Un espectacular estadio de fútbol, cunhas obras que se iniciaron en agosto do 2007 ,cun presuposto inicial de 344 millons de euros mais os 124 da cidade deportiva anexa, e que permanecen estancadas dende hai máis de 2 anos por falta de recursos para continuar. Séguese vendendo por internet como a megaconstrucción orgullo dos valencianos,que ó parecer era moi necesario porque o vello estadio(de 1923) cae a cachos e seica non é viable arranxalo,e ó mesmo tempo con semellante infraestructura daralle ó equipo o mérito e prestixio que se merece ó comparar cos outros dous grandes equipos de futbol de Epaña...
O recinto ten capacidade para 75.100 espectadores,(o vello 52.200), e depende do despacho de arquitectos Reid Fenwick Asociados e ARUP Sport. Prevíase a financiación coa venta ,tan polémica, do solar do actual Mestalla ,pois a recalificación dese solar foi bastante reticente e tiveron que intervir altas esferas xudiciais no caso. Pero claro,os números non suelen cadrar por moito que se planifiquen mais de 2000 vivendas no sitio,polo que as obras se paralizaron, tras finalizar o plazo de pago do crédito pedido polo Valencia, e despois da negociación, Bankia concedeu una prórroga e máis financiación, así como o perdón de parte da deuda,concretamente de 100millóns. Isto deulle a vida ó Valencia CF ,xa que non tiña apenas nin pa pipas,actualmente o presidente do clube recoñece una débeda duns cantos centos de millóns,anque todo fai pensar que aínda é maior. As obras deben finalizarse no plazo de 2 anos (xaneiro 2014),tanto o estadio coma a cidade deportiva que se prevía. Bankia é una entidade relativamente recente, fundada no 2010 conxuntamente por Caja Madrid e Bancaja,posteriormente adherironse a Caja de Canarias,Caja Laietana,Caja de la Rioja,Caja Ávila e Caja Segovia,pero ó frente realmente está Caja Madrid,sendo por tanto o seu presidente é Rodrigo Rato.
Por suposto se realizarán axustes en comparación co proxecto inicial, que era un tanto excesivo, manterase a fachada pero non a sala de prensa prevista de 500m cadrados con 10 cabinas de traducción simultánea en 5 idiomas;veremos que pasa coas filas de asientos que seica ían ser as que mais separación de todos os estadios ten,a calidade das gradas que seica ian ser coma as do Emirates de Londres,a zona vip,a de servicios que seica será axeitada ós distintos niveles económicos dos afeccionados…¿CIDADE DA CULTURA GALEGA?
Como non, nesta primeira entrega non din evitado abordar un claro exemplo de despilfarro tan cercano ás nosas casas… Esta,coma tantas outras infraestructuras producto de caprichos políticos ó parecer está concebida para divulgar o coñecemento e arte contemporánea. A biblioteca e o arquivo (únicos edificios terminados) foron inaugurados o 11-11-2011,xa ten algún que outro evento programado así como diversas exposicións de maior ou menor trascendencia, pero a afluencia segue sen ser a esperada a pesares da publicidade.
O proxecto iniciouse no 1999 como resultado dun concurso internacional,o gañador foi Peter Eisenman (EEUU), “El proyecto de Eisenman recrea una nueva cima en el monte Gaiás, se trata de una costra pétrea que recuerda a un yacimiento arqueológico dividido por cortes naturales que evocan el motivo de la vieira,simbolo tradicional de Compostela. La concha surge de una superficie que presenta simultáneamente condiciones lisas y estriadas".As obras comezaron no ano 2001 ocupando una superficie de 141.800 metros cadrados con previsión dos seguintes edificios: Museo de Historia de Galicia e a Casa do Mundo, a biblioteca e hemeroteca; o escenario Obradoiro e o edificio de Servizos centrais. As torres de Jonh Hedjuk competarian a obra, sumando un total de 6 edificios, ou algo así.
No 2005 co cambio de goberno intentou buscárselle un uso máis práctico as instalación, paralizando as obras.E o ano pasado inauguráronse eses edificios acabados sen saber ainda para que vai servir a mole de 400 millons de euros,(e iso que o presuposto inicial era de 108,2 millons),comparable iso si co Moma de EEUU.
Prevese que este ano abra o museo e o centro de música mentres que o resto dependerá da crise,e de se a Xunta consegue capital privado a parte dos 35 millons que posúe para acabar estes edificios. O parecer as obras non se puideron suspender porque mentres foi presidente Fraga,loitando polo seu “soño” ,encargouse de adxudicar tódolos contratos ata fin de obra nos seus últimos días. Facíame gracia o arquitecto nunha entrevista que recoñecía que non pensaba que a súa obra tivese tal envergadura…nin que fora un técnico ocasional!.
Tamén o capricho do recubrimento dunha pedra específica,cunhas tonlidades rosáceas, que se extraía dunha mina ilegal galega,ilegal porque non contaba coa autorización por ter un filón escaso para explotar, e que una vez que se acabou para continuar co recubrimento desta pedra tan estimada houbo que traer do Brasil cun custo máis que duplicado.
(...)
Ó parecer estas construccións son froito das decisións dos nosos gobernantes noutra época,nesa época de vacas gordas e de boom inmobiliario mal xestionado que nos levou en boa medida á situación actual… A min inda me custa crer que nalgún momento tiveramos tanta bonanza como para invertir nestas construccións, que en maior ou medida eras necesarias, pero non con semellante derroche de luxos e caprichos
o particular que quere construír ten que facelo onde diga a normativa,no plazo que se lle dea,según unhas características para non romper coa línea estética do contruído nin caer no feísmo...Como sea unha empresa que conleve certa industria ten que someterse a informes sobre incidencia ambiental,construír en zonas alexadas de núcleos urbáns,pero que non se trate dunha zona protexida,precisa autorización de instancias superiores...
ResponderEliminarPero a Administración pode facer o que queira e onde queira...Ó particular embárgano á mínima,á Administración e outros entes concédeselle prórrogas e condonacións de deudas...
raios hoxe estou inspirada!
to be continued
next day: capítulo2: máis derroches urbanísticos
Que son todos uns ladróns xa se sabe de sempre, e xa se sabe tamén a quen lle vai tocar pagar esas megaconstruccións, pero que menos, ¿non?, son para o noso disfrute... XD
ResponderEliminar[SARCASMO]
A verdade que con todo o que está saíndo á luz de despilfarros e fraudes, deixamos constancia de que hai moito ladrón no país, moito listo que se enriquece a costa de perxudicar á sociedade impunemente. O que pasa é que nos movilizamos e escandalizamos máis se Francia se mete cos nosos deportistas máis exitosos que se un tal Urdangarín delinque, e así nos vai.
ResponderEliminarO artigo con eses datos asusta e deixa patente que, ou somos imbéciles, ou nos toman por tal. Non podo crer que esa xente manteña os postos de traballo. Nun país con máis xustiza e igualdade serían xulgados como o que son.
E para non irme máis do tema, o primeiro que se me vén á cabeza é o aeroporto de Castellón. "Grazas" á magnífica idea de Carlos Fabra hai un aeroporto sen voos e cuxa xestión corre a cargo de fondos públicos, como non. Tivo ata problemas cos ecoloxistas que conseguiron parar algunhas veces a súa construcción pero... xa se sabía quen ía gañar.
A min este tema enfádame moitísimo. Tal cual está o país, recortes en todo e un número de parados terrorífico, indígname que haxa algúns que se intenten aproveitar para encher os petos e que os que poderían encargarse de investigalos e levalos ante un xuez, non o fagan. Que os que levan á ruina unha caixa se vaian cunha indemnización millonaria en lugar de cunha citación xudicial, coma noutros países.
Grazas polos comentarios...dende logo o de Natalia moi completo,o dos aeroportos en España tamén é de risa si...eu xa digo que moi ricos debíamos ser así e todo!
ResponderEliminar