miércoles, 28 de diciembre de 2011

UN POUCO DE LITERATURA: o poeta punk

Efectivamente,dinme conta que a actividade blogueira disminuíu este ano de forma casual e directamente proporcional ó aumento da tan nomeada crise...non sei se ten que ver,alguén o debería investigar, pero neste últimos días do ano intento facer o que non fixen antes,publicar algo que mereza ser lido...ou polo menos intentalo...
Este ano adicáronselle as letras galegas a Lois Pereiro, e anque eu me acabo de enterar non sen tempo espero que vós xa o souberades. Non vou copiar demasiada información deste autor pois o verdadeiramente interesante son as obras, simplemente citar que era de Monforte e que faleceu en 1996 como consecuencia do coñecido caso do Aceite de Colza do que algún día falaremos,anque padecía doutras doenzas.Ó parecer é un requisito necesario que os autores ós que se lle adican as Letras leven baixo terra alomenos 10 anos.
Tivo unha grande actividade lírica cun gran estilo persoal,revolucionario, que se debería difundir máis,coma no caso doutros/as autores/as que temos na nosa Galicia. Foi apodado o poeta Punk, pois a música influenciaba moito a súa obra, anque dependendo das fontes, tamén pode ser que o apodaran así por factores comerciais ;dise que é o clásico que temos na literatura galega,sen sabelo.

"Tristemente convivo coa túa ausencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
sen decidir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
sen sufrir pola túa indiferencia
a miña retirada preventiva"


 Reproducín o ultimo anaco da carta no leito de morte á súa amada anque se a podedes ler enteira facédeo, así como a definicion de Galicia:
(...)"Este será el poema prometido en el lecho de mi resurrección o pacto con el diablo, ¿quien lo sabe?Pero no sería el último aunque las manos se me volviesen ramas secas o el cerebro una ciénaga.No habrá final hasta que el mundo se disperse y con sus restos nuestros comunes restos del naufragio, de un espacio cósmico que ya será siempre nuestra común y ardiente pesadilla.

"Aniquilar el dolor aniquilando el deseo", dijo Buda.

Un buen consejo que llega un poco tarde porque soy ya un experto en ambas cosas y prefiero sufrir, callar y hundirme los dedos en la herida antes de olvidar el más mínimo instante de mi deseo por ti.
Ya ves, nunca seré budista. Demasiado tiempo entre dos vidas y no quiero perderte entre transmigraciones y, entre ellas, mi dolor y mi fracaso. Podría también ser yo el que representase tu papel, o tú el mío, o el mismo en una película distinta, o uno secundario en un viejo ‘thriller’ en blanco y negro.
Pero encontraría siempre la manera de no salir de tu alma, de entrar en ti a oscuras del modo más sutil o violento, y también de apartarme elegantemente, ya lo sabes ¿Cómo no vas a saberlo precisamente tú, que me diste el aliento y fuimos uno sin buscar nunca en los peores momentos la solución para evadirnos de un amor atroz y destructivo? Y también sabes hasta donde podía llegar mi desesperación al creerte perdida, y nunca necesitarás preguntarme en serio si te amo. Sólo podemos recrear diálogos, decirme: “Miénteme, dime que me amas”, porque a ti ya no podría mentirte ni lo haría ya si tuviese que hacerlo.
Te vi una vez y te sigo mirando cuando no me ves, y creo que si algo me hizo amarte fue tu capacidad para saber siempre dónde poner los ojos, y sigo enamorado de tu infinita gama de miradas.
“Do you love me?”, said the man. And she looked at him, but her eyes were fixed on the wall beyond her lover, looking the wide and open map of the world behind his head.
Esa eres tú, y así sigo adorándote.
A Coruña, 8-3-95
Nota: Propiedad de Piedad R. Cabo. Impublicable e irreproducible, a menos que el beneficio que ello le reporte le sirva para comer un sadndwich en Chinatown.

 O seu epitafio:

"Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria"

3 comentarios:

  1. CERO A ESQUERDA
    O corredor de fonde perde o alento
    Fuxindo dunha vida inzada de renuncias
    da súa liturxia obesa e oleosa,
    mediocre nos seus comunais fracasos,
    bágoas de xelo, indignación contida

    non deu chegado a tempo de exercer
    a súa rebelión,
    nin de levar a cabo
    a súa vinganza definitiva
    contra un mundo inxusto,homicida,e cruel,
    pola inutilidade da súa propia vida
    solitario,enfermo e fatigado,
    a morte anticipuose e chegou antes."

    ResponderEliminar
  2. Moi interesante... eu non sabía que lle adicaran o día das Letras Galegas, a verdade ei de confesar que lle perdin a pista a esas datas dende que deixei o instituto.. XD, pero bueno, está ben que vostede faga de acordante destas perdidas almas blogueiras!!! XD

    ResponderEliminar
  3. O que está recollido no artigo é moi bonito, de veras que é todo un don cando unha persoa sabe escoller e ordear de tal forma as palabras que xuntas expresen tantos sentimentos, e coma neste caso, sentimentos tan fermosos.

    Eu sabía que llo adicaran e algo lin del pero só ese día, teño unha conta pendente cos autores galegos :(

    Así que grazas por darme a coñecer un pouco máis deste autor, de seguro que leerei máis del.

    ResponderEliminar