miércoles, 28 de diciembre de 2011

O TIO SAM

É unha das imaxes máis coñecidas e representativas dos EEUU...pero...¿trátase dunha versión barbuda dalgún presidente?...pois non...o da imaxe é un tal uncle Samuel Wilson, un carniceiro que suministraba alimento ó exército en 1812. Nunha ocasión o gobernador de New York visitou os almacéns deste comerciante e viu que os paquetes de carne levaban impresos unhas letras: EA-US e preguntou que significaban. Un dos empregados respondeulle que EA eran as iniciais do contratista e bromeou co significado de US dicíndolle que eran as siglas de tío Sam. Posteriormente os soldados acolleron esta denominación graciosa cando lles chegaban os ansiados paquetes de alimentos. Tal foi o éxito dese alias que oficialmente os EEUU recoñeceron a este carniceiro como o famoso tío Sam sendo en 1961 emblema oficial do país. O cartel co home sinalandonos non chegou ata anos despois, e foi empregado para reclutar personal para o exército dos Estados Unidos.
Tamén se realizaron versións desta imaxe con outros fins...


2 comentarios:

  1. A verdade é que é unha imaxe moi recurrente na cultura ianqui, aínda que coñecendo agora a súa orixe perde bastante en lexendaria.... XD

    ResponderEliminar
  2. É moi utilizada e moi famosa, por este motivo é normal que se utilice para facer bromas ou viñetas satíricas. É curioso ver como cunha soa imaxe relacionamos inmediatamente un país, excluíndo as bandeiras, por suposto. Cal sería a de España? xD

    ResponderEliminar