MUSICA PARA AMENIZAR A LECTURA:
non é moi axeitado ó tema, pero encántame....
GUILLES DE RAIS
Este aristócrata francés do séculoXV, loitou nos anos finales da Guerra dos Cen anos xunto con Juana de Arco. Buscaba no sangue o segredo da pedra filosofal, para o que precisou tortura e matar a uns 300 nenos durante 8anos ata que foi capturado, procesado e ejecutado no 1440.
VLAD TYPES
O que máis nos sona, é o que inspirou a Drácula. Vlad Dracul (“fillo do dragón”) Principe de Valaquia no s.XV tamén é coñecido como o empalador…pero empecemos a historia polo principio… O parecer foi educado en Transilvania, no cristianismo pero aló polo 1444 cando só tiña 13 anos seu pai deixouno de refén en poder dos turcos, como promesa de que non os ía atacar…promesa que non tardou en romper, poñendo en perigo ó seu propio fillo, ó que tiñeron prisioneiro durante anos, sen maiores represalias.Ë considerado por moitos rumanos heroe nacional por haber intentado liberar a Valaquia, Moldavia e Transilvania da invasión turca. Posiblemente o desarraigo familiar e as penurias que pasou, contribuíran a fortalecer ese espítito de forte guerreiro, moi temido polas tropas do sultán Mehmed o Conquistador. Pero no 1462 é vencido e debe refuxiarse en Hungría, donde é novamente prisioneiro.
Nunca ocasión que estaba de moi mal humor, a súA amante, para animalo, dille que está preñada… pero o certo é que Vlad non quería ó seu redor ningún herdeiro que pudiera desafiar o seu poder…Asi que colleu un coitelo e abreuna en canal…(Seu pai conseguira reinar a pesares de ser fillo ilexítimo, polo que él intentaba evitar todo fillo posible)
Nas súas loitas apresaba opositores, ós que empalaba nunha estaca de madeira…tamén se di que os queimaba ou desollaba vivos…Un profesor que tiven (Fito) sostiña que Vlad se inclinaba máis polo empalamento por ser máis cruel xa que ó “meter polo…ejem” unha estaca non se danaban órganos vitais, anque sí se producía unha dor insufrible e un desangramento lento...Incluso as engrasaba previamente e lles puña as víctimas algo na boca, para que non puideran suicidarse por afogamento ó morder a lingua. Empalábaos en lugares visibles, incluso no seu xardín, para atemorizar ó resto. Estímase que o número das víctimas oscilan entre 50.000 e 100.000.Dise que organizaba ceas diante dos empalados, que mataba tamén a inválidos e mulleres promiscuas... A un ladrón que caeu nas súas mans coceuno e deullo de comer ós seus concidadáns… Tamén se dicía que tiña poderes necrománticos, que por iso gañaba tantas batallas, pero fora o que fora acabóuselle na batalla do 1476 na que Vlad se vestíu co uniforme turco para infiltrarse nas instalacións, pero os seu propios soldados non o recoñeceron e matárono, para rematalo, os turcos cortáronlle a cabeza e exhibírona no castelo Topkapi de Estambul.