sábado, 26 de diciembre de 2009

BRUXAS...







A clave para entender este fenómeno témola que buscar na historia do pensamento, en particular no relixioso. A idea bíblica da existencia do diaño levou siglos de elaboración teolóxica, a figura do feiticeiro como axente do demo e as prácticas supersticiosas como feitos satánicos, levou séculos de composición polos pensadores da Igrexa.

As supostas bruxas foron perseguidas durante moito tempo, por medo, sendo utilizadas como cabezas de turco, e en alguns momentos de crise acusar ó veciño de bruxería era unha forma rápida de librarse de él. Pero o certo é que este caso afectaba principalmente ás mulleres, posiblemente debido ós coñecementos medicinales que poseían, a esa especie de intuición, por ser “raras”, ser demasiado adiantadas á síúa época… Un documento importante na historia da brujería é o Canon de Episcopi, século IV que condenaba a aqueles que se mostrasen afíns ó demo. Sen embargo, séculos mais tarde, os inquisidores optan por obviar o contido do Canon, aducindo que nacera unha nova secta de verdadeiros adoradores de Satán que había que combater.

Medo real ou ficticio?
Sabemos que Europa era asolada por epidemias de peste, que supuña unha gran crise colectiva... A xente asustada suele necesitar un culpable, e suele ser tamén fácil de manipular...
En 1484 o Papa Inocencio VIII promulga unha bula, la Summis desiderantes, unha especie de declaración de guerra aberta contra as bruxas, que instigadas polo Maligno, asesinaban a nenos nas entrañas das nais e dábanse ós excesos... Probablemente a mención ás mortes de nenos se refira a que, debido ós coñecementos que tiñan algunhas mulleres sobre herbas e ó mellor coñecemento aínda do corpo feminino, elas eran as que practicaban os abortos cando se daban. En canto ós excesos... ben, para a mentalidade da época, que un grupo de mulleres se reunise polas noites para charlar, bailar sen pudor (contase que moitas veces bailaban espidas) e divertirse nunha especie de comunidade feminina, non debía ser fácil de entender. E o que non entendemos o non compartimos situámolo dentro do anómalo ou do excesivo. E entrando en temas relixiosos, táchase de inmoral ou pecaminoso.


INQUISICION

Os “xuizos” que se llevaban a cao distaban moito de ser exemplo de xustiza. Para a acusación bastaba a sospeita, sen probas, non había opción a defensa e as confesions ou declaracións feitas baixo tortura eran usuales e válidas. Incluso se o sospeitoso non confesaba despois de ser torturado, esto interpretábase a veces como un signo mais do forte que era a intervención do Demo.

Os crimes que supostamente cometeran estas persoas :renegar de Deus, maldecilo, rendir culto ó Demo, sacrificios, ofrecerlle hijos antes de que naceran, matar nenos para facer pócimas con eles, comer carne humana, profanar cadáveres, beber sangue, maleficios, provocala esterilidade do gando o dos pastos, practicar incesto e ter prácticas sexuales "aberrantes", e ollo ó dato, o trato carnal co Demo. En algúns casos eran acusados ademáis del crime de traizón ó Estado, pois tiñan ó Demo como máxima autoridade, en vez de ó seu goberno.
Na práctica, era tan difícil probala inocencia de un que miles de mulleres foron torturadas, queimadas en fogueiras, aforcadas... Cada vez afianzase mais la teoría de que as miles de mulleres torturadas e asasinadas en concepto de bruxas non eran únicamente enfermas mentais ou físicas –explicación que prevaleceu durante un tempo– nin só víctimas da ignorancia ou codicia de veciños ou inquisidores, “senon que un número importante delas formaba parte dun movemiento social subversivo que foi barrido á lume ca excusa da relixión”. (esta é a opinión de algúns)

O certo e que ca excusa das bruxas cometeuse un gran femicidio que tampouco é que conste na historia como relevante, a pesar dos fortes sufimentos e torturas que sufriron, así coma o importante número de mulleres asesinadas. Se nos poñemos a pensar en ejemplos coñecidos da historia, a muller supón “o mal”
na relixión grega, Hecate –nai doutra bruxa, Medea– era deusa infernal dos sortilexios; na tradición xudeocristiá, Eva é a tentadora que incita a Adán e xuntos cometen o pecado orixinal…etc…
¿AQUELARRE?

No século XVI en Italia, viveu Gostanza, unha muller extranxeira recén cegada a un pequeño pobo da península. O feito de que varios nenos ós que axudou a nacer morresen, motivou a oleada de denuncias na súa contra. Ë detida pola Inquisición e interrogada e torturada durante varios días sucesivos ó fin ela di: "Si queréis que os diga mentiras, las diré...". Ahí comeza a confesión. Describe o que coñecemos actualmente coma o aquelarre, a súa relación co Demo, o seu voo en escoba, como se convirte en gato, e bebe sangue de nenos. Describe todo o que os inquisidores esperaban. Dez días despois o propio Inquisidor de Florencia, un home mais ilustrado, asume a carga dos interrogatorios e do caso. Gostanza comeza a describir a súa vida, o seu rapto ós oito años para ser entregada ó hombre que será o seu marido. O abuso a esa idade, a fuxida da realidade, como encontraba refuxio no monte e nas súas fantasías. A imaxen que ela presenta é unha construcción onde se entremezclan os sus propios anhelos, expectativas, e soños. Toda fantasía ten unha base real. Neste caso Gostanza, amalgama visions derivadas da instrucción relixiosa e da cultura e saber popular.

De longos séculos de transmisión campesiña surxe así o que hoxe coñecemos como o aquelarre, con certas matizacións, claro.

6 comentarios:

  1. Esta bn. Que mística está arredemo

    ResponderEliminar
  2. grazas señor da z...debeu ser o único que o leu...puxen demasiadas letras...jaja

    ResponderEliminar
  3. Esta ben,(nn sei que comentar).

    ResponderEliminar
  4. Arredemo!!!
    Grazas polo artigo...unha lectura reveladora: nunca se me pasou pola cabeza a idea das moitas mulleres que keimaron na fogueira, que incluso se pode falar de xenocidio, e das que ninguen di nada....
    pero weno, os CRIMES da "santa" inquisición encherían páxinas e páxinas....

    Un saudo...
    Por certo: non sei se serei capaz de comentar obxetivamente o proximo artigo sobre Piqué...

    ResponderEliminar
  5. grazas polo comentario señor da xe, vexo que pillou o enfoque...
    que conste que o de Piqué será un artigo moi esperado, raclamáronmo moito...jaja

    todo comentario será ben recibido...ó mellor vostede pensaba que a enquisa acadaría outro resultado... ... ... ...

    ResponderEliminar
  6. Moi interesante, a igrexa católica sempre tan tolerante con aqueles que son diferentes, especialmente as mulleres.

    ResponderEliminar