Érase unha vez un home que naceu na Coruña no 1888 , era de boa familia,educación privilexiada e cun estatus conómico envidiado.
No 1936 faise co control do Banco Pastor, do que seu pai era socio, e financia parte da guerra civil española, polo que se fai moi amigo dun señor chamado Franco,o cal lle concede o títuo nobiliario de conde de Fenosa entre outras moitas distincións e regalos que se facían mutuamente. Co tempo aumenta ainda mais o seu poder económico, facéndose co control de importantes sectores galegos, tanto empresariais como turísticos. A empresa de Forzas eléctricas do Noroeste crease no 1943,sendo resultado de unha importante fusión con outra empresa de electricidade e de gas,propiedade de un empresario que foi fusilado por unha acusación falsa, anque non recibirá o nome de FENOSA ata 1982.
No 1966 cásase con unha muller 20 anos menor que él, Carmen Arias y Diaz de Rábago, coa que estaba emparentada, cando o conde morre en 1971 ela, como única herdeira, pasa a ser a primeira muller presidenta dun banco importante, mais da Fundación Conde Barrié, fundada pouco antes de falecer o conde así como de múltimples empresas.Por esas datas Carmen fai o seu testamento nomeando a esta fundación herdeira universal dos seus bens. Ata 1996, tivo un papel bastante activo nas empresas que presidía, colocou ós seu sobriños en postos importantes e colaborou coa Xunta de Galicia en diversos proxectos para impulsar proxectos empresariais galegos, no 96 dimite dos seus cargos, e no 2009 falece ós 89 anos de idade.
E diredes vós que a onde quero chegar con toda esta bibliografía...pois a verdade é que esperaba topar máis datos ou mais detalle da vida destes personaxes..
Todo esto veu á miña mente esta fin de semana cando visitei o noso embalse de Portodemouros,bastante afectado pola sequía que estamos a sufrir, está ó 26% da súa capacidade. Había mais de 15 anos que non o visitaba e xa non recordaba a súa magnitude. Coma na maioría dos embalses levou vivendas e moitas propiedades por diante,anque a sensación é que inundou aldeas enteiras...
O embalse foi construído en 1967 no río Ulla co fin de explotalo para obter enerxía. A súa construcción foi impulsada por Franco para satisfacer as os intereses do Conde de Fenosa. Ó parecer según contan os da zona, os afectados foron "invitados" pola guardia civil a abandonar as vivendas e as propiedades a cambio de catro duros.
Creo que a aldea mais sacrificada foi a de Brocos, solagando 3/4 da mesma, a igrexa, muiños,unha central anterior...ruínas que agora quedan á vista. Hai uns anos interrumpeuse o servicio de Ferry ó ir disinuíndo o nivel da auga, esperando os veciños que despois de 40 anos demandando unha ponte se realizara por fin...
E non vos podo contar máis!
A zona é moi bonita,se podedes visitádea!!
Eu creo haber ido de cativo, pero non me recordo... haberá que facer por ir!! xa que non se fai nada alomenos viaxar un pouco... jajaja
ResponderEliminarEntra directamente na listaxe imaxinaria que teño de lugares aos que ir (pero que seguramente a meirande parte, por non dicir todos, non serán realizados) XD
todos temos esa lista...jejeje
ResponderEliminarGustáronme moito as fotos, eu non fun nunca e pinta moi ben. A pena é a pouca cantidade de auga pero ese é mal desta comunidade este ano. Non me gusta que non chova, non me gusta ver os ríos sen apenas auga, non é normal nin estou acostumada. E nun embalse ten que ser desolador ver todo o espazo que debería estar cuberto por auga, vacío.
ResponderEliminarTodos temos esa lista si, e non fai máis que medrar, aínda que neste caso é bastante realizable. Vostede siga a poñernos os dentes largos ;)