miércoles, 9 de noviembre de 2011

MULLERES DA HISTORIA: CLEOPATRA

Nesta ocasión teño o pracer de citar a un personaxe coñecido por todos e de certo encanto tamén, ben sexa pola historia ou polas lendas que a acompañan,en efecto, falamos da ultima raíña de Exipto. Naceu aló polo 69 a.c e calcúlase que finou no 30 a.c. Era filla de Cleopatra V Trifena e Ptolomeo XII ,de quen herdou o trono no 51 a.c con aproximadamente 18 anos. Foi educada xunto cos seus irmans na cultura helénica, dominaba múltiples idiomas,literatura,matemáticas, ciencias políticas,medicina… e antes de chegar ó poder tivo que casarse cos seus 2 irmans como mandaba a ley dos Lágidas.

Ó principio do seu reinado os labregos sufriron moitas pandemias, intetnou ser constante, vixiar os gobertantes doutras rexións do país, creou novas leis,devaluou a moeda para as exportacións… moitos estaban en contra da súa política de negociar con Roma, entre estes a súa irmá e o seu esposo-medio irmán… Polo que tivo que exiliarse a Siria con motivo dun complot destes e anque intentou formar un exército e recobrar o trono non o logrou. Enterouse de que Pompeyo fora derrotado por Xulio César e decide aliarse con este. Ö parecer colouse no palacio do Cesar envolta nunha alfombra e tras as negociacións políticas pasaron a noite xuntos. O irmán de Cleopatra asasinara a sangue fría ó exiliado e vencido Ponpeyo cando foi vencido por César e este gardaballe un certo resentimento que desembocou nunha guerra que lle devolveu o poder a Cleopatra ,a cal foi obrigada a casar co seu irman menos de 12 anos. No 47a.c nace o 1º fillo de ambos apodado Cesarión . A influencia romana favoreceu certos ámbitos da política,e sobretodo os tributos en Exipto pero en Roma Cleopatra era observada con certa desconfianza. No 44a.c Xulio César é victima dun asesinato urdido por un grupo de senadores polo que Cleopatra regresa a Exipto con Cesarión, que ainda non fora recoñecido como fillo lexítimo, e temendo que o seu irman pequeño medio-esposo quixera mais poder, mátao envelenandoo.


Marco Antonio era a man dereita de César,e estivo investigando o asesinato buscando xustiza, logra forman en Roma o coñecido triunvirato (imperio gobernado por 3 persoas: o fillo de Pompeyo, Marco Antonio e Octavio)e busca a alianza da raíña xa que Exipto segue sendo moi rico, Ceopatra ó principio non se fiaba moito del pero acabou accedendo e acabáronse namorando , pasaron un tórrido inverno xuntos en Exipto ata que o xeneral é requerido en Roma e presionado para casar coa irmá de Octavio,chamada casualmente Octavia . Cleopatra deu a luz a dous xemelgos; os namorados non se volveron ver ata 4 anos despois, que foi cando se casaron. Exipto vivíu unha época de prosperidade ,tiveron outro fillo e vivían a todo luxo. Cousa que non era ben vista en Roma,ó igual que a bigamia que era ilegal, e tras varios rifi-rafes prodúxose unha guerra entre o exército de Marco Antonio e o de Octavio Augusto (batalla naval de Actio) anque a guerra fora declarada formalmente a Cleopatra por embaucar a Antonio, practicar bruxeria ,etc…Octacio proclámase vencedor .
Tras o fin da guerra Octavio Augusto entra en Alejandría tras cercala e interceptar os barcos que pretendían fuxir coas riquezas e os fillos da raíña, a intención era apresala e exhibila en Roma. Cleopatra encerrouse coas suas criadas no mausoleo mentres o seu amado intentaba sobornar a Octavio, inútilmente, xa que o engañaron cun informe falso de que Cleopatra estaba morta e suicidouse,cóntase que no seu último alentó foi levado ó mausoleo para que ela o vise morrer e ó mesmo tempo apresala. Intentou seducir sen éxito ó seu inimigo, pero éste era un home frío moi diferente dos anteriores e vendo o que lle esperaba tamén optou polo suidicio , pedíulle ás criadas unha cesta con frutas na que debían introducir unha vívora áspid ; escribíulle unha carta ó emperador ,nos últimos minutos, onde pedía ser enterrada xunto ó seu amado,petición que non lle foi concedida. Cesarión foi asesinado e o resto dos fillos foron criados pola muller de Octavio.

5 comentarios:

  1. Plutarco dijo: “su belleza no es incomparable, pero si su inteligencia “.

    ResponderEliminar
  2. Nada mellor como ver as duas temporadas da serie Roma para enterarse do tema, jajajaja... a primeira acontece ata o asasinato de Cesar e a 2º conta todo o que aqui describes... XD

    Unha recomendacion para rellenar un comentario! XD

    ResponderEliminar
  3. recomendación que será tida en conta...e contan a historia asi?? collin a versión que figura nos documentales de egiptomanía porque xa se sabe que cando unha muller consigue éxitos se lle atríbúen amantes e méritos sexuais que non teñen sempre pq ser a razón dos seus logros....

    ResponderEliminar
  4. A serie polo que lin é bastante fiable históricamente, aínda que con Cleopatra fan ahi unha historia para crear dúbidas bastante divertida, é que a serie vai de dous lexionarios amigos e arredor deles acontecen todos estos feitos históricos... decir tamén que a 1º temportada é moito mellor que a segunda...

    P.D.: a de Tintin está bastante ben, déronlle moito bombo pero non está mal... XD

    ResponderEliminar
  5. Se hai unha muller coñecida por todas as persoas a pesares dos anos transcurridos, esa é Cleopatra. Entre libros, documentais, películas... a súa vida dou moito de si. Haberá unha parte máis real e outra máis lenda en todo o que nos chegou pero o que está claro é que foi moi influínte.

    Eu non vin a serie nin a película de Tintin, nunca me engancharon eses cómics e a peli non me chama a atención o suficiente, igual algún día a vexo xa que decides que non está mal.

    ResponderEliminar