martes, 30 de noviembre de 2010

O XUIZO DE NÜREMBERG...¿XUSTIZA?

Nos últimos días da guerra, Hitler designou como novo presidente a Karl Dönitz que visto o panorama non lle quedou outra que negociala rendición. O xuízo de Nüremberg foi o primeiro xuizo internacional celebrado para axustizar a importantes membros do goberno nazi (21 concretamente). Celebrados en 1945-1946 con mais de 400 sesións que se prolongaron durante dez meses e dez días.

Stalin inclinábase por unha xustiza o máis expeditiva posible e esa sería a idea mantida finalmente por Churchill cando nos últimos meses da guerra manifestaba desexar fusilar ós xefes nazis en menos de 6 horas, os americanos rexeitaron esta opción (curiosamente) e o presidente Truman opinou que sería mellor constituír un tribunal militar Internacinal, (que sentou as bases do actual Tribunal penal da Haya).Estados Unidos, Gran Bretaña, Francia e a Unión Soviética finalmente celebraron un acordo para xulgar ós principais dirixentes e non caer nos erros da primeira guerra mundial permitindo que os propios alemáns os xulgaran e que puideran escapar...

O proceso levouse a cabo no Palacio de Xustiza da cidade de Nüremberg, un edificio amplo que se salvou da guerra e no que se aprobaran as leis racistas do Terceiro Reich. O estatuto firmado no acordo tipificaba catro cargos: crimes contra a humanidade (exterminio),crimes de guerra en países ocupados, crimes contra a paz (iniciar e librar unha guerra ofensiva) e conspiración. (*aínda non estaba tipificado o xenocidio como tal) . Pretendíase aplicar unha xustiza basada no dereito natural (basándose en percepcións morais) pero o primeiro problema co que se toparon era que o ordenamento xurídico nazi (admitido polos demais países antes da guerra) amparaba case tódalas actuacións levadas a cabo…(lei para protexer a honra e sangue alemá, lei de reorganización da burocracia, de unificación,e un longo etc…) e o ordenamento debía obedecerse por lei (esta foi a gran baza da defensa). Hai que ter en conta que estas actuacións se xestaron baixo un réxime autoritario, que estaba lexitimado por ferramentas democráticas, mediante as cales os cidadáns escolleron apoiar a causa de Hitler (alomenos ó principio).

Durante as sesión reconstruíronse sucesos como o incendio do Reichstag, a noite dos cristais rotos, diversas “anexións” de países, a operación Barba roja, técnicas de despoboación, execucións masivas, prácticas médicas… As imaxes da sala do Palacio de xustiza tiña pilas inmensas de documentos que presentaban as partes (mais de 4000); 240 testigos; 300000 declaracións xuradas…


CONTRADICCIÓNS:

-Que os encargados do enxuiciamento foran tan só os países gañadores… e que usaran un tribunal militar internacional ¿militar era o máis axeitado?

-Non se lles acusou segundo o dereito nacional alemá vixente durante a guerra, se non por delitos definidos para a ocasión. Como oiríades alguna vez, non pode haber pena sen unha lei que defina tal conducta como delictiva, a defensa alegaba que planificar ou desarroiar unha guerra non era delito, e que tal condena iría en contra do principio que prohíbe que as normas penais se apliquen con retroactividade.
  • ¿por qué non se xulgou tamén o bombardeo dos aliados se se pretendía unha xustiza igualitaria? ¿Por qué non se xulgou a todos os criminais que participaron nos actos delictivos do Terceiro Reich?
  • ¿Que hai das persecucións xudías antes da guerra?
Anque para tratar este suceso nos debemos colocar dende unha perspectiva “da época” as condenas non teñen perda, podemos dicir que hai un pouco de todo , incluso absolucións (teño ganas de saber que foi deses que absolveron)… Os que foron condenados á horca foron executados ó dia seguinte á sentencia, a Corte escolleu este “medio” e rexeitou a petición de ser fusilados por un pelotón, porque ó parecer “este castigo supuña unha degradación dos seus cargos e da súa imaxe de oficiais”.

domingo, 21 de noviembre de 2010

PELIRROJOS!!!

Non sei de onde me saíu a idea dun artigo sobre pelirrojos…pero xa está…Estes cabelos avermellados deben a súa razón de ser a unha variante da melanina. A eumelanina da tons grisáceos, castaños escuros e negros; mentres que a feomelanina proporcina tons amárelos e vermellos. En 1997 descubreuse que a variedade de tons dependen en boa medida da melacotina-1 e da exposición ó sol, pero resulta que os pelirrojos teñen unha variante no coromsoma MC1R 16, un xen recesivo cunha antigüidade entre 50000 e 100000anos.Disque o 2%da poboación mundial tesn ese xen,latente ou visible; e que determinadas etnias teñen unha maior abundancia como os xudíos de Centroeuropa, ou os bereberes do norte de África...anque posiblemente os primeiors en presentar estas características serían certos habitantes do norte de Irlanda. "Los expertos citados por el National Geograic estiman que los pelirrojos habrán desaparecido en 2060, aunque otros piensan que el gen puede permanecer latente en el sistema reproductivo durante generaciones".

A publicación sinala que o xen dos pelirrojos tivo en principio o beneficio de aumentar a habilidade da pel para producir vitamina D a partires dos raios do sol. Pero sen embargo teñen máis posibilidades de contraer cancr de pel e maior sensibilidade térmica.
O mundo.es publicaba a seguinte noticia o 27 de decembro de 2007:

¿NEANDERTALES PELIRROJOS??
“Los neandertales eran pelirrojos y de piel clara, como algunos humanos modernos que hoy habitan el hemisferio norte del planeta, según una investigación.
Este es el primer rasgo físico que se conoce de estos humanos, desaparecidos hace unos 25.000 años, que no se puede adivinar por los fósiles de sus huesos.”

Ó parecer cultivaron células da pel de achados fósiles atopados en Asturias e Italia. Esto explica que os nosos antepasados ó sair de ¨frica cara Europa por selección natural perder o xen que os protexe da radiación solar. Esto ocorreu cos neandertales, posteriormente o Homo sapiens, fai uns 40000 anos, volveron a obter o mesmo aclaramento de pel e de pelo con outra mutación que daba o mesmo resultado…anque non hai que olvidar con todo isto que entre nós e os neandertales hay un millón de mutacións…

Deuseme por buscar famosos pelirrojos na historia…fálase do rey Salomón na Biblia, que tiña unha espesa barba coma un sarro e unha longa cabeleira de lume coa que seducía ás mulleres e atemorizaba ós inimigos. Enrique II permiteu que a súa esposa lle trouxera un cosmetólogo para ver se con diversos ungüentos lle daba sacado as pecas…logrando únicamente cubrirse de ronchas.

Federico I, Enrique VIII cun cabelo que semellaba feito de fino cobre, vanidoso coma él só, admitíu que se sentíu atraído pola súa quinta esposa por ser ó igual ca él pelirroja. A filla de ambos, Elisabeth Tudor herdou os mesmos caracteres, incluso moitas das súas damas de compañía recurriron a diversas mezclas para lucir unha melena da mesma cor que a súa dona.

E como non citar a Genghis Khan, gran conquistador ,do que se di que posuía un cabelo color caoba e uns ollos pardos…por iso se dicía que era fillo do Demo…anque curiosamente algún santo presentan rasgos semellantes (exemplo San Patricio). E xa que falamos de santos a partir do século IX a Xudas retrátaselle tamén co pelo vermello, extendendose estes rasgos tamen a outros traidores como Caín, etc… Incluso na etimoloxía alemá Xudas ten o sobrenome de Iskairot ( ist-gar-rot “ é todo vermello”)

E no ámbito das artes Pedro Pablo Rubens e Vicente Van Gogh serían os máis coñecidos.

miércoles, 17 de noviembre de 2010

LEÓNIDAS !!!!!!!

Xa teño falado e citado certas chuvias de estrelas noutras ocasións... Durante esta semana pódese ver a chuvia de meteoros das Leónidas!! Coma sempre a mellor hora é cando se pon o sol ou xusto antes de que saia cando a lúa menos interfire.

Os fragmentos proceden dun cometa (Temple-turttle) que ó achegarse ó sol desintégrase, e os pequenos trociños de po ó entrar na nosa atmósfera producen o que comunmente denominamos estrela fugaz.





Teríamos que orientala mirada hacia a constelación de Leo, á que deben o nome anque veremos se as nubes nos deixan ver algo sequera... Intentei buscar un mapa das constelacións para a ocasión, anque pon outra data é o mellor que topei (polo menos no que se entenda algo)...



lunes, 8 de noviembre de 2010

GREGOS TEATREIROS!!!

Quedoume algo olvidado o das culturas e as profesións de antigos artigos. Asique nesta ocasión o tema é os gregos e o Teatro, non o titulo gregos actores porque non me pareceu de todo apropiado pois como recordaredes do instituto, nos teatros non só se representaban obras, senon tamen danzas, ritos e diversas manifestacións da cultura popular que evlucionaron resultando o que hoxe denminamos teatro propiamente.A cuna desta evolución foi Atenas pois era a acrópole mais destacada. Os famosos dramas gregos, as fábulas …son termos que a todos nos sonan. Conservanse obras ou fragmentos de textos incluso do ano 500 a.C. e poderíamos destacar a autores como Tucídires (con obras coma os persas ou o Prometeo encadenado) Sófocles co famoso Edipo Rei, Aristófanes,as fábulas de Esopo…

Os temas principais das obras eran a vida dos Deuses e semideuses e a súas relación cos mortais, as batallas… Eran moi dados ós festivais culturais sobre todo no “mes das flores” como o festival adicado a Dionisio… As “Leneas” festas celebradas no mes das bodas que co paso do tempo e a masiva afluencia incluso de extranxeiros fixo que se celebrasen no Teatro de Dionisio. Premiabanse obras coma a de Cratino “Os sátiros”

As Dionisias rurales eran festas que se celebraban en decembro, tratábanse de procesións ó redor dun falo para chamar á fertilidade. Eran máis de carácter agrario e diversas fontes indican que se celebraban varias ó longo do ano. Por outra banda taméne staban as Dionisias Cidadanas ou Grandes Dionisias adicadas a tal Deus, realizabase unha procesión na que a estatua viaxaba por diversas ciudades seguida por un desfile militar e tamén de antorchas. Tamén se realizaban representacións dramáticas con motivo desta celebración, ó certamen acudían 3 autores que presentaban 4 pezas distintas, tres traxedias e un drama sátiro que se representaban en días sucesivos de modo que esta festividade duraba seis días. Como imaxinaredes as festas na honra deste deus (da fertilidade e do viño) eran a caña e seica os ritos foron os que posteriormente deron lugar ás traxedias (igual era pola resaca ó día seguinte). Traxedia ó parecer ven de “tragos” cabra e “odé” cántico…

As comedias tamén se presentaban ou ben nas Leneas ou tamen nas Dionisias pero tan só se trataba dunha obra por cada un dos cinco autores concursantes anque este numero variou ás veces.

Para a escenificación empregábanse máscaras que ocultasen o rostro…que pouco a pouco foron evolucionando no que hoxe denominaríamos mais ben caretas. Zancos, coturnos que eran uns zapatos que lle engadían altura ós actores para que se viran mellor , e diversos traxes e túnicas.


Era frecuente a participación de coros nas representacións, vestían de negro e situábanse xunto a orquesta. A inclusión deste elemento musical constitúe unha das diferenzas entre a comedia antiga e a nova ou media, así como a temática que xa non é tan só satírica.

lunes, 1 de noviembre de 2010

UN POUCO DE LITERATURA



HANSEL E GRETEL ás Finas Herbas

Por Iago Mouriño

Se houbese unha asociación de país de nenos de contos infantís,vistos os historiais, seguramente se trataría dunha panda de energúmenos insensibles tomando decisións equivocadas coas mellores intencións. Para si mesmos, sobreenténdese. Máis ou menos como hoxe en día. Porque precisamente así comeza a historia; o imbécil do pai, a falta de pensión alimenticia (au a saber en que a gasta), no canto de buscarse un curro decente, sellar tódolos meses a tarxeta do paro ou facer cursiños do Inem, prefire abandonalos fillos. Moi hábil. E para rematala faena non os deixa na porta dalgún grasento ricachón de rutinarias tradicións dominicais, senón en pleno bosque, á intemperie, á sorte de animais ou seres criptozoolóxicos (¡coño! Dous hobbits a cabalo dun Ent e o axente Smith en plan elfo vestido de nenaza!).

Pero os dous críos (Hansel Aví e Gretel Garbo) son espabilados de carallo. Cando se dan conta do percal arrean camino para adiante. Iso si, a casa non a buscan nin de coña.

Finalmente dan cunha casa de chocolate (do sólido, do que se come), vainilla e gominolas. Que, francamente un humilde servidor pregúntase como redemo aguanta iso en pé durante o verán. O chalé está mercado en multipropiedade con un dos cabróns históricos da publicidade: o décimo especialista en odontoloxía. Ese insensato fillo de puta malnacido que ten a cara de recomendar non lavalos dentes e mascar chicle con azucre tendo a nove compañeiros de profesión en contra.

Total, que se poñen a papexar na casa e sae a vella, a bruxa (prima segunda de Sarumán, por parte de pai) co cabreo encima. Méteos para dentro coa excusa de que aínda ten máis golosinas (como se lles quixera provocar diabetes) e os dous cativos caen na trampa. A bruxa encérraos e cébaos para guisalos. Iso chámase canibalismo.

Final alternativo un: entra Gandalf en escea, líase coa bruxa e vanse os dous apapiolados a un motel. Hansel e Gretel morren por inanición encerrados na gaiola.

Final alternativo dous: cando a bruxa vai preparar a Hansel, Gretel empúrraa na caldeira. Hannibal Lecter nota o arrecendo mentres da un paseo polas pradeiras para ler o Financial Times e entra na casa para comerlle o fígado con champán francés. Despois mata e descuartiza a Hansel e Gretel para metelos no conxelador.

Final alternativo tres: Hansel e Gretel toman por erro entre as golosinas unha pastilla vermella e saen de Matrix. A bruxa comeza a clonarse sobre todos os habitantes da Terra (Multi) Media. O Oráculo líase con Gandalf, que non é outro que o Arquitecto con melena e Aragorn, fillo de Arathorn, primo de Zaragozarn e Teruelrn e … Mellor deixémolo.