martes, 3 de mayo de 2011

¿POR QUE BRILAN AS ESTRELAS?

¿De qué están formadas?
Pois as estrelas son alquimistas cósmicos que continuamente transmutan os seus elementos. Non sei ben que raios significa esta frase pero é tan técnica...e incluso roza o poético,jajaja. As estrelas xeran a súa propia enerxía debido as reacción nucleares do seu interior.
As estrelas coma o Sol son respondables de producir boa parte do carbono,nitróxeno e mailo Helio que hai polo espacio, as supernovas (explosións de estrelas,de efectos semellantes ós dun reactor: pode esnaquizar a estrela en cachiños,desaparecela completamente ou orixinar un burato negro) do ferro, cromo e manganeso e as estrelas masivas que naceron con máis de nove masas solares son as responsables do osíxeno,neón,azufre...
Vamos que nunha serie de procesos semellantes xéranse no Universo a maior parte dos elementos da táboa periódica, é moi curioso que sendo fenómenos tan "semellantes" orixinen tanta variedade de materiais.Sobre todo tendo en conta que nos primeiros minutos tras a explosión que deu lugar ó Universo (hai 13.700millóns de anos) só había hidróxeno e helio...
Asombroso...

6 comentarios:

  1. na segunda foto,esas cores corresponden ós distintos gases

    ResponderEliminar
  2. Curioso si, non che podo dicir outra cousa agás que non sabía porque brilaban as estrelas (si que sabía que estaban formadas de gases e esas cousas) pero bueno, nunca está demáis saber cousas novas...

    P.D.: como te pillen os creacionistas te rebientan!! jajajaja...

    ResponderEliminar
  3. Por certo, que non vin 'Sin Límites' pero se atopa nunha listaxe imaxinaria de películas que quero ver... cando fora ao cine e estaba esta (non sei se aínda) decidimos ver 'Código Fuente' en vez de esta... XD

    ResponderEliminar
  4. eu estaba entre esas duas tamén...jajaja proximamente to fast to furious jajaja

    ResponderEliminar
  5. Xa vin Fast & Furious (proximamente a critica no meu blog) porque a da takilla nos dou mal as entradas... unha flipaduraaaa, mimaaa!!!

    ResponderEliminar
  6. Eu creo que nunca me parei a buscar isto, raro porque me parece moi interesante e curioso pero non se deu o caso, así que o artigo vénme xenial para resolver unha futura dúbida xD

    ResponderEliminar