jueves, 26 de mayo de 2011

TESLA Vs EDISON

Que sería de nós sen electricidade... Grazas a que en 1800 o señor Volta creou a primeira pila pódese dicir que cambiou o mundo, pois como a pila era moi cara pasouse á dínamo, e de ahí a iluminar as rúas non pasaran nin 100 anos.
O señor Tesla (croata) creou o primeiro motor de corrente alterna (entre outras cousas), que permitía transmitir a electricidade a grandes distancias, pero a que se empregaba no momento era a contínua, e xa se sabe que somos algo reacios ós cambios... O máximo expoñente desta última modalidade, a corrente contínua era Edison, sí, o da bombilla, que realmente non a creou pero perfeccionouna.(Como curiosidade citar que o filamento da bombilla non era de metal senon de bambú carbonizado...)
E como é típico do ser humano pasaronse a vida "pitirreando un co outro"e experimentando para ver quen tiña a razón. A parte de que Tesla tiña unha mellor formación e os seus descubrimentos amenazaban o monopolio de Edison, traballaran xuntos con anterioridade e seica non se levaban moi ben desde aquelas xa.
Surxe o que se denominou a "Guerra das Corrientes" entre diversas compañías que optaban por unha ou outra opción, a alterna de Tesla non precisaba xeneradores cada poucos metros coma ca contínua, ideou o sistema de transmisión por un único cable sen retorno e podía abastecer a un maior número de usuarios. Como podedes supoñer a "Guerra" gañouna Tesla, ideando a primeira central hidroeléctrica nas cataratas do Niágara; anque a penas nos sone o seu nome en comparación co de Edison, que sempre foi máis famoso e durante os anos 20 foi votado como o home máis influínte dos Estados Unidos. Dise que os métodos "comerciais" que empregaba o señor Edison eran un pouco sucios, difamación, mentiras, que a corriente alterna era mala para a saúde, que podía matar... Hai quen di que a criticaba tanto porque no fondo non era capaz de entendela...Ata chegou a inventar a silla eléctrica que empregaba corrente alterna para "demostrar" que esa corrente mataba....


Chan chan tatachán: Posibles futuras entregas sobre o tema: "o teslascopio"; "a morte de Tesla na miseria e por qué o FBI lle requisa toda a documentación dos seus inventos"....

3 comentarios:

  1. para o que me contou a historia, cunha versión máis macabra, sinalar que Edison non morreu churruscado por demostrar que a súa corrente era mellor...que puido haber sido, fácilmente...pero no. Inda durou mais de 30 anos despois da Guerra das Correntes, anque a causa da súa morte foi a Uremia.

    ResponderEliminar
  2. Moi interesante, non sabia que Edison eran tan "boa peza"...

    ResponderEliminar
  3. Teño un problema cos descubrementos, dende pequena me gustaba ler sobre quen atopara a solución a unha ou outra necesidade da sociedade pero non son capaz de que me acorden. E despois dun dato que non lle interesa a ninguén... o comentario xD:

    Só me soaba que estes dous eran moi bos no seu ámbito pero nin sequera sabía que foran contemporáneos. E menos que se levaran así de mal. En parte non me extraña en absoluto, case sempre pasa que dúas persoas con éxito teñen rivalidade e máis se é no mesmo "tema", que se chame Edison non o exclúe. Aínda que eu cando era pequena pensaba que os personaxes que coñecía mediante os libros xa foran inventores, pintores, políticos, actores, etc, cría que xamais cometían un erro nin no terreo profesional nin persoal e que por iso chegaron a estar onde estaban. Unha que é moi inocente e cre no bo facer da xente xD Ao final non queda outra que desmitificar así que eu anímoa a futuras entregas semellantes, se é para descubrir lados escuros mellor, jajaja...

    ResponderEliminar