miércoles, 12 de mayo de 2010

¿SEGUIMOS SOÑANDO?

Pois decántome por profundizar no mundo dos soños, despois de investigar achégovos os resultados, resumindo moito moito….paso da prehistoria e comezo cos filósofos… que xa sostiñan que os soños non son mensaxes de Deus…senon da psique…

Aristóteles nas súas obras xa mencionaba os soños, definíaa como a actividade psíquica da persoa que durme;sabía que un soño converte as sensacións leves percibidas en sensacións físicas intensas, que o levaron a concluír que os soños traicionan fácilmente ó médico nas primeiras indicacións dun cambio físico que puido escapar durante o día.
Sigmund Freud , unha das persoas máis influíntes no mundo dos soños, sinalaba que as nosas mentes gardaban recordos e emocións no noso subconsciente, transformou así a forma na que se estudiaba a mente humana. Un dos seus descubrimentos mais importantes foi que as emocións enterradas na superficie subconsciente suben a superficie consciente durante os soños, e que recordándoos axuda a destapar as emocións e os recordos enterrados.
Na súa obra “A interpretación dos soños” emprega os seus propios soños para demostrar a súa teoría.

Mantén que tódolos soños son realizacións disfrazadas de desexos reprimidos, “deformación onírica”. Hai soños negativos de desexos, donde aparece o incumplimento do mesmo;unha das explicación sdisto podería ser a satisfación dunha tendencia masoquista.
Freud pregúntase ¿por qué é unha deformación? Xa que podía ser que o soño o expresara claramente, pero esta deformación é intencional e débese á censura que o suxeito exerce sobre os seus desexos.
Así que o que pode parecer ser un conxunto de imáxes soñados sin sentido pode, a través da análise e do método "descifrador", topárselle coherencia;tódolos osños son interpretables. Resalta a importancia das experiencias da infancia, a linguaxe “hieroglífica” e a psicoanálise.


Espero non vos aburrir…a min pareceume interesante…jiji

24 comentarios:

  1. UPS...extendinme un pouco demasiado...pero é pensando no señor da xe, para que non se aburra...jajaja

    estaría ben se queredes comentar algún soño peculiar...eu como só soño co da xe non volo contarei...

    weno había unha vez un rapaz que soñaba (habitual e repetitivamente) que caía e caía por un urinario masculino...de verdade!!!non o inventei!!!
    pero non lle topei interpretación posible...

    ResponderEliminar
  2. Si claro... vostede non kere kontar o ke soña e punto (a saber), eu komo tamen soño só con vostede tampouco volo podo kontar (ademáis que seguro son + explicito ka vostede, xD)...

    Agora en serio!!! xD... eu case nunca recordo o ke soño e non sei porque... para soños raros esperemos que Maria apareza por aki algun día, que seguro ke flipamos...xD

    Xa vexo que falou vostede de Sigmund Freud, o cal era obrigado vendo o tema tratado, e ademáis aprendin algo + xa que oira falar del, o pai do psicoanálise e iso todo, pero nunca profundizara na súa persoa...

    Moi ben, moi traballadora...

    ResponderEliminar
  3. Jejeje xa aparecín o rescate!!! E a todo isto, por favor, podese saber que é o rapaz do urinario???????

    A min gustame saber que interpretacións teñen os soños por si saco algunha conclusión e os relaciono con algo real pero sinceramente e despois do amplo e variado abanico de soños que tiven o longo da miña vida non creo en ningunha relación..
    Non sabería decir cal foi o mais raro que tiven pero sempre me intrigou cando soño con xente que non coñezo e con lugares nos que nunca estiven.. Tamén tiven unha autentica pelicula "scream" na casa dos veciños e soños eróticos con xente que para nada me atrae nin o mais mínimo, case descoñecida..

    De todas formas, noraboa polo artigo, está moi ben o tema!!!

    ResponderEliminar
  4. Ah, como me gustan a metade dos debuxos que inserta nos artigos, o deste é unha pasada!!!!

    Noraboa polo debuxo do artigo tamén jejeje, quedouche planchado!!!! je

    ResponderEliminar
  5. Porque ninguen soña comigo.... XD

    Eu nunca me lembro do que sonho: O que non sei se é bo ou malo. jajaja.

    Sigmund Freud si que estudiou isto. Pena que non lle poidades preguntar polos vosos sonhos, os cales son moi raros. A saber o que andades reprimindo para castigarvos de esa maneira. Jajajaja.

    Acordádevos de sonhar en branco e negro....

    ResponderEliminar
  6. eu soño en color!!!!si, estou tola...non podo soñar con vostede señor da z...porque en canto me estou quedando grogui me esperta!!!!jajaja así como quere que soñe!!! polo menos líbrase, que os meus soños son moi malos, bélicos, sanguentos...son millores os de maria....

    mariaaa...nunca sonñaches co da z?????

    ResponderEliminar
  7. Só aparezo para comentar sobre as pelis posto que vin as 2, ad+ que se non comentamos os blogueiros esto xa non é o ke era....xD

    CIUDAD DE DIOS: vina hai moito tempo, no 1º ano de carreira, jajajaja, xa hai... e nun principio non keria vela pero me akabou gustando... Un desgraciao o Buscapé, ou komo se chamara (kreo recordar, jajajaja)

    MI NOMBRE ES HARVEY MILK: xa o dixen no meu blog cando a vin, unha gran pelicula, en parte grazas a interpretacion de Sean Penn, ademáis dunha historia que rara vez relatan nas películas, e unha gran mensaxe final...

    Ala, xa acabei...

    ResponderEliminar
  8. Gústame moito o tema dos soños, pero polo que sei non todos os psicólogos están de acordo co tema de Freud... de feito as que coñezo non o comparten... Aínda que se é tan popular é porque o seu tempo lle adicou a investigar neste ámbito e os seus resultados acadaría. Ademais que creo que é inevitable falar dos soños e non nomealo; máis-menos cuestionadas as súas teorías hoxe en día... hai que recoñecer que tivo moito éxito coas mesmas.

    En canto aos soños... eu recordo bastantes deles, hai noites que me desperto na metade, volvo durmir (non me costa nadiña volver enganchar o sono xD) e cando desperto recordo perfectamente o soño. Aínda que esto pásame poucas veces. Din que hai que ter un papel na mesilla para cando te despertes que anotes o que lembres do soño, tanto color, persoas, lugar, época... todo o que recordes para non esquecelo e despois indagar se se quere no seu significado, se é que o ten, ou que chegas a dar con el, que eso é outro conto xa.

    Eu un soño no que persoalmente o paso fatal é cando estou no mar nadando, vexo algún bicho (pa min case todo o que hai no mar son bichos) que me persegue, e como sabedes no mar córrese moi mal, si, xa o sei tamén pero dáseme por aí, en lugar de escapar nadando. Agóbiome un montón e póñome moi nerviosa, total, que me levanto co corazón a mil e cansada. E dito sea de paso, é interesante ver como hai veces que os soños repercuten na realidade unha vez que te despertas. Eso de que se estás chorando nun soño e te despertas con bágoas nos ollos... ou o de que soa un teléfono e en realidade é o despertador... ou o de que o tío co que estás no soño che di que xa son horas de marchar cando na realidade é túa nai que te ven despertar... mmmm... bueno.... creo que aquí se me foi un pouco, perdoade, jajajja. Pero tenme pasado ;)

    Gustoume moito, nótase? :)

    ResponderEliminar
  9. Grazas natalia!!!gustoume que che gustara polo menos mollácheste a diferencia dos demais, que no fondo era o que buscaba...

    Vexo que tés soños intensos...¿e soñas en color ou en branco e negro?

    A min pásame que me acordo ó espertar e a non ser que sexa unha burrada, coma o dia que secuestrei a princesa Leticia ou cousas así, despois vaiseme ...
    Nunca soño cousas bonitas, sempre violentas e as portas, nos meus soños sempre hai portas, abro e estou nun sitio, de súpeto abro outra porta e estou noutro distinto...casas distintas, etc...

    ¡A ver señores! non se me mollan nada, podedelos deixar de forma anónima!!
    o do urinario non revelarei a identidade, por suposto...

    Maria(aquí é onde te podes lucir)jiji

    ResponderEliminar
  10. Maria non di o ke soña por medo a ke a tildemos de tola...xD!!

    ResponderEliminar
  11. pero eso de maría xo sabiamos...antes de que nos contara soño algún....jajaja

    ResponderEliminar
  12. Si, teño soños bastante intensos, non todos, pero algúns teñen moita carga emocional que evidentemente son os que me producen máis sensacións á hora de espertar e recordalos.

    Secuestraches a Letizia??? Jajajaja!! Que interesante.... E que fixeches con ela?? Cal era a finalidade? Pedir un rescate? Ou a súa vida a cambio da abolición da monarquía? Jajaja, igual non eres tan radical coma min e con que rebaixen un pouco os gastos conformaríaste xD Porque secuestrala para nada... jaja, conta algo máis do soño, que me fai moita gracia :)

    Antes soñaba en cor pero dende uns meses para aquí en branco e negro pero sinceramente non teño moi clara a diferenza á hora da interpretación.
    Eu co das portas non soño pero dáme moita envexa, encantaríame poder facer iso sempre e cando foran sitios aos que quero viaxar, por pedir... jaja.

    Outro soño típico é o de caer nun precipicio ou semellante. Eu fai tempo soñei que caía do tellado da miña casa pero a caída non tiña fin. E mentres o facía, arredor de min había comida, libros, un can... e eu interactuaba con todo, a veces sentada... momentos despois boca abaixo... e deste recordo que era en cor porque a comida era do máis apetecible!!! Jaja. Sen embargo ao comela non me producía ningunha sensación...

    Outro, o de soñar con alguén e non saber quen é, a ver se me explico: vés a un home, o seu corpo enteiro pero a cara véxolla coma se fora un papel, plana, non sei como decilo para que se me entenda. Como se do cuello para arriba fose un debuxo e o resto fora unha persoa normal, non sei, algo moi extraño e que deixa unha sensación rara. Falo con el coma un amigo, cóntolle cousas persoais pero levántome coa sensación de que llas contei a un descoñecido. Evidentemente non sei a quen llo contei porque non lle vin a cara pero a miña actitude con el e decíndolle segundo que cousas eran de confianza e cercanía. Por eso esperto cunha sensación no corpo rara. En fin... que todo este rollo para despois que nin o entenderades, jajaja. É que o tema dos soños é moi interesante e curioso, na miña opinión. Así que por min contade moitos que me gusta o tema! :)

    ResponderEliminar
  13. jolín...jajaja ti non cenarás moito ás noites non??? digo pq esa seica é unha das causas dos pesadelos...jaja
    Pois un dia coleime por unha ventana sorteando ós gorilas e metin a Leticia debaixo dun brazo e secuestreina, pois sería pa pedir rescate anque agora non me lembro por onde lle deu ó meu subconsciente republicano!!!!

    Pero sosteño que acabar ca monarquía sería moi boa medida anticrise...jajaja anque non veña a conto aquí...

    o das portas é un coñazo, pq suelo acabar nos mesmos sitios...así molládevos!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  14. aaaah o de soñar en blanco e negro ou en color son as tesis do da Z...pa saber se as persoas están tolas ou non...ó parecer

    ResponderEliminar
  15. Bua canto comentario!!!! Pois non co señor da z non me recordo que soñara pero nos soños que tades todos supoño que andara por ali jejej.. Co señor da S si que teño soñado, xa llo contei, que tiña medo del que taba buscando a forma de matarme e eu sabiao..
    E con vostede arredemo tamen, ata soñei con amantes seus en situacións diversas..

    A ver, eu cando soño contovolos pero meses despois xa non me acordan, se me dixeras que ias facer un artigo sobre esto apuntavaos e xa tiña po mes jejeje...

    O que nunca me esquecerá, é o que soñei que me liaba con Noelia (a de Segade si)donda o parque en Silleda e os outros mirando...
    A verdade é que algúns dos meus soños son algo lascivos ou eroticos festivos por iso me dixeron que tiña algunha carencia emocional pero non estou dacordo e a verdade prefiero eses soños a outros que me levanto de mal humor jejej!!

    ResponderEliminar
  16. Ah, eu soño en color tamen!!! E ata me quedo co mínimo detalle as veces, un día soñei cunhas pernas peludas e penso e tounas vendo agora mesmo!!
    jejej mellor non comento ningun soño mais....

    ResponderEliminar
  17. ooooo maría estaba inspirada!!!!!!!jajaja
    Asique con amantes meus???jolín pobriña de ti...pódelo contar que queda todo en familia, coma sempre!jaja.(incluso de forma anónima; saberíamos que es ti, pero disimularíamos)

    ResponderEliminar
  18. Pois si que tivo éxito o tema dos sonhos. jeje.

    eu se me acordara non tería problemas en contalos, pero se me esquecen con demasiada facilidade. jajaja

    Psicoanálise:
    Polo que vexo arredemo non fai máis que castigarse (a saber que cres que estas facendo mal. jajaja. Non queres recordar os bos sonhos, que seguro que os tes. jaja.
    María demostra ser unha persoa divertida e con gran imaxinación (iso esta ben. je)
    Natalia parece ser unha persoa moi sensible a que lle afectan moito as cousas.
    O Senhor da Xe ao igual ca min é un home, e por iso non pensamos. jajaja

    Isto son teorías non cualificadas, asi que non me fagades nada de caso.

    O de Branco e negro ou cor son tamén teorías minhas sen fundamentación científica. jajaja: So digo que somos os únicos animáis que percibimos cores e é so a través dos ollos, polo que se os pechamos non podemos ver cores, nin imaxinalas, so recordar o que xa vimos que nin tan sequera sabemos se esta ben ou son os daltónicos os que ven realmente ben as cores ou se son os animais.

    Non me fagades caso. Non tenho nin idea disto asi que sería mellor falar cun experto. jajaja

    ResponderEliminar
  19. gracias pola psicoanálise...o de que somos os únicos animais que vemos en cor discrepo...hai quen sostén que algúns distinguen a cor vermella...pero non o sei certo...
    Hoxe soñei con sereas...creo
    jaja
    e por qué vostede non nos conta ningún soño??'seguro que ten algún interesante para compartir

    ResponderEliminar
  20. Gustoume o meu psicoanálise je..
    Logo porque non narra os seus soños ansiosos de fertilidade arredemo???
    Eso si que pode ter moitas teorias, entre elas a que primeiro ven a cabeza é o desexo maternal en apoxeo..
    Pa soños cada un peor!!! Ah, eu pidome ser madriña jejejeje

    ResponderEliminar
  21. Iso de ansia de fertilidade sona mooooooi chungo!!!!!!!!!si últimamente soño que teño un bombo que me da moito a tabarra, partos complicados...miña nai di que estou xestando proxectos ou negocios, que máis ben serán exámes...jajaja...
    Non inda non vas ser madrña, douche tempo de que botes a primitiva...e despois miramos se che chejan!!!!jajaja
    (sempre sacando os meus trapos sucios)

    ResponderEliminar
  22. Weno, weno... Arredemo encinta!!!! jajajajaja... Eu non fun, Maria, xurocho!!!! jajajajaja...

    ¿Para cando Arredemo endvd?, jajajajaja...o chiste malo do día...xD

    ResponderEliminar
  23. ¿cómo que vostede non foi??!!! que hai daquel revolcón no saco de durmir???!!!agora non se me desentenda que o parto foi duro, e o embarazo peor...jajaja
    nos vos preocupedes que se pareece á nai,jaja

    pd: non pillei o chiste

    ResponderEliminar
  24. Jajaja!! Pode ser que cee moito ás noites e por iso teña pesadelos, aínda que non sempre o paso mal mentras durmo, quero dicir, cando desperto e son consciente do que soñei (cando me acordo) si me parecen algúns deles desagradables pero mentres estou a durmir, non sempre teño esa percepción e polo tanto non todas as veces o paso mal. Tamén teño soños agradables pero na gran maioría deles non me acordo de tantos detalles. Así e todo, moito dá de si o mundo onírico! Jajaja.

    ResponderEliminar