miércoles, 17 de marzo de 2010

PERSEIDAS

Non vos queixaredes que últimamente satisfago as vosas suxerencias… Vouvos falar das Perseidas, anque non estemos na época axeitada do ano, posto que o ideal sería tratar este tema en xullo e podelas contemplar en Agosto…

¿Qué é unha estrela fugaz?
Outros prefiren o nome “meteoro”, e vén sendo o fenómeno luminoso que se observa cando unha partícula interplanetaria atravesa a nosa atmósfera. O obxeto que se consume durante el meteoro chámase “meteoroide” e se chegara a sobrevivir algún fragmento ata o seu impacto no chan (ou no mar, como suele pasar) sería un “meteorito”.

As perseidas ou Bágoas de San Lourenzo, (como se coñecen popularmente, debido a que o 10 de agosto é o día deste santo. Na idade Media e no Renacemento as Perseidas tiñan lugar na noite na que se lle recordaba, polo que se asociaron coas bágoas que verteu San Lourenzo ó ser queimado na fogueira) son estrelas fugaces que cada verán nos visitan, na primeira quincena do mes de Agosto é cando son máis visibles e numerosas.
Pero entrando no tema, en realidade trátase dunha choiva de meteoros de gran actividade ,pódense ver ata 200 nunha hora,(e iso que non é a maior, ocupa o terceiro posto, pero sí a máis observada no hemisferio norte, pola repercusión mediática dos últimos anos e porque transcurren no verán.
Son meteoros de velocidade alta (de 59 a 80km/s) que radian da constelación de Perseo .A súa alta declinación (+58º) non permite que se vexa en rexións austrais, xa que dende o ecuador alcanza tan só os 32º de altura.
Resulta que no 1862 os astrónomos Swift e Turttle descubriron un cometa ó que lle deron o mesmo nome, lévalle uns 120-130 anos dala volta ó sol, cada ano a Terra intercepta a órbita deste cometa nestas datas das Perseidas, polo que os meteoros son parículas sólidas que o cometa, polo efecto do calor solar deixa tras de sí.
A última vez que este cometa se víu dende o noso país foi no 1992 anque as primeras referencias a esta choiva de estrelas datan de fai uns 2.000 años e proveñen de oriente, donde alguns observadores chinos xa rexistraran o fenómeno. Sen embargo, ata o século XIX non se relacionou este fenómeno co cometa.

6 comentarios:

  1. Joer!! menudo tocho cientifico, jajajajaja... pero lino!!! jajajajaja...

    Non che sei ke dicir, xa komentara noutro blog que a min a astronomía non era un tema ke me atraía demasiado, será polo pouko ke sei do mesmo... pero nunca está de máis ler kousas novas!!! tamen che digo ke se me preguntas ke me parece a min ke son as perseidas, na vida che contestaria ke estrelas fugaces...aaaaaay se estudiara!!! jajajajaja...

    P.D: os documentais non vin ningun, ainda ke o de Kurt Cobain me soa, ao mellor vin algun cacho, e nese ke din ata a marca da bebida ke se tomou Kurt antes de suicidarse???
    ¿?

    Un saudo para a cultivada ArreDemo!! canta sapiencia!! xD

    ResponderEliminar
  2. pois....non non é ese...creo...deberíalo ver...ok pillo o conto...pois tiña pensao facer outro de estrelas e tal....peo planteareimo lojo...jajaja

    ResponderEliminar
  3. Primeira aclaración As perseidas ou Bágoas de San Lourenzo como se coñecen popularmente como estrelas fugaces? ou é o reves porque eu nunca escoitara eso de perseidas¡¡¡

    Interesante definicion das estrelas fugaces e as suas procedencias, eu supoñia que era basura espacial que pasa pola nosa atmosfera, non sei a min eso de mirar po ceo non me atrai demasiado, pero interesante articulo de todos modos.

    Na vida saberia que era unha perseida se non o encontro no teu blog, grazas por ilustrarnos tan claramente sobre os orixes das perseidas.

    ResponderEliminar
  4. Pois a min si que me gusta mirar o ceo para ver o que hai. Pola noite paréceme bonito.

    Interesante artigo. Canta sapiencia.... Agora xa sabemos algo novo deste tema. Pouco a pouco.

    A min o tema si que me gusta. A astronomía e estas cousas sempre me gustaron o que pasa é que nunca se me deu por aprender, non sei se por nugalla ou porque non había ninguén o que lle interesara.

    A min me parece un tema interesante.

    ResponderEliminar
  5. popularmente son as bágoas de san lorenzo...de pequena acordo velas con miña awela no balcón...e tecnicamente son as perseidas. Pois case non hai medio de comunicación que en gosto non faga referencia ás mesmas,e iso que non é a choiva de estrelas máis abundante seica...

    ResponderEliminar
  6. Eu tampouco che tiña nin idea nin nunca oira falar do termo perseidas!!!
    A min gústame moito mirar o ceo nas noites claras de verán, sobre todo en lugares altos, pero non teño nin idea po que miro je, nunca atopei as constelacións nin sequera nunca vin ningunha estrela fugaz.. E as bagoas de san lorenzo si son moi coñecidas e falan delas nos telexornais sempre alá por agosto pero desgraciadamente tampouco vin nada! Eso que ala por Sabrexo tirabamonos no prado media noite esperando pero oiamos os grilos e pouco mais jejeje..

    Moi interesante o artigo!!!

    ResponderEliminar