Kurt Cobain nace no 1967 e criouse en Aberdeen , Washington. A súa infancia estivo marcada polo divorcio dos seus pais cando él tiña 7anos, e todo o que iso conlevou: a violencia dos mozos da nai, pasou de rebote pola casa de varios familiares, co pai tampouco tiña boa relación, anque recoñecía que algo bo sacara del: os discos de Led Zepellín e Black Sabath. A música era a súa vía de escape da realidade, e por suposto como sabedes tamén as drogas. Acabou vivindo co seu tio materno Chuck que con 14 anos lle regala a primeira guitarra, ós 4 dias xa tocaba Black is Black de AC/DC,e cancións de Queen. Aberdeen era coma o cárcere par él ,un pobo cun alto índice de suicidios, aburrido…Nunha ocasión Kurt pintou un graffiti nunca parede do pobo: “deus é homosexual” Pronto fuxiu de alí cara a Seattle onde coñeceu a Christ Novoselic co que crea o primeiro grupo musical: Fecal Matter , con Kurt á bateria pero o baixista abandonaos , así que Krist pasase ó baixo e Kurt á guitarra, aló polos inicios dos oitenta acollen a Dale Crover (batería dos Melvins, primeiro grupo punk de Seattle, que xa coñecían un pouco da fama e cos que compartiron escenario en ocasions). Aquí comeza Nirvana, que non tardan en despuntar e ter significativos concertos no 85 e o 86. Pouco despois sustitúen ó batería por Chad Channing co que editarán o primeiro album, “Love buzz” e “Big cheese” foron os maiores éxitos deste traballo. Pronto empezan a traballar no primeiro album de estudio, o comecido : “Bleach” , o éxito empézase a achegar a eles, medrando e a axenda de concertos , polo que non tarda en surxir “Nevermind” que supera toas as expectativas do grupo en canto a ventas e éxitos, traballo que conta con un novo batería que fascinou a Kurt, Dave Grohl. “Smells like teen spirit” convértese nun himno xuvenil, a pesar das mensaxes contradictorias que contén.
Cásase con Courthney Love, cantante de The Hole , e sacan un novo recopilatorio: Incesticide. Dise que neste álbum Kurt pretendía saír das listas de éxitos comerciales, é dicir, crear un mal disco para volver a tocar naqueles tugurios con fans entregados. Reclutan a un cuarto membro no grupo: Patt e publican IN Utero (adicado á súa filla). Dúas cancións coñecidas deste album: “Penny Royal Tea” e o “All Apologies”, e é que resulta que eran as únicas cancions que emitíu a MTV, o resto foron censuradas polas letras. Anque semellaba haber conseguido saír de esa espiral comercial, o certo é que parecía que Nirvana non era capaz de crear nada realmente bo, e eso deprimía a Kurt que seguía sen centrarse, xa non disfrutaba da música coma antes, e intenta suicidarse ata en dúas ocasions , nas que é internado por sobredose de heroína, ata que finalmente morre o 5 de abril de 1995, dun disparo na cabeza,non o topan ata 3dias despois, o certo é que xa ameazara con pegarse un tiro dias antes.
Dende o meu punto de vista non dubido que fora un suicidio a pesar de que non quedou constatado de todo; especulouse moito co tema… Grandes fans do grupo inclínanse polo asasinato, incluso culpan á súa muller .O certo é que era unha persoa perturbada que non tivo unha vida fácil, ó que se lle suman as drogas. Os intentos por rehabilitarse sobretodo desde o nacemento da filla, foron inútiles, e o matrimonio con Courthney supoño que non lle axudou demasiado,xa que ela tampouco era moi boa compañía neses aspectos…
Ninguén pode negar a influencia deste grupo no rock, son os fundadores do grunge, e o éxito que obtiveron resultou inesperado ata para eles mesmos.
Sinto haberme extendido tanto, non era es a miña idea, recoméndovos o libro “Heavier than Heaven” que a pesar de ser unha biografía tocha, leese moi ben e engancha, non so para os que somos fans de Nirvana senon tamén para todos aqueles que poidan sentir algunha identificación cos estados de ánimo do protagonista, que os describe moi ben, ou simplemente que lles guste a lectura. De verdade que vale a pena.KURT COBAIN
Comentarvos que nas miñas pesquisas por internet, intentando preparar futuros artigos, topeime con algunha páxina/blog q afirma que escoitar rock incentivaba o consumo de drogas, asi como os suicidios, e por se iso fora pouco tamén a homosexualidade!!!
ResponderEliminarDespois de ler tantas aberracións...preguntome cal será o tipo de música que curará os nosos males...
Felicidades polo blog!!! Xa lle iras pillando o trankillo...
ResponderEliminarO tipo de música que curará todos os males.....
ResponderEliminarPodemos escoitar nanas ou nenés....
Eu xa estou perdido, vos ainda vos podedes salvar..... je
non entendo se o comentario do señor da xe é positivo ou negativo, por favor aclárate!!!!!!
ResponderEliminarÉ positivo non te preokupes... O de pillarlle o trankillo é porke dixeche ke parecia máis facil do que en realidade é....
ResponderEliminarA miña opinión vai conxunta ao do Señor da Z, eu estou condeado, e tampuco me interesa buscar unha forma de curarme "este mal".
Vémonos no inferno!!
se gaña a enquisa drenthe....en que idioma lle teño que facer a entrevista??? tereille que preguntar polos seus logros musicais...por seguir a temática dos blogs....
ResponderEliminar