¿E logo de onde procederá tal vocablo e a que ven o significado que ten actualmente?
Lunático ven do latín "lunaticus" e fai referencia a unha persoa que sufre intervalos de loucura,xa que os romanos se percataron de que nas noites de lúa chea era cando mais casos de suicidio e outras conductas dementes se producían...certo ou non podía influír que eles empregaban o calendario lunar e posiblemente se percatasen por eso.
Tamén no século XVIII en Birmingham reuníanse un grupo de pensadores, científicos... que planeaban cómo cambialo mundo, e denominaronse lunáticos , pois como algún era algo despistado, para que non se lle olvidaran as datas da xuntanza decidiron que estas se celebrarían nas noites de lúa chea.
Uníaos a paixón pola ciencia, por temas culturais... Dise que algúns destes membros eran: Erasmus Darwin (médico e poeta);Mathew Boulton (inventor do sistema moetario antifraude e director da primeira fábrica inglesa); James Watt (inventor da máquina de vapor); Joseph Priestley (pastor anglicano inventor da goma de borrar e da auga carbonatada)... Debatían sobre o cambio necesario do mundo rural ó urbano, desigualdades sociais, etc...
Estou pensando se hai algunha "asociacion-reunión" na actualidade polo estilo...só se me ocorre a que se celebra na Moncloa cos grandes empresarios do panorama estatal, banqueiros...pero igual os temas de debate non son os mesmos....¿vos que creedes? ¿Haberá algunha?
Larga ausencia...
Hace 10 años
Home algún que aparece pola Moncloa algo lunático si será... XD
ResponderEliminarjajaja bo enlace de cuenstóns jajaja
ResponderEliminarSe hai saberémolo nun tempo, é o que pasa con case todo, cando xa non podemos facer nada é cando nos enteramos do que pasa no país. De todas maneiras gústame o feito de establecer a "quedada" de maneira tan sinxela, así non hai cabida para o erro ou o esquecemento, bastaría con botar unha ollada ao ceo, que hai máis simple ca iso?
ResponderEliminarDe todas maneiras, antes as persoas máis influíntes adoitaban ser pensadores, inventores, físicos... en resumo xente culta e con preocupacións. Hoxe en día quenes serían? Como ben dixo políticos, banqueiros e empresarios canto máis poder adquisitivo mellor, que a única preocupación que teñen é a de conseguir máis capital ou cando menos a de que lle "defrauden" o menos posible. Como moito reuniranse para poñer en común os avances para tal fin, comparando resultados para despois levalos a cabo. En definitiva para o ben persoal e non colectivo nin social, é o que prevalece hoxe en día.
Con só botar unha ollada ás persoas máis influíntes da actualidade pódese ver como está o mundo, entre os primeiros postos Lady Gaga e Justin Bieber, xa me diredes... xD