miércoles, 9 de mayo de 2012

MULLERES DA HISTORIA: JANE AUSTEN

Si,imos falar desa grande escritora coñecida por todos por obras como: "Orgullo y prejuicio", "Sentido y sensibilidad" ou "La abadía de Northanger" entre outras. Tamén son coñecidas as peliculas sobre as suas novelas, e incluse sobre a súa vida: "La joven Jane Austen" ,"Conociendo a Jane Austen" ou "Jane Austen recuerda" a cal trata sobre os seus últimos días...
Filla dunha familia de burgueses naceu no 1775 en Inglaterra, tivo unha educación digna do seu estatus, comezando a escribir obras dende moi xove. intentarina emparellar con diversos rapaces do entorno, sen demasiado éxito, cando a familia se mudou de cidade coñeceu a un home co que tivo unha breve relación pois él faleceu. Finalmente nin ela nin sua irmá conseguiron casar,mesmo se dicía que fuxían das relación de larga duración. Cando seu pai, reverendo, faleceu no 1805, a situación familiar cambiou,mudouse varias veces e uns poucos anos mais tardes empezou  colleitar éxitos literarios, nesta etapa enfemou, falecendo en 1817, dunha enfermidade descoñecida por aquel entón  e que posteriormente se denominaría: "enfermidade de Addison".

Jane Austen aboga nas suas novelas por unha educación liberal para a muller, pois considera que a falta de sensatez conleva un gran risco para a vida social, para a elección dun futuro favorable y para a convivencia conyugal. Está en contra da figura da institutriz,tan frecuente nesa época, incidindo sobre a importancia duns pais exemplares que modifiquen a conducta dos fillos directamente.
As súas obras conteñen unha mensaxe instructiva para as mulleres, busca romper coas barreiras sociais...Esto todo claro está, faino de forma accidental mentres nos vai contando a historia, pois doutra forma sería impensable.

lunes, 2 de abril de 2012

O CONDE BARRIE DE LA MAZA e o embalse de PORTODEMOUROS

Érase unha vez un home que naceu na Coruña no 1888 , era de boa familia,educación privilexiada e cun estatus conómico envidiado.
No 1936 faise co control do Banco Pastor, do que seu pai era socio, e financia parte da guerra civil española, polo que se fai moi amigo dun señor chamado Franco,o cal lle concede o títuo nobiliario de conde de Fenosa entre outras moitas distincións e regalos que se facían mutuamente.
Co tempo aumenta ainda mais o seu poder económico, facéndose co control de importantes sectores galegos, tanto empresariais  como turísticos. A empresa de Forzas eléctricas do Noroeste crease no 1943,sendo resultado de unha importante fusión con outra empresa de electricidade e de gas,propiedade de un empresario que foi fusilado por unha acusación falsa, anque non recibirá o nome de FENOSA ata 1982.

No 1966 cásase con unha muller 20 anos menor que él, Carmen Arias y Diaz de Rábago, coa que estaba emparentada, cando o conde morre en 1971 ela, como única herdeira, pasa a ser a primeira muller presidenta dun banco importante, mais da Fundación Conde Barrié, fundada pouco antes de falecer o conde así como de múltimples empresas.Por esas datas Carmen fai o seu testamento nomeando a esta fundación herdeira universal dos seus bens. Ata 1996, tivo un papel bastante activo nas empresas que presidía, colocou ós seu sobriños en postos importantes e colaborou coa Xunta de Galicia en diversos proxectos para impulsar proxectos empresariais galegos, no 96 dimite dos seus cargos, e no 2009 falece ós 89 anos de idade.
E diredes vós que a onde quero chegar con toda esta bibliografía...pois a verdade é que esperaba topar máis datos ou mais detalle da vida destes personaxes..
Todo esto veu á miña mente esta fin de semana cando visitei o noso embalse de Portodemouros,bastante afectado pola sequía que estamos a sufrir, está ó 26% da súa capacidade. Había mais de 15 anos que non o visitaba e xa non recordaba a súa magnitude. Coma na maioría dos embalses levou vivendas e moitas propiedades por diante,anque a sensación é que inundou aldeas enteiras...

O embalse foi construído en 1967 no río Ulla co fin de explotalo para obter enerxía. A súa construcción foi impulsada por Franco para satisfacer as os intereses do Conde de Fenosa. Ó parecer según contan os da zona, os afectados foron "invitados" pola guardia civil a abandonar as vivendas e as propiedades a cambio de catro duros.
Creo que a aldea mais sacrificada foi a de Brocos, solagando 3/4 da mesma, a igrexa, muiños,unha central anterior...ruínas que agora quedan á vista. Hai uns anos interrumpeuse o servicio de Ferry ó ir disinuíndo o nivel da auga, esperando os veciños que despois de 40 anos demandando unha ponte se realizara por fin...

E non vos podo contar máis!
A zona é moi bonita,se podedes visitádea!!

miércoles, 1 de febrero de 2012

EROS

Anque o tempo non nos axude,nesta madrugada e nos próximos días, (ata o día 10), podemos ver o asteroide Eros vogando polo ceo nocturno. Nin colisionará con nós, nin producirá ningún apoteose ,pero sí pasa ben preto nosa. Actualmente coñécense uns 100 0asteroides que circulan próximos, éste que nos ocupa é especialmente luminoso pola súa composición...Cada 643 dias ven a facernos unha visita e non volverá a ser visible ata o 2056,polo que deberíamos aproveitala oportunidade!
É o primeiro asteroide con nome masculino, bautizándoo o seu descubridor que optou pola mitoloxía grega...anque nos últimos anos é frecuente o uso de outros nomes,coma dos Beattles, Frank Sinatra,Elvis e outras figuras da música...

jueves, 19 de enero de 2012

DERROCHES URBANÍSTICOS: Capítulo 1:

Este é un artigo de evidencias, desas evidencias actuais, desafortunadas, con incidencias no noso medio, na nosa vida, e sobre todo na nosa economía… Podería ser máis longo do que é,polo que vos invito a aportar casos semellantes que coñezades.
¿FUTURO MESTALLA?

Un espectacular estadio de fútbol, cunhas obras que se iniciaron en agosto do 2007 ,cun presuposto inicial de 344 millons de euros mais os 124 da cidade deportiva anexa, e que permanecen estancadas dende hai máis de 2 anos por falta de recursos para continuar. Séguese vendendo por internet como a megaconstrucción orgullo dos valencianos,que ó parecer era moi necesario porque o vello estadio(de 1923) cae a cachos e seica non é viable arranxalo,e ó mesmo tempo con semellante infraestructura daralle ó equipo o mérito e prestixio que se merece ó comparar cos outros dous grandes equipos de futbol de Epaña...
O recinto ten capacidade para 75.100 espectadores,(o vello 52.200), e depende do despacho de arquitectos Reid Fenwick Asociados e  ARUP Sport. Prevíase a financiación coa venta ,tan polémica, do solar do actual Mestalla ,pois a recalificación dese solar foi bastante reticente e tiveron que intervir altas esferas xudiciais no caso. Pero claro,os números non suelen cadrar por moito que se planifiquen mais de 2000 vivendas no sitio,polo que as obras se paralizaron, tras finalizar o plazo de pago do crédito pedido polo Valencia, e despois da negociación, Bankia concedeu una prórroga e máis financiación, así como o perdón de parte da deuda,concretamente de 100millóns. Isto deulle a vida ó Valencia CF ,xa que non tiña apenas nin pa pipas,actualmente o presidente do clube recoñece una débeda duns cantos centos de millóns,anque todo fai pensar que aínda é maior. As obras deben finalizarse no plazo de 2 anos (xaneiro 2014),tanto o estadio coma a cidade deportiva que se prevía.
Bankia é una entidade relativamente recente, fundada no 2010 conxuntamente por Caja Madrid e Bancaja,posteriormente adherironse a Caja de Canarias,Caja Laietana,Caja de la Rioja,Caja Ávila e Caja Segovia,pero ó frente realmente está Caja Madrid,sendo por tanto o seu presidente é Rodrigo Rato.
Por suposto se realizarán axustes en comparación co proxecto inicial, que era un tanto excesivo, manterase a fachada pero non a sala de prensa prevista de 500m cadrados con 10 cabinas de traducción simultánea en 5 idiomas;veremos que pasa coas filas de asientos que seica ían ser as que mais separación de todos os estadios ten,a calidade das gradas que seica ian ser coma as do Emirates de Londres,a zona vip,a de servicios que seica será axeitada ós distintos niveles económicos dos afeccionados…
 
¿CIDADE DA CULTURA GALEGA?
Como non, nesta primeira entrega non din evitado abordar un claro exemplo de despilfarro tan cercano ás nosas casas… Esta,coma tantas outras infraestructuras producto de caprichos políticos ó parecer está concebida para divulgar o coñecemento e arte contemporánea. A biblioteca e o arquivo (únicos edificios terminados) foron inaugurados o 11-11-2011,xa ten algún que outro evento programado así como diversas exposicións de maior ou menor trascendencia, pero a afluencia segue sen ser a esperada a pesares da publicidade.
O proxecto iniciouse no 1999 como resultado dun concurso internacional,o gañador foi Peter Eisenman (EEUU), “El proyecto de Eisenman recrea una nueva cima en el monte Gaiás, se trata de una costra pétrea que recuerda a un yacimiento arqueológico dividido por cortes naturales que evocan el motivo de la vieira,simbolo tradicional de Compostela. La concha surge de una superficie que presenta simultáneamente condiciones lisas y estriadas".
 As obras comezaron no ano 2001 ocupando una superficie de 141.800 metros cadrados con previsión dos seguintes edificios: Museo de Historia de Galicia e a Casa do Mundo, a biblioteca e hemeroteca; o escenario Obradoiro e o edificio de Servizos centrais. As torres de Jonh Hedjuk competarian a obra, sumando un total de 6 edificios, ou algo así.

No 2005 co cambio de goberno intentou buscárselle un uso máis práctico as instalación, paralizando as obras.E o ano pasado inauguráronse eses edificios acabados sen saber ainda para que vai servir a mole de 400 millons de euros,(e iso que o presuposto inicial era de 108,2 millons),comparable iso si co Moma de EEUU.
Prevese que este ano abra o museo e o centro de música mentres que o resto dependerá da crise,e de se a Xunta consegue capital privado a parte dos 35 millons que posúe para acabar estes edificios. O parecer as obras non se puideron suspender porque mentres foi presidente Fraga,loitando polo seu “soño” ,encargouse de adxudicar tódolos contratos ata fin de obra nos seus últimos días. Facíame gracia o arquitecto nunha entrevista que recoñecía que non pensaba que a súa obra tivese tal envergadura…nin que fora un técnico ocasional!.
Tamén o capricho do recubrimento dunha pedra específica,cunhas tonlidades rosáceas, que se extraía dunha mina ilegal galega,ilegal porque non contaba coa autorización por ter un filón escaso para explotar, e que una vez que se acabou para continuar co recubrimento desta pedra tan estimada houbo que traer do Brasil cun custo máis que duplicado.
(...)
Ó parecer estas construccións son froito das decisións dos nosos gobernantes noutra época,nesa época de vacas gordas e de boom inmobiliario mal xestionado que nos levou en boa medida á situación actual… A min inda me custa crer que nalgún momento tiveramos tanta bonanza como para invertir nestas construccións, que en maior ou medida eras necesarias, pero non con semellante derroche de luxos e caprichos

martes, 17 de enero de 2012

A VERDADEIRA PROFECIA MAIA

Ca entrada neste novo ano, é moi frecuente oir falar dos maias e dos seus prognósticos…e como case todo o que sae nos medios, a información é inexacta,(por non dicir mentira).Xa debería sobrar sinalar que esta cultura que nos ocupa, tiña un gran coñecemento en astronomía e abstracción matemática, ata tal punto que ainda hoxe se seguen descifrando os seus cálculos. Personalmente creo que era envexable tanto a  intelixencia coma a sua apertura de mente .
Os maias afirmaban que o tempo, a cor, o son,electricidade,magnetismo…se moven por ondas. Cando estudaron o tempo determinaron que éste se move en ondas rítmicas e constantes a través de un movemento básico en espiral, definían un Kin (dia de 24 horas),Huinal (20 dias)…. O calendario que manexaban era máis complexo ou completo que o noso.
Un códice importante é o de Dresde, importante porque os misioneiros católicos se encargaron de queimar os restante códigos maias,aniquilando case todo como fixo un tal Fray Diego de Landa en Maní,Yucatán… Os que perduraron foron rescatados por haber sido regalos á colonia inglesa e a Roma. Este Códice explica a “conta larga” na que os maias describen as 4 xeracións/civilizacións precedentes,que sería algo así como as eras que estudamos no colexio, nas que debemos evolucionar ou aprender algo.Según eles atopámonos actualmente no 5º Sol ou a 5ª civilización, o inicio deste Sol correspondería no noso calendario co 13 de agosto de 3114 a.C.,data que corresponde co nacemento do Planeta Venus,tan importante para eles. E finalizará o 22 de decembro de 2012.  Logo pasaremos ó 6º Sol,que terá una duración de 2593.8 anos,pero en ningún momento se fala de que acabe o mundo,explote nin paparruchas semellantes,simplemente o fin dunha era. Todas teñen una duración semellante, e basábanse exclusivamente en cálculos matemáticos e observacións astronómicas para todo esto.
O astro rei Sol (Kinich Ahau) é o xerador dos grandes ciclos; a súa grande actividade no final de cada ciclo produce cambios climáticos,xeolóxicos,magnéticos… Cada 11anos e fracción aparecen manchas solares,(por tanto teñen tamen un ciclo)que son rexións con temperatura máis baixa e gran actividade magnética na que se acumulan gases que posteriormente explotan, impactando a veces co noso planeta raios X, Protóns e nudos magnéticos, que tamén inciden no noso clima. Tamén se xera erupcións,llamaradas,vento solar…que gracias á nosa atmósfera apenas nos danan os materiais que se arrastran. En canto ós eclipses,tamen os predecían e diferenciaban,sinalando que o Eclipse Anular que é aquel no que a Lúa se interpón entre a Terra e o Sol non tapa de todo a éste quedado un anel de luz ó redor, tiña una gran influencia e inauguraba novos ciclos de existencia. Predeciron o gran eclipse de fin da conta larga para o 11 de agosto de 1999 data dende a cal se incrementou a actividade solar e data na cal se produxo una importante alineación de constelacions.
Foron capaces de precisar a rotación completa da Terra ó redor do Sol 354.2420,exactitude que non dan obtido os da Nasa cos medios actuais!! A rotación da galaxia en torno ó Sol…Para o 6 de Xuño deste ano esperase una conxunción de Venus co Sol,data importante según o Códice de Dresde xa que se repite cada 104 anos. Tamén se prevé que neste ano o movemento do Sol cruzará cunha mancha escura na Via Láctea chamada Xibalba bé ou “Dark riff” que según os maias provocarán o desplazamento dos equinoccios.
A NASA demostra que no ano 2001 se produxo un cambio na polaridade magnética do Sol, cousa frecuente que se espera se reaxuste no 2012. Alternanse cada vez que se completa un ciclo e tamén está relacionado coa velocidade de rotación da Terra que ó parecer nos últimos anos foi disminuíndo pola debilitación do campo magnético.Seica chegará o momento no que se quede quieta,durará 3 dias,os 3 días de escuridade con tódolos efectos que pode chegar a ter esto nas augas,seres vivos…Despois dos cales empezará a xirar en sentido contrario (esto non é que xire ó revés 180º pois se se invirten os polos xa xira ó revés)A metade do planeta terá un día largo de 72horas e a outra metade ó revés.
Hai antigas escrituras como na Biblia, onde se fala de que Josué mandou para o Sol. Papiros exipcios que din “ que o Sol saiu por Occidente e se ocultou polo Oriente e que despois sen que se medise a noite saíu polo oriente e se ocultou por Occidente” Os Incas tamén se facían eco de que houbo un amencer de máis de 20 horas…
Alucinante….estou desexando que chegue o próximo solsticio de inverno e ver se se cumple…