jueves, 20 de mayo de 2010

Exipcios.... EMBALSAMADORES

Pois xa é ben sabido que os egipcios foron a caña en moitos ámbitos, adiantándose ás ciencias. Pois hoxe falaremos de embalsamar, xa que dominaban estas técnicas empregando aceites vexetais, resinas de árbores e cera de abellas para realizar estas tarefas e preservar os corpos da putrefacción. Todo isto viña a raíz de que eles crían que o espírito non morre e así conservábase a identidade do individuo nas futuras vidas.

Pois sen pormenorizar demasiado…dos corpos extraían as vísceras , excepto o corazón e os riñóns (creo),e tratábase o corpo con natrón, despois tratábase con resina, envolvíase con vedaxes de liño e colocábanlles distintos amuletos. Esta era a forma xeneral, tamén se rellenaba os corpos de aceite de cedro, así evitábase a carnicería interna.

E como xa é sabido, e normal na historia, os ricos gozaban de mellor situación: enterrábanos en sarcófagos, e as vísceras gardábanas nesas famosas vasixas dentro das tumbas, anque éstas tamén contiñan outras cousas. Nun principio eran os faraóns das primeiras distanías os que podían vivir no mais alá, despois os nobles tamén se consideraron merecedores desa vida eterna e proliferaron os ritos funerarios.
O método de embalsamar ós pobres era simplemente “limpalos” por dentro mediante lavativas, e adobar o cadáver durante 70 dias…si…tal e como sona…

Anque os hebreos non compartían estas prácticas no libro Xénese da Biblia fálase destas prácticas. Que non só se empreñaban para humanos, tamén animais diversos!!!
(para máis info consultar os textos de Heródoto)

7 comentarios:

  1. Moi interesante o que conta, a min sempre me chamou moito a atención todo este tema.
    Cando era máis nova o tema das momias asustábame, aparecían nos debuxos coma criaturas que saían dos sarcófagos e atacaban á xente, que ían perdendo as vendas polas que estaban envoltas... ata que unha leu sobre o tema e veu como era a realidade, moito mal fan os debuxos!! xD

    Realmente impresionanme os exipcios, é unha cultura grandiosa en moitos aspectos, e este tema é canto menos curioso. É fascinante como chegaron a dar coa maneira de manter o corpo o máis tempo posible e nas mellores condicións, e todo polas súas crenzas de vidas posteriores.

    Eu ata que vin corpos embalsamados non me imaxinaba como podían ser de cerca, as "capas" que semellan ter no corpo, as diferencias de cor, as posicións dos corpos... o pequenos que son algúns e o cubertos que están outros...incrible e fascinante.

    En canto ás pelis: vin as dúas, gustáronme as dúas aínda que Ciudad de Dios non a teño tan recente recordo que me gustara moito. Vina por recomendación e de certo que é totalmente aconsellable. Nun principio a temática non me chamaba nada, non lle atopaba interés ningún pero non me arrepinto en absoluto. E en parte si que é moi semellante á de Slumdog Millionaire, tema nenos pobres e as dificultades que pasan ata que van medrando, os seus soños, unha nas favelas de Río a outra na India pero si que se parecen. Aínda que creo que me impactou máis Ciudad de Dios que a india. E a de Sean Penn... moi boa, tamén me gustou moito. O actor é impresionante e a historia chega totalmente dende a pantalla, encantoume o final, está moi ben feita, sen adornos de ningún tipo, moi moi boa.

    ResponderEliminar
  2. Weno, falou dos exipcios como grandes adiantados á súa época e sobre todo nas ciencias, pois terá ke facer un artigo sobre os maias, que eses tamen pintan de carallo, xD... polo menos na astronomías, que ademáis lle gusta a vostede...

    Por certo, eu tiña entendido ke kando os embalsamaban non sei kal dos órganos lle kitaban polas fosas nasais... estou no certo?? e unha lenda urbana?? ou son eu ke finalmente estou trallao da kabeza e me dou konta ainda ajora???

    Tema interesante coma sempre, Arredemo, sen defraudar... e sabe porque??? porque o dia ke nos defraude estarei eu ahi pa decirllo, jajajajjaja...

    P.D.: as pelis xa chas komentei noutro artigo...xD

    ResponderEliminar
  3. Bua nada mellor antes de ir dormir que un artigo así jeje..
    Moi interesantes os temas dos seus artigos! Pero debe concretar eso de que cree que lle deixan o corazon e os riñons, pa que? Unico algunha creenza pero é curioso...
    Supoño que será unha tecnica parecida a que usaban para disecar animais..

    Para rematar so resaltar a sinxeleza do vocabulario nada técnico, encantoume o de limpalo e adobalo jejejeje!!!

    ResponderEliminar
  4. o que vaciaban polo nariz era o cerebro...si si unha rosi de palma inda weno pero os que teñan o nariz pequeno non sei eu...jajaja

    Concreto que o de deixarlles o corazón o podo mais ou menos entender o dos riñons non sei, eu lino pero non atopei o porqué...investigarei máis....jajaja
    Eo de limpalo e adobalo poderían ser símiles empregados pola miña imaxinación pero....non neste caso tamén aparecía así en internet...só faltaba o allo e o peregil si...jajaja

    Si xa pensaba abordar outras culturas, pero decidín empezar polos exipcios, que me gustaron sempre moito....grazas polos seus comentarios!!!!

    ResponderEliminar
  5. Non vin esa pelicula de Eichmann pero polo ke dis non me chama nada a atencion, non creo ke a baixe, jajaja...

    A ke si ke vin (en realidade, intentei ver) foi a de No mires para abajo ou algo asi... pero weno, se a viches excusas... ke tonteria (polo menos pa min) e kreo ke só vin 15 minutos... si, foden e eso (digoo por se pensas ke por iso a ia ver, jajajaja) pero igualmente non a vin...

    ResponderEliminar
  6. A exipcia era unha cultura fascinante. Gustaríame saber máis do que sei deles. É misteriosa e ainda non se sabe como construiron as pirámides nin como posuían tantos conhecementos.

    Interesante artigo. Espero máis de todas estas culturas antigas que posuían todos os conhecementos.
    Moi ben. A seguir asi.
    Misterio..... jajajaja

    ResponderEliminar
  7. ó señor da xe:
    si eu xa che dixen que o teu criterio...jaja defeito paseicha desde a papelera....jaja...oe que entón perdícheste o millor...as experiencias extracorpóreas e o record de envestidas....jajaja

    ResponderEliminar