martes, 15 de noviembre de 2011

VIDEO DO MES

Vale a pena...

7 comentarios:

  1. Creedes que a reacción da profesora ante o ocorrido foi axeitada?


    ***********

    Por qué (os adultos) non empeñamos en separar os comportamentos que deben adoptar as nenas e os nenos, tal cousa é propia de nenos tal outra de nenas se ósnenos non lles gusta maaaalo,xa non é normal...e viceversa claro...facemos tales diferenciacions por medo a algo???

    ResponderEliminar
  2. Eso é vello coma o comer (os prexuízos)... ¿nunha sociedade que se dedica a etiquetar todo e a todos que vamos a esperar? cada un somos dunha maneira según actuemos, vistamos e demáis... que non parece normal, pero é así...

    ResponderEliminar
  3. Dende pequenos nos van "ensinando" como nos debemos comportar, vestir, a que lle debemos ter medo e a que non... Non discuto que a maneira de actuar de alguén (pegar, roubar, mentir) sexa correxida polos adultos pero que nos digan o que nos debe parecer feo ou bonito (araña e can, por exemplo) creo que nos condicionan moito polas súas preferencias. Cos anos xa se verá o que a cada un nos parece mellor ou peor, será parte da nosa personalidade e gustos particulares, pero está visto que o que se quere é que todos sexamos iguais, vestir igual, pensar igual... e o que se negue será xuzgado polo resto da sociedade.

    E despois queixámonos de que non haxa igualdade e todo o que iso conleva, pero coa educación que reciben os nenos dende moi pequenos, o raro sería a sociedade igualitaria. Nesa época ensínanche como ten que vestir un neno e como unha nena (as diferencias principalmente), con que debe xogar (coches e bonecas). Afortunadamente vai cambiando o tema dos xoguetes e xa non creo que sexa raro ver a un neno cunha boneca e a unha nena cun coche (eu facíao hai vinte anos, que maior vou xD).

    Pero o tema da apariencia é máis complexo. A imaxe dunha persoa é a carta de presentación xunto co nome e crea unha identidade aos ollos dun descoñecido. Mentras nos está observando, e segundo os seus gustos e máis ou menos prexuízos que teña, creará unha idea de como somos aos cinco minutos de cruzar unhas palabras. Ese breve momento marcará o seu futuro trato connosco ou a ausencia del directamente.

    Se as persoas adultas non están capacitadas para asumir e dar exemplo da igualdade, que podemos esperar dos pequenos e pequenas que copian e imitan gran parte do que nos ven facer?

    ResponderEliminar
  4. comentarios moi interesantes... Eu tamén xogaba con coches,e con bonecas sen problema ningún....Miña nai sempre conta que non a deixaban xogar con seus irmans maiores por se saía marimacho...e como non había rapazas da súa idade nas casas veciñas pasaba o tempo como podía...e ás veces se se portaba ben seus irmans deixabanlle coller a pelota cando caía po prado do veciño...
    No caso do vídeo,anque a profesora puido actuar peor...tamén o puido facer mellor, tendo en conta que é nova penso que debería haberlle sacado ferro ó asunto,xa que son nenos, e era carnaval...sacarlle importancia...

    ResponderEliminar
  5. o outro dia pasando por onda o patio dun colexio,oín que un neno lle chamaba a outro:
    -bipolar!!! eres un bipolar!!!
    quedei abraiada da evolución dos insultos na escola!!!(eran de primaria,pequenos)

    ResponderEliminar
  6. Luis Miguel Amancio Garciadiciembre 01, 2011

    jejejejjeje

    ResponderEliminar