miércoles, 7 de septiembre de 2011

MULLERES DA HISTORIA: MATA HARI

Margaretha Geertruida Zelle ou tamén coñecida como Mata Hari foi unha espía hindú coñecida polas súas artes de seducción xa que dominaba danzas exóticas e as empregaba xunto con amplas dotes de manipulación. Filla dun sombrereiro holandés sempre tlle gustou ser o centro de atención, recibíu unha educación selecta dende a súa infancia ata que seu pai caeu en bancarrota e súa nai morreu, momento no que foi trasladada xunto con seu irman a un orfanato onde tivo que lidiar contra o acoso do director. En 1895 respondeu a un anuncio dun oficial holandés que buscaba esposa,ela tiña 19 anos e él 39, tiveron unha filla e trasladáronse á India, o matrimonio comezou a ir mal cando perderon ó seu segundo fillo por culpa dunha coidadora desequilibrada que o envelenou. Volveron a Amsterdam onde o marido caeu no alcoholismo, ela decidíu abandonar a familia e marchar a Paris, dende ese momento non se soubo mais de MArgaretha como tal.


Fracasou como modelo e véndose na miseria optou por frecuentar refuxios de militares facendose pasar por bailarína oriental e creando ela mesma o mito de Mata Hari, cambiando incluso ata o seu acento ó tempo que engrosaba un currículo imaxinario. Non lle foi posible recuperar a filla a pesar de que o intentou e numerosas ocasións.

Sendo amante de Kraemer, cónsul e espía alemán durante a guerra do 14 ,éste suxeriulle sacar información ós franceses convertíndose así na axente H21… Anque a súa ambición a levou a xogar a dúas bandas. Cando o tema do espionaxe se empeza a esaxerar ambos bandos deciden poñela a proba de distintos xeitos ata que de regreso de España é detida en París e condenada a morte. Dise que os propios alemáns ó desconfiar dela e non serles útil urdiron un plan atribuíndolle mensaxes cifradas para que o propio inimigo as interceptara e a eliminase. FOi fusilada por un pelotón francés, ó parecer ía vestida de negro cun sombreiro de ala ancha e unas botas altas e despediuse coquetamente dos seus executores antes de recibir os 12 tiros o 15 de outubro de 1917. O seu corpo non foi enterrado, senon doado á ciencia como se facía cos axustizados, anque a cabeza permaneceu embalsamada no museo de criminales de Francia ata 1958 de onde foi roubada.

Anque se trata de unha muller que intentou sobrevivir no medio dunha guerra cruel, a información sobre ela segue sendo máis que nada unha lenda. Dise que as probas que a levaron a xuizo permanecerán en segredo polo menos 100 anos.

“prefiero ser la amante de un oficial pobre que de un banquero rico”


“una ramera ¡si!, pero una traidora jamás!”

4 comentarios:

  1. Esto soa a nova sección, jajajaja...

    P.D.: únome á recomendación dos documentais das 7 idades do Rock, a gran maioría están moi ben, algúns non valen pa nada (o último por exemplo), pero polo xeral, moi chulos...

    Seguramente non saiba que da 1ª idade do Rock hai outro documental da BBC, é da mesma serie pero non sei porque hai dous distintos, e este que eu lle digo está mellor, polo menos non se esquecen de Jimi Hendrix coma no outro... que creo eu ke algo importante no nacemento do Rock foi, non???

    ResponderEliminar
  2. pois si,totalmente de acordo.NOn sabia dese pero enseguida o buscarei.grazas!

    ResponderEliminar
  3. Tomo nota desta recomendación xa que non vin esta serie de documentais e polo que decides ten pinta de estar moi ben.

    En canto ao artigo, é unha pena que na biografía de certos personaxes exista parte de lenda e outra parte real, a min gustaríame saber exactamente o que pasou, se foi xusto ou non... pero claro, en parte polo misterio que encerran certas persoas hoxe en día aínda se segue a falar delas e a indagar na súa vida. Sexa como fora, unha muller que permanecerá na historia por méritos propios, non sei se máis ou menos éticos.

    ResponderEliminar
  4. alomenos buscouse a sua subsistencia de alguna maneira...ei de recooñecer que tardei en decidirme se incluila nesta recopilacion de mulleres da historia pois en moitos lugares poñiana como unha salida demente, e tamen pq me gustarian citar mulleres interesantes que aportaran cousas a historia, pero despois pareceume que a historia tiña algo mais, pois nesas datas pareceme que tamen tivo mérito ter os ovarios de tantear o personal anque fose desa maneira....

    ResponderEliminar