a historia polo principio… O parecer foi educado en Transilvania, no cristianismo pero aló polo 1444 cando só tiña 13 anos seu pai deixouno de refén en poder dos turcos, como promesa de que non os ía atacar…promesa que non tardou en romper, poñendo en perigo ó seu propio fillo, ó que tiñeron prisioneiro durante anos, sen maiores represalias.Ë considerado por moitos rumanos heroe nacional por haber intentado liberar a Valaquia, Moldavia e Transilvania da invasión turca. Posiblemente o desarraigo familiar e as penurias que pasou, contribuíran a fortalecer ese espítito de forte guerreiro, moi temido polas tropas do sultán Mehmed o Conquistador. Pero no 1462 é vencido e debe refuxiarse en Hungría, donde é novamente prisioneiro.

Nunca ocasión que estaba de moi mal humor, a súA amante, para animalo, dille que está preñada… pero o certo é que Vlad non quería ó seu redor ningún herdeiro que pudiera desafiar o seu poder…Asi que colleu un coitelo e abreuna en canal…(Seu pai conseguira reinar a pesares de ser fillo ilexítimo, polo que él intentaba evitar todo fillo posible)

Nas súas loitas apresaba opositores, ós que empalaba nunha estaca de madeira…tamén se di que os queimaba ou desollaba vivos…Un profesor que tiven (Fito) sostiña que Vlad se inclinaba máis polo empalamento por ser máis cruel xa que ó “meter polo…ejem” unha estaca non se danaban órganos vitais, anque sí se producía unha dor insufrible e un desangramento lento...Incluso as engrasaba previamente e lles puña as víctimas algo na boca, para que non puideran suicidarse por afogamento ó morder a lingua. Empalábaos en lugares visibles, incluso no seu xardín, para atemorizar ó resto. Estímase que o número das víctimas oscilan entre 50.000 e 100.000.Dise que organizaba ceas diante dos empalados, que mataba tamén a inválidos e mulleres promiscuas... A un ladrón que caeu nas súas mans coceuno e deullo de comer ós seus concidadáns… Tamén se dicía que tiña poderes necrománticos, que por iso gañaba tantas batallas, pero fora o que fora acabóuselle na batalla do 1476 na que Vlad se vestíu co uniforme turco para infiltrarse nas instalacións, pero os seu propios soldados non o recoñeceron e matárono, para rematalo, os turcos cortáronlle a cabeza e exhibírona no castelo Topkapi de Estambul.



4 comentarios:

  1. por motivos técnicos tiven que eliminar a segunda parte do dos vampiros para publicar este...a data non se corresponde ca publicacion...debería ser...8de marzo2010

    ResponderEliminar
  2. un artigo un pouco macabro.... Estes tipos non tinhan moito sentido do humor non? jajajaja.

    Cantas barbaridades xuntas facían. Que sonharían estes?

    Parece que a xente lles tinhan medo, para contar esas historias deles...

    Pd: skizoo era un gran grupo. Pena que se separaran. Facíano ben en directo. Esta é unha gran canción.

    ResponderEliminar
  3. Buff... hai moitisimo ke lin ese libro!! o mellor é que sexa vostede ken faga dito artigo, por certo ke non aburre o tema para nada!!! ao fin e ao cabo é historia!! un pouco escura pero historia a fin de contas!!!

    A historia de Vlad o empalador xa a tiña lido, ke de feito é do ke se fala no libro da Historiadora, e verdade é que eran un pouquiño fillos de puta!!! xD
    Creo recordar outra das barbaridades que facia Vlad que creo que non puxeches: seika empalaba bebes aos corpos das súas nais.... unha "marabilla de home" bah!!!

    P.D.: Skizoo molanlle a cristo (Bunbury xa non digo nada, pero bue...), pero xa non estan xuntos asi hai ke joderse...

    P.D.(2): Celda 211 é unha gran pelicula, e Tosar un fenomeno!!
    A de Juana la Loca vina hai algun tempo e a verdade é que non me recordo, je...
    As 13 rosas eran un grupo de raparigas que se opuseron ao rexime de Paco e foron fusiladas, pero a pelicula non a vin, asi ke nin idea...
    A de alas rotas non teño nin p.... idea de cal é, asi que non teño nada ke decir,je...

    ResponderEliminar
  4. 2ª parte?? Logo eu chego tarde porque non a lin... unha mágoa porque para nada me aburre esta temática nos artigos, moi interesantes a pesares de que fan auténticas barbaridades.

    Na historia hai moitísimos personaxes que inspiran despois libros con certo éxito. Pero particularmente no dos vampiros e asasinos en serie pónseme a pel de galiña só de pensar que ocurreu na realidade fai uns anos ou uns centos de anos. O que se lle ten que pasar a alguén pola cabeza para poder chegar a facer algo semellante... normais non eran, é o único claro que teño!!

    E a xente que estaba alí para ver esas atrocidades... compadézome deles!! Non me gustaría estar alí para ver eso!! Pero bueno, é historia por moi desagradable que sexa con só imaxinar o sufrimento dalgunhas persoas, polo visto bastantes miles.

    Gustoume moito, aínda que me queda a pena da segunda parte... :(

    P.D: En canto ás películas... vinas todas excepto a última, nin tampouco escoitara falar dela... e de todas teño bo recordo, algunhas téñoas máis recentes como a de Celda 211 que me encantou... así polo menos queda claro que o cine español de cando en vez dá boas películas, tamén hai moitas outras que non deberían terse realizado xamais... pero eso ocorre en todos os países.

    ResponderEliminar