lunes, 19 de diciembre de 2011

RITUAIS antigos

Moitas das costumes que temos na nosa cultura teñen unha longa tradición, e outras realizanse en todas as culturas pero de distinta forma. Ó parecer os exipcios gardaban o luto cando lles morría un gato,xa se sabe que era un animal adorado naquela rexión,pois a deusa gata Bastet defendeu ó deus sol Ra da serpe Apofis,símbolo do mal por excelencia, Bastet era protectora da familia e a patrona do fogar,deusa da felicidade, pracer,feminidade,danza… Se o gato enfermaba recibía tantos coidados coma un neno,e se morria toda a familia gardaba o luto incluso se depilaban as cexas, momificábanos e toda a familia acudía á ceremonia ó cementerio. No resto de casos tamén tiñan unha cor para o loito,o branco, e os homes era frecuante que deixasen barba longa e melena.
As plañideiras tamén aparecen nalgunhas representacións gráficas,figura especialmente dramática xa que a súa representación abarcaba tanto gritos e choros coma desvanecementos,rotura de vestiduras, desmaios… En Grecia e Roma non enterrar ó falecido conlevaba condenalo a vagar eternamente sen descanso. O fillo maior do defunto era o encargado de cerrarlle os ollos e chamalo por última vez polo seu nome, vestíase e expoñíase nun atrio rodeado de flores. Se o morto era noble camino do crematorio a parte das nomeadas plañideiras e músicos tamén acudían clientes con máscaras que representaban os antepasados.O cadáver transportábase nunha camilla co rostro descuberto. Finalmente recollíanse os restos e lavábanse con viño, depositándoos nunha urna dentro dunha tumba.
Algunha tradición babilónica recolle como primeira fase do rito funerario a manifestación de dor,podendo incluir sacrificios humanos ou de animais, como que os homes se cortaban un mechon de pelo e as viúvas afeitaban a cabeza (por ser a parte mais noble da persoa). Na segunda fase celebrábanse xogos fúnebres durante 9dias (tiro con arco,jabalina…)E como non as plañideiras eran imprescindibles,se non se choraba ó morto era porque non se lle quería…(isto creo que perdura aínda)

Os incas tamén enterraban os seus seres con obxetos preciosos,ferramentas de traballo,cervexa de millo… en edificios creados expresamente con ese fin. Embalsábanos parcialmente xa que o clima árido contribúe a que se seque sen descomponerse. Os que eran moi ricos colocábanlles unha mascara de ouro.(ver foto da momia inca real en exposición)

O ritual xitano consiste en colocar debaixo do ataúde aquelas cousas que máis lle gustaron en vida ó causante (cigarrillos,café…)Vélase durante 3 dias e os familiares teñen que cumprir unas normas: non usar xabón nin roupa nova, non afeitarse…os homes deben levar unha cinta negra. Os 7 dias, 6 meses e ó ano celébrase unha comida en honor ó falecido onde se come os pratos favoritos del. Os xitanos deben enterrarse tal e como faleceron, cas mesmas roupas e xoias e non permiten as autopsias.

5 comentarios:

  1. en principio era para comentar o caso exipcio que o oín na tele e me pareceu moi curioso...finalmente inda quedei con ganas de indagar noutras culturas...pero quedoume así bastante extenso xa...

    ResponderEliminar
  2. Curioso é si!! eu creo que antes se lle daba outra importancia á morte e por ende os rituais funerarias eran moito máis prolongados e "complexos", por dicilo dalgunha maneira...

    O das plañideiras sempre me pareceu un pouco hipócrita... vai xente que ao mellor nin ten parentesco para chorar polo difunto??? se os familiares non sinten pena que van a facer estas señoras??? XD

    ResponderEliminar
  3. pois aparentar...que debe ser outra tradición ben antiga e prolongada ata os nosos dias...claro

    ResponderEliminar
  4. Moi entretido o que acabo de ler. O rito dos funerais é tan antigo e tan variado coma culturas existen. De todas maneiras eu penso que apenas evolucionou, hai costumes que van cambiando coa sociedade pero en certos aspectos ás persoas parece que nos gusta a tradición. Sería impensable o feito de non "despedirse" dunha persoa que acaba de falecer.

    O que si me produce moita curiosidade é que nós sufrimos por alguén que morre, que xa non vamos volver ver nunca máis. Sen embargo outras culturas "festexaban" o paso a unha nova e mellor vida. Sen dúbida iso alivia a dor producida pola perda, quen crea niso verá atenuado o seu sufrimento. Supoño que por este motivo moitos teñen fe e creen nas relixións, o feito de crer que non se termina aquí a nosa existencia para moitos é un consolo.

    No que se refire ás plañideiras, a min paréceme un circo. Se estivera na época e na cultura que o fan, preferiría que non chorase ninguén por min a que montaran ese drama arredor do meu cadáver. Paréceme excesiva, desmesurada e inútil a súa presenza.

    Non sabía que aos xitanos non lles poden cambiar de roupa, que presión se eu fora unha! Como morrese estando na casa menuda última imaxe se levarían de min! xDD Agora en serio, é moi interesante todo o escrito, e para nada longo, eu lería máis e máis sobre o tema.

    ResponderEliminar
  5. asique non queres que choremos por ti,mira que despois han pensar que non se che quere!jejeje,moi ben pois voltarei sobre o tema mais adiante...por que non!

    ResponderEliminar