sábado, 20 de febrero de 2010

BANALIDADES (1)

Nesta ocasión o tema que escollín é de naturaza televisiva, non , non é gran hermano, nin Sálvame, nin o nariz da Esteban…pero posiblemente se poida encaixar na telebasura.Estou a falar dos programas estes , tan de moda, os chamados “call tv”ou “chama e gaña”...

Por se hai alguén que descoñeza do que falo(que o dudo),son estes programas nos que propoñen ó espectador adiviñas absurdas, buscar os erros nas imaxes, requiren nomes de lugares, persoas…etc. O premio que se ofrece suele ser económico. O fin é que o incauto espectador chame, tentado polos cartos e pola simpleza da pregunta, e “sablalo”coa chamada. Eu non sei se realmente son cousas miñas, pero case non hai canle televisivo que non conte con algun programa destas características a determinadas horas, e non só polas noites.

Atopei un testimonio que reflexa o timo con claridade,ó parecer chamou unhas 37 veces, nas que lle respondía un contestador, sempre con unha frase distinta (¡ay por qué poquito!; vuélvelo a intentar; casi, casi has entrado…) mentres o individuo chamaba entraron en directo4 persoas, que levaron 400, 1500, 700 euros…Por cada chamada ( que non dura mais de 15 segundos) incrementábase a factura 1,10 euros (que inda puido ser máis)… Noutra páxina,unha presentadora de estes programas, afirmaba que de cada 10 chamadas 6 eran do persoal do programa…nun progrma ofrecíanse 2millons de euros, pero a letra pequena(a velocidade ilexible)sinalaba que eran décimos de lotería por valor de 2millons…

Pero non era isto, concretamente do que vos quería falar…senon de que estes concursos para chamar a atención acostuman poñer unha muller semiespida de fondo da pregunta, e incluso os presentadores destes programas(a parte de unha gran capacidade para falar sós)son chamativos…e ollo que non dixen guapos, porque…guapos guapos non sei se son pero pa min que un requisito indispensable é ter pinta de travesti ( os meus respetos que os hai ben guapos pero non é o caso) …tamén creo que estes requisitos van en aumento según a franxa horaria de que se trate….
Ás probas fotográficas me remito:







¿non vos parecen probas suficientes??






















PERO AS MÁIS GUAPAS RESÉRVOAS PARA O FINAL....APOTEÓSICO...
Conclusión: sigo sen toparlle o encanto a estes programas...non entendo a clave do éxito...que alguén mo explique...

a doble de Pamela!!!!





8 comentarios:

  1. Si weno, as merdas esas ke botan ás madrugadas... non sei eu, pero deben dar beneficios, cando todolas canles posuen un, ata as autonomicas (weno a telegaita kreo ke non ten,non???... veña amantes de galloso pronunciense...) e vendo ken os presente pois non hai moito ke decir (exceptuando akeles ke non teñan dous dedos de fronte klaro)...
    En Telecinco (non sei se sabedes o ke opino eu desta canle, pero weno...) por exemplo, poñen a cabeza destes programas aos ex-concursantes de gran hermano e resto de marionetas retrasadas-ignorantes do resto de "grandes" programas da sua "excelente" parrilla televisiva...

    P.D.: 21 gramos!!! moi boa!! sean penn é un gran actor, a min decepcionoume algo en Todos los hombres del rey, pero desde o seu papel en Yo soy Sam...moi bo!!

    ResponderEliminar
  2. Estes programas todos sabemos que son un timo, e sen embargo a xente sigue a picar nisto.

    en canto a belleza das presentadoras: Home non sei que che diga. Non son o meu estilo de muller. Para min os exemplos que puxeches non me parecen unhas mulleres bellas, pero para gustos.... xa se sabe.

    En definitiva, un timo.

    ResponderEliminar
  3. Por favor Señor da Xe!!! Como ósa (non sei se se di así en galego) escribir adxectivos descalificativos contra unha canle de tan variada interesante programación como é Telecirco!! Ui perdón! Quixen decir Telecinco. Entre que os informativos son dos mellores; a Ana Rosa esta que a menos día vai parecer miña irmá, que pouco lle gusta o protagonismo a esa muller; a Belén Esteban e compañía... Gran Hermano... e podería seguir enumerando grandes programas que non nos podemos perder se queremos estar ben informados e sobre todo nos que disfrutaremos de cultura, moita cultura. E despois desta tontería que non se cre ninguén... vamos ao artigo.

    O primeiro que me parece moi denigrante para unha muller que lle "obliguen"(aínda que non sei se esa é a palabra) a vestir así e "venderse" da maneira que o fan; en especial a partir dunha hora da noite, Sei que é para conseguir atraer a atención dos homes e que queden "enganchados" ao programa para que finalmente se decidan a chamar... pero creo que hai que ter un mínimo de dignidade.

    E despois o de sempre, hai xente que pica e se deixa cartos para despois non gañar nada... Tampouco entendo como a estas alturas aínda segue pasando porque xa levan un tempiño en antena e realmente estou bastante chea destos minutos desperdiciados nas televisións. En xeral a programación é moi mala (para o meu gusto), non me chama a atención ningún programa nin serie, apenas vexo a televisión por non decir nada... E é unha mágoa que os programas que triunfen sexan os do corazón porque co paso do tempo son os únicos que vexo que seguen na parrilla televisiva.

    En fin... que me vou do tema, en resumidas contas: un timo, unha vergonza que se aproveiten así da xente aínda que máis nos valería ter un pouco de sentido común e non caer nestas cousas, xa está moi demostrado que coa letra pequena só gañan eles...

    ResponderEliminar
  4. Outra vez... non pode ser, téñome que controlar nos comentarios, que me enredo e non teño medida!! jaja E aínda así quedo con cousas sin escribir porque teño medo a que me salga un súper comentario... total pa nada... :(

    ResponderEliminar
  5. A peli moi boa! Sean Penn impresionante, o mellor sen dúbida. E a sucesión das esceas encántame, ao principio un pouco lío pero gústame porque te fai estar enganchada dende o principio ata o final.

    ResponderEliminar
  6. oooo moi bn....
    pois visto o "amor" que lle tedes a telecinco, aer se o da xe fai un artigo a fondo sobre o mesmo....

    jajaja
    agradecer a natalia o seu comentario e opinions, que moitos compartimos polo visto.

    engadir que me chamou a atención que o outro dia saíu nas noticias que o consumo de internet superara ó televisivo....non vexo pq!!jajaja

    ResponderEliminar
  7. Antes de comenzar, creo que o artigo non trata sobre telecinco.. Creo que botan moitisimos mais programas deste tipo nos canles locais xa que a sua principal fonte de ingresos son estes "concursos", os vendedetodo e o porno. Con esto non vou defender a telecinco nin moitisimo menos que so sabe meter na sua programación o longo de todo día basura!

    As presentadoras evidentemente teñen que ter gancho, de ahí a que todas teñan en común a enorme pechonalidade ainda que o presentar non sea a sua maior valía.. Pero paganlle por elo, asique e un traballo e non é dos mais denigrantes que existen asique...

    Dito isto, a arte do timo sempre existiu e sempre se inventan artimañas para que catro parvos piquen e sexa rentable. Cantos timos existen? Cantos se inventan cada día? E con todos saquean un bo número de bolsillos...
    As tipas so un gancho sexa por "hermosas" por famosas ou polo que sexa.. A sociedade e banal, o caso é non pensar e sobre todo hai moita xente con pouca gana de traballar que se aburre moito de dios!!

    ResponderEliminar
  8. Malditos Calltv que inundan as televisions, solo temos a buenafuente que loita contra os calltv, tamen se pode decir que buenafuente e o que da paso os calltv na sexta.jjjajaja

    estes programas son unha das mallores fuentes de ingresos das cadenas, e tamen un modo barato de Colocar a toda a xente extra de GH que é demasiada, para cando un articulo de BASTA XA GH¡¡¡-

    ResponderEliminar