miércoles, 17 de febrero de 2010

UNHA DE HISTORIA E LITERATURA...


A ORIXE DOS VAMPIROOOOS....

Como ó parecer teño fama de “friki” neste tema, haberá que facer un artigo o mais completo posible para non defraudar ás malas linguas…intentarei ser breve para non vos aburrir…
Comezaremos polas referencias históricas, pois anque algúns non o creades ,o conto dos vampiros procede de antes de “Luna Nueva”…

Xa era coñecido este mito polos antigos gregos, que eran uns cracks os tíos…unha definición “estándar” de vampiro sería: " Un fantasma o el cuerpo reanimado de una persona muerta que se alimenta de sangre, el alma o el cuerpo reanimado de una persona muerta de la cual se cree sale de su tumba, vagando en la noche chupando la sangre de las personas que duermen, causandoles la muerte".
Si, é algo imprecisa, polo que outro día se me atopo inspirada falaremos do Chupacabras, das diferentas cos vampiros e do paso deste enigmático ser por Dozón hai uns anos…(esto é para intrigarvos con próximas entregas de misterio de arredemo :p)

Estabamos cos gregos, que poderíamos decir que os asociaban ós magos consideraban que eran vampiros as “hordas de Hécate”, Raíña do mundo das fantasmas. Eran desta cultura os máis horribles entes, as Empusas, demos monstruosas e malignas que adoptaban diversas formas, excepto a humana; estes espectros foron nomeados por Aristófanes, nalgunha ocasión.

Na Idade Media houbo un rexurdimento do mito do vampiro, supúñase que eran persoas mortas embruxadas ou tamén calquera maldecido polos seus pais ou excomulgado pola Igrexa (ollo ó dato, tratade ben a vosos pais, jaja)
No folklore dos países eslavos, o mito do vampiro aínda é moi popular. Existian oleadas de ataques de vampiros en Europa Oriental, esto seica era porque a poboacion non era moi lista (literalmente) e sufrían enfermidades raras e descoñecidas que as explicaban así… enfermidades como a catalepsia ou porfirismo eran tratadas de vampirismo. Se se sospeitaba que un morto atacara a un vivo na forma de vampiro, revisábase o cadáver, e se o corpo presentaba as meixelas rosadas e sangue nos seus beizos ( signos inequívocos de que un corpo entra en descomposición ), o diágnostico era claro, e para remediarlo, cravábase unha estaca no corazón do pobre difunto, e por se fora pouco tamén se lle cortaba a cabeza…
Outros casos de " vampirismo" ,quizáis é a referencia histórica que mais vos sone, é o caso da enfermidade de Porfiria , que seica ten por síntoma a imperiosa necesidade de beber sangue, ven sendo unha anemia crónica, que produce sensibilidade á luz solar, retraccion das encías…
Sí, esto poderíao explicar todo, anque tamen lle poderíamos engadir as costumes antigas de beber sangue dun enemigo, ou mesmo en Inglaterra onde era bastante común que nalgunas rexións se enterrara ós suicidas nas cruzadas dos camiños cunha lanza cravada no peito (seica por se a caso cambiaban de idea e decidían volver á vida….)

Foi polo século XVIII cando este mito se elevou á categoría de lenda, ó entrar en contacto ca cultura xermánica, en pleno esplendor do romanticismo. O alemán Johann Ludwig Tieck publicóu en Inglaterra un relato de vampiros, “Wake not the Dead”, de gran éxito, era o impulso da novela gótica.
En 1816, Lord Byron, de viaxe por Europa xunto ó médico John Polidori , pasóu uns días nunha mansión en Suiza, xunto ó poeta Percy B. Shelley e a súa esposa Mary Shelley ( despois autora de Frankenstein, que aproveito pa recomendarvos, pero o orixinal a poder ser, o desta muller).
Unha noite, Byron desafía ós seus amigos a escribir unha historia sobre espectros. De aquí parte a de “Frankestein” e o “ Vampiro” de Polidori con esa idea do monstro taciturno, seductor, e sedento da sangue de fermosas doncelas.
O relato máis perfilado ata ese momento, procede de Sheridan Le Fanu, autor irlandés quen en 1858, deprimido pola morte da súa esposa, dá a luz á magnífica "Carmilla". Gloriosa vampira, belísima e seductora, é a primera vampira lesbiana…(que seica foi leva da ó cine, humm…)
E non é ata1887 cando aparece o renombrado e recurrente Drácula, da novela de Bram Stroker.

Houbo que esperar ata 1976 para que o noso amado demo resurxira, e ben forte,sonaravos Anne Rice e a súa obra “ Entrevista con el vampiro”. As Crónicas Vampiricas de Anne Rice desatan un fenómeno literario e dando orixe a unha nova subcultura xuvenil. Aparecen os "Vampiros reales", os xogos de Rol como Vampire The Masquarade, clubes como Long Black Veil en Nova York, e frikilladas varias polo mesmo estilo….

Non podo rematar sen facer alusión a esa outra rama literaria que tanto me gusta…e escollo a un dos meus autores favoritos…(ánimo que o artigo xa acaba!!!!!)

"Yo tengo el labio húmedo y conozco la ciencia
de perder en el fondo de un lecho la conciencia;
enjugo todo llanto en mis senos triunfantes
y hago reír a los viejos igual que a los infantes;
Sustituyo, para quien me contempla sin velos y desnuda,
A la luna , al sol, al cielo y las estrellas.
Soy mi querido sabio, tan docta en los placeres,
Cuando sofoco a un hombre en mis temibles brazos
O cuando a sus mordiscos abandono mi busto,
Tímida y libertina, y frágil y robusta,
Que sobre esos colchones que de emoción se pasman
Los ángeles no podrían por menos que perderse por mí"


Versos do controvertido Baudelaire, "La metamorfosis del Vampiro".


(…TO BE CONTINUÍ)


7 comentarios:

  1. Que guapa a da foto. jajajaja.
    Está ben o artigo. Agora xa temos unha idea da orixe do vampiro, ainda que falta a época romana e a actualidade. jejeje.

    Os vampiros gustanlle moito a xente grazas o cine (onde hai vampiros bos e vampiros malvados). Normalmente sempre os pintan con bastante chulería os vampiros: De ai o seu éxito.

    Coidado cos colmillos.....

    PD: A Banda sonora ambienta, incluso cos timbales da selva que se oe de fondo. jajaja

    ResponderEliminar
  2. En próximas entregas abordaremos personaxes famosos da historia dos que se dicía que eran vampiros...intentarei buscar algo dos romanos, anque tendo en conta o que lle fixeron a Xesucristo...a saber que lle farian ós vampiros jaja...tomo nota...

    Pd:asias polo da banda sonora, non me coscara eu do dos timbales!!!!aaaai este señor da z sempre en todo....alabado sexaaa!!!!

    ResponderEliminar
  3. Para non extenderme kos meus monologos farei un comentario moi típico:
    Está moi ben!!!

    ResponderEliminar
  4. Como che prometin!!
    A min o tema de vampiros nin me vai nin me ven, creo ke me ia + antes, pero é ke agora koa merda toda esta do crepusCULO, xa me diras... É un noxo ir mirar a unha librería ou en calquera sitio de venta de libros e ter ke andar apartando novelas e sagas vampiricas recentes para raparigas ke keren ler sempre o mesmo...

    Lin moitos libros sobre vampiros, pero os que me veñen agora mesmo a cabeza son, claro o Drácula de Bram Stroker (o cal kreo ke deberian ler todos aqueles que lles interesa este tema, e enterarse como é a figura do vampiro, e non imaxinarse ao feo ese que brilla á luz do sol), [do cal por certo hai unha segunda parte ke me dixeron ke é unha merda pero ke eu keria ler] e La Historiadora de Elizabeth Kostova, que o lin hai moito tempo e recordo ke me gustara moito!!

    Ala chegache! espero un proximo artigo, quizais sobre Vlad, o empalador???? (kreo ke é kase obrigado ke o fagas, xD)

    NOTA: se acertei cun artigo futuro, sintoo, eu son asi, demasiado espabilado as veces...

    ResponderEliminar
  5. acertaches con dous...que non é o mesmo....este oportuno señor da se....

    asias polo comentario!!!

    ResponderEliminar
  6. Eu tamén lin algún libro desta temática e gustáronme moito. Aínda que para nada son tan seguidora como a autora do artigo!! Vése que lle apaixona o tema, o cal me encanta que as persoas teñamos curiosidades por saber, por coñecer e "perder" tempo (como dirían algúns) en indagar sobre os temas que nos gustan. E neste caso tamén por tomarse o tempo para dárnolo a coñecer aos demais.

    Eu tamén penso que os vampiros estes modernos que se crearon ultimamente están facendo moito mal tanto na literatura coma no mundo cinematográfico.

    Moi bo o artigo, gustoume moito, moi interesante e entretido.

    ResponderEliminar
  7. Si a verdade e que o artigo está moi ben! Ultimamente ta o tema moi saturado, están de moda, eso que me gustaban mais na epoca de Buffy je..
    E pelis hai moitisimas cada unha o seu estilo, non sabería escoller pero bue underworld foi das que mais me gustou..
    Si porfa, mais artigos! Eu quero un dos chupacabras jejeje deixoume intrigada o de Dozón!!!!

    ResponderEliminar